1
00:00:43,166 --> 00:00:44,666
- Síguenos alguén?
- Non.

2
00:00:45,166 --> 00:00:48,166
Kipps e o tolo da biblioteca
non andarán lonxe.

3
00:00:48,250 --> 00:00:49,625
Veríanos Penelope?

4
00:00:49,708 --> 00:00:53,291
Despois de hoxe,
creo que xa non lle caeremos tan ben.

5
00:00:53,375 --> 00:00:56,208
Viches a caixa que lle deu?
Tiña ese símbolo.

6
00:00:56,291 --> 00:00:58,291
O das lentes de Fairfax.

7
00:00:58,375 --> 00:00:59,791
- A arpa?
- Si.

8
00:00:59,875 --> 00:01:02,458
Xa sabemos que é un verdadeiro cabrón.

9
00:01:02,541 --> 00:01:04,416
Malia diso, temos o libro.

10
00:01:05,000 --> 00:01:07,291
- Temos.
- A polo cristal de ósos.

11
00:01:08,250 --> 00:01:09,416
Rematemos con isto.

12
00:01:13,000 --> 00:01:14,791
MORTES SEN EXPLICACIÓN

13
00:01:15,791 --> 00:01:17,458
AS PANTASMAS
ANDAN ENTRE NÓS

14
00:01:21,041 --> 00:01:22,958
O ROCE FANTASMAL MATA

15
00:01:25,583 --> 00:01:26,583
MORTES

16
00:01:32,000 --> 00:01:34,000
TOQUE DE QUEDA
OBRIGATORIO

17
00:01:37,000 --> 00:01:39,166
CRISE ECONÓMICA

18
00:01:41,916 --> 00:01:44,166
FERRO, PRATA, SAL:
A MELLOR DEFENSA

19
00:01:45,791 --> 00:01:46,625
ACCIÓNS

20
00:01:46,708 --> 00:01:48,875
BASEADA NAS NOVELAS
DE JONATHAN STROUD

21
00:01:50,208 --> 00:01:51,541
SENTEN PANTASMAS
CO DON

22
00:01:59,250 --> 00:02:00,750
MORTES

23
00:02:00,833 --> 00:02:02,500
"O PROBLEMA"
50 ANOS DESPOIS

24
00:02:24,708 --> 00:02:28,125
Boas, Karim. Quítate de aí,
non quererás que che vexan.

25
00:02:28,208 --> 00:02:29,791
Que facemos aquí?

26
00:02:29,875 --> 00:02:33,291
Os de Winkman están por todas
partes. Máis preto veríannos.

27
00:02:34,458 --> 00:02:37,791
Vaia, mira que sorriso trae.
Isto non vai acabar ben.

28
00:02:38,458 --> 00:02:40,541
- Chegades tarde.
- Complicóusenos.

29
00:02:40,625 --> 00:02:42,125
Conseguistes o libro?

30
00:02:42,208 --> 00:02:44,208
Claro. Agora cal é o plan?

31
00:02:44,291 --> 00:02:47,583
A poxa xa vai comezar
e Winkman pechou as estradas.

32
00:02:47,666 --> 00:02:49,041
Entón, levámola clara.

33
00:02:49,125 --> 00:02:52,708
Ten un pouco de fe, George.
En Londres hai máis ca estradas.

34
00:02:53,208 --> 00:02:55,125
Non vos separedes e non faledes.

35
00:03:10,333 --> 00:03:14,166
- Como non se me ocorrera?
- Por algo me pagas, Locky.

36
00:03:31,916 --> 00:03:34,250
É aquí? Parece deserto.

37
00:03:34,875 --> 00:03:37,166
A pasarela leva á parte de atrás.

38
00:03:37,250 --> 00:03:40,416
Non se accede dende a rúa,
hai unha trapela no soto.

39
00:03:40,500 --> 00:03:42,333
Asegureime, está aberta.

40
00:03:42,416 --> 00:03:44,833
Entrade, saíde e volvede.

41
00:03:44,916 --> 00:03:47,000
Avisádeme, non podo esperar aquí.

42
00:03:47,083 --> 00:03:49,208
Estamos expostos. Avisade por radio.

43
00:03:50,041 --> 00:03:51,291
Es a mellor, Flo.

44
00:03:52,000 --> 00:03:53,000
Agarda.

45
00:03:53,625 --> 00:03:55,125
Un ten que quedar comigo.

46
00:03:55,208 --> 00:03:57,250
Ides saír ás présas, seguro.

47
00:03:57,333 --> 00:04:00,291
Se queremos escapar,
necesito alguén que me axude.

48
00:04:02,458 --> 00:04:03,875
Podémolo botar a sortes.

49
00:04:06,375 --> 00:04:08,875
Non te molestes. Está claro que quedo eu.

50
00:04:08,958 --> 00:04:10,916
- Non che importa?
- Claro que si.

51
00:04:11,000 --> 00:04:14,291
Pero tanto ten.
Hai que conseguir o cristal de ósos.

52
00:04:15,333 --> 00:04:16,333
Non a caguedes.

53
00:04:19,625 --> 00:04:20,458
Tede coidado.

54
00:04:21,083 --> 00:04:22,750
Son peores que as pantasmas.

55
00:05:17,125 --> 00:05:18,333
Está fechada.

56
00:05:18,416 --> 00:05:19,333
Axiña.

57
00:05:21,791 --> 00:05:24,250
- Colle a ese tamén. Hai máis.
- Vamos.

58
00:05:25,375 --> 00:05:26,333
Merda!

59
00:05:29,416 --> 00:05:30,583
Tráeo aquí abaixo.

60
00:05:34,041 --> 00:05:34,916
Méteo aí.

61
00:05:36,041 --> 00:05:38,416
Merda. O trapela está aberta.

62
00:05:38,500 --> 00:05:40,125
Como o vexa Julius…

63
00:05:48,666 --> 00:05:50,125
Ben, collamos o outro.

64
00:05:51,000 --> 00:05:52,750
Si, dáme un segundo.

65
00:06:02,750 --> 00:06:06,958
Do outro lado desa porta
hai uns 30 tipos que vos matarían.

66
00:06:07,666 --> 00:06:08,791
Varias pegadas.

67
00:06:09,291 --> 00:06:11,333
Vin o brillo dun estoque por aí.

68
00:06:12,833 --> 00:06:14,583
Douvos tres segundos.

69
00:06:21,541 --> 00:06:23,041
Demo, sodes rapaces.

70
00:06:23,125 --> 00:06:25,875
Somos axentes traballando para o DICP.

71
00:06:26,666 --> 00:06:27,791
Creo que ti tamén.

72
00:06:28,416 --> 00:06:31,500
- Vas de incógnito? Cantos máis hai?
- Ninguén.

73
00:06:32,666 --> 00:06:33,583
Vós incluídos.

74
00:06:33,666 --> 00:06:36,833
- Marchade agora mesmo.
- Podémonos axudar.

75
00:06:36,916 --> 00:06:38,333
Viñemos polo espello.

76
00:06:38,416 --> 00:06:42,083
Estou infiltrado na organización
de Winkman. Non vos metades.

77
00:06:42,166 --> 00:06:44,625
- Non o entendes. O espello…
- Escóitame.

78
00:06:45,208 --> 00:06:48,000
Teño familia.
Hai cinco meses que non a vexo.

79
00:06:48,583 --> 00:06:49,958
É o meu caso.

80
00:06:50,500 --> 00:06:52,958
Tendes a menor idea de quen é esta xente?

81
00:06:53,041 --> 00:06:56,041
- Que lles fan ós inimigos?
- Que hai nos barrís?

82
00:06:59,000 --> 00:07:00,458
Non o queiras saber.

83
00:07:02,333 --> 00:07:04,750
- Onde vai o cadeado?
- Non teño a chave.

84
00:07:07,916 --> 00:07:10,416
Non marchamos sen o espello.

85
00:07:11,291 --> 00:07:15,708
Son do DICP e ordénocho. Liscade
antes de que fagades que nos maten.

86
00:07:17,541 --> 00:07:19,750
Hai unha porta que dá ó peirao.

87
00:07:20,625 --> 00:07:22,458
Ó saír pasarei por diante dela.

88
00:07:23,041 --> 00:07:26,291
Cando se movan os gardas,
corredes e marchades.

89
00:07:28,958 --> 00:07:32,166
É todo canto podo facer.
Se vos descobren, estades sós.

90
00:07:43,833 --> 00:07:44,666
Vale.

91
00:07:48,750 --> 00:07:50,833
- Botades unha man?
- Non podemos.

92
00:07:50,916 --> 00:07:52,375
A Winkman parécelle ben.

93
00:08:01,833 --> 00:08:03,000
Vamos. Axiña.

94
00:08:07,375 --> 00:08:09,416
É aquí. Podemos conseguilo.

95
00:08:15,541 --> 00:08:17,750
Que fas? Non quedes aí parado.

96
00:08:19,458 --> 00:08:22,083
Nin en broma. Nin se che ocorra.

97
00:08:22,166 --> 00:08:24,291
Non podo parar. Teño que conseguilo.

98
00:08:24,375 --> 00:08:27,375
Hai que chamar ó DICP.
Non nos adestraron para isto.

99
00:08:28,916 --> 00:08:31,208
Vamos. Xogouse o pescozo por nós.

100
00:08:32,000 --> 00:08:32,833
Vaite.

101
00:08:33,666 --> 00:08:34,708
Eu quedo.

102
00:08:59,500 --> 00:09:00,833
Levan túnicas.

103
00:09:04,000 --> 00:09:06,625
Por que fas isto? Puidemos saír.

104
00:09:06,708 --> 00:09:09,500
Debiches marchar.
Eu non che pedín que quedases.

105
00:09:09,583 --> 00:09:12,125
Como vou marchar sen ti?

106
00:09:12,208 --> 00:09:16,208
- Déixote morrer sen dubidalo?
- George? Necesitaremos outra saída.

107
00:09:19,833 --> 00:09:21,916
- George?
- Mi madriña.

108
00:09:24,333 --> 00:09:25,708
Es a hostia, sábelo?

109
00:09:25,791 --> 00:09:27,875
Como te autoenganas así.

110
00:09:27,958 --> 00:09:31,500
- De que falas?
- Por onde comezo?

111
00:09:31,583 --> 00:09:35,458
Este traballo fóisenos das mans
e ti non o queres admitir.

112
00:09:36,041 --> 00:09:37,708
Só che importa gañar.

113
00:09:37,791 --> 00:09:40,750
- É unha obsesión.
- Claro que me importa gañar.

114
00:09:40,833 --> 00:09:44,833
Teño que gañar. Non teño
a ninguén que me axude se perdo.

115
00:09:44,916 --> 00:09:45,750
Vale.

116
00:09:45,833 --> 00:09:48,166
Se non che falo de min,

117
00:09:48,250 --> 00:09:49,916
é polo teu propio ben.

118
00:09:50,000 --> 00:09:51,125
Trapalladas.

119
00:09:52,083 --> 00:09:55,916
Na festa, quedaches de pedra
ó pensar que ía marchar.

120
00:09:56,416 --> 00:09:59,625
Fixéchesme crer
que podíamos ser unha familia.

121
00:10:00,375 --> 00:10:03,500
Pero é imposible.
Na Axencia Lockwood so importas ti.

122
00:10:03,583 --> 00:10:05,458
- E ti estás…
- Como?

123
00:10:07,583 --> 00:10:09,750
- Morto por dentro?
- Si, pode ser.

124
00:10:09,833 --> 00:10:13,166
Pero quen sabe?
Porque non te abres a ninguén.

125
00:10:13,250 --> 00:10:15,166
Iso só trae cousas malas.

126
00:10:16,125 --> 00:10:18,125
Todo remata e todos marchan.

127
00:10:18,958 --> 00:10:22,250
Cando me chegue o día,
non penso deixar a ninguén

128
00:10:22,333 --> 00:10:24,208
sentado cada noite

129
00:10:24,291 --> 00:10:26,958
soñando con que volverei
entrar pola porta.

130
00:10:27,041 --> 00:10:30,041
Pois non debiches
deixarme entrar. Nin a George.

131
00:10:31,333 --> 00:10:33,500
Porque agora é demasiado tarde.

132
00:10:39,666 --> 00:10:43,000
Fóra hai dous homes que poden entrar
en calquera momento.

133
00:10:43,083 --> 00:10:45,291
Non teño pensado morrer aquí hoxe.

134
00:10:45,375 --> 00:10:49,750
O que me queiras seguir
dicindo, Lucy, terá que agardar.

135
00:10:50,708 --> 00:10:51,541
Pon isto.

136
00:10:55,375 --> 00:10:56,458
Por favor, Lucy.

137
00:11:07,041 --> 00:11:08,791
Tivemos sorte que haxa néboa.

138
00:11:08,875 --> 00:11:11,750
Os de Winkman non
nos verán se nos quedamos aquí.

139
00:11:16,625 --> 00:11:17,791
Estás ben, Georgie?

140
00:11:18,416 --> 00:11:19,791
Pódoche chamar así?

141
00:11:20,708 --> 00:11:23,541
- Sabes onde estamos?
- Todo controlado.

142
00:11:23,625 --> 00:11:26,125
Acouga. Cando fagan o sinal estaremos alí.

143
00:11:29,333 --> 00:11:31,166
Sabes canto tardarán?

144
00:11:31,250 --> 00:11:34,291
Non llo dixen a Locky,
pero hoxe teño outro choio.

145
00:11:34,375 --> 00:11:37,125
- Como?
- Un sopro de algo preto de Greenwich.

146
00:11:37,208 --> 00:11:39,208
Se tardan, poderiamos pasarnos.

147
00:11:39,291 --> 00:11:41,291
Temos que esperar a que saian.

148
00:11:41,375 --> 00:11:43,208
Nunca os deixaría tirados.

149
00:11:43,291 --> 00:11:46,250
- Só é un falar, como estamos a velas vir…
- Que é?

150
00:11:46,333 --> 00:11:48,958
Un cepillo posuído? Unha bota hipnótica?

151
00:11:50,291 --> 00:11:51,125
Oíches iso?

152
00:11:51,875 --> 00:11:53,958
Que foi? Non pode ser un visitante.

153
00:11:54,041 --> 00:11:57,000
- Non no río.
- Hai máis mundo ca o Problema.

154
00:11:57,083 --> 00:11:58,916
Viches algo, segura?

155
00:12:00,833 --> 00:12:02,583
Georgie, onde estás?

156
00:12:02,666 --> 00:12:04,333
Nun barco cunha chalada.

157
00:12:04,416 --> 00:12:05,916
Pero onde?

158
00:12:06,000 --> 00:12:07,166
No río.

159
00:12:07,250 --> 00:12:08,958
- Onde?
- Non sei!

160
00:12:09,041 --> 00:12:11,250
Estás comigo e estás a salvo.

161
00:12:12,791 --> 00:12:14,333
Así que garda o estoque.

162
00:12:56,583 --> 00:12:58,875
- Mantén a calma.
- Mantena ti.

163
00:13:12,458 --> 00:13:15,458
Boas noites, damas e cabaleiros.

164
00:13:15,958 --> 00:13:17,583
Benvidos, tardeiros.

165
00:13:18,541 --> 00:13:20,000
- Hoxe…
- Pasádeo ben.

166
00:13:20,083 --> 00:13:23,416
…asegúrovos que pagará a pena.

167
00:13:24,166 --> 00:13:27,625
Temos unha selección
de obxectos listos para a poxa.

168
00:13:27,708 --> 00:13:33,625
Temos unha cigarreira
atopada na praia de Dunkirk

169
00:13:33,708 --> 00:13:37,000
e impregnada do tormento
dun soldado abatido.

170
00:13:38,083 --> 00:13:42,666
A fonte dun dos asasinos
máis prolíficos de todo o país:

171
00:13:42,750 --> 00:13:44,416
Anne-Marie Nelson.

172
00:13:44,500 --> 00:13:46,250
- Queremos o espello!
- Si!

173
00:13:47,125 --> 00:13:48,125
Veña!

174
00:13:48,625 --> 00:13:49,791
Vamos!

175
00:13:51,125 --> 00:13:52,375
Abofé que o queredes.

176
00:13:52,875 --> 00:13:54,416
E aquí está.

177
00:13:54,500 --> 00:13:55,750
Unha rareza.

178
00:13:55,833 --> 00:13:59,625
A peza que fixo traballar
tan duro á boa xente do DICP

179
00:13:59,708 --> 00:14:01,000
estes días.

180
00:14:01,625 --> 00:14:03,375
Recuperado, a un alto custo,

181
00:14:03,458 --> 00:14:07,666
da sepultura do xenio
visionario Edmund Bickerstaff.

182
00:14:08,666 --> 00:14:09,875
Ante vós presentamos

183
00:14:10,791 --> 00:14:12,333
o seu cristal de ósos.

184
00:14:21,000 --> 00:14:23,416
Un obxecto letal de verdade.

185
00:14:24,750 --> 00:14:29,291
Tapado agora pola vosa seguridade,
a superficie reflíctese a si mesma

186
00:14:30,000 --> 00:14:33,375
e emite unha hipnótica
atracción máis potente…

187
00:14:33,458 --> 00:14:36,833
Hai demasiada xente.
Quedemos quietos a ver quen o compra.

188
00:14:37,916 --> 00:14:40,750
Fulgores? Que queres que faga con isto?

189
00:14:40,833 --> 00:14:43,166
Necesito unha distracción para collelo.

190
00:14:43,666 --> 00:14:45,625
Estate atenta, fareiche un sinal.

191
00:14:46,666 --> 00:14:48,041
É unha tolería.

192
00:14:49,833 --> 00:14:53,708
En todo o tempo
que levo manexando reliquias psíquicas,

193
00:14:53,791 --> 00:14:58,208
este espello é o obxecto máis
poderoso que atopei xamais.

194
00:14:59,458 --> 00:15:01,125
Que se acheguen os canarios.

195
00:15:01,625 --> 00:15:03,583
Son meniños. Non o soportarán.

196
00:15:03,666 --> 00:15:08,125
- Arriba.
- Vamos.

197
00:15:11,333 --> 00:15:14,041
Xírate. Ou quérelas levar?

198
00:15:17,916 --> 00:15:21,708
Estaremos todos de acordo
en que non hai proba máis rotunda

199
00:15:21,791 --> 00:15:23,541
da súa autenticidade.

200
00:15:24,500 --> 00:15:31,000
Ben, que tal se comezamos
a poxa en 50 000 libras?

201
00:15:31,083 --> 00:15:33,375
50 na primeira fila. Grazas, señora.

202
00:15:33,458 --> 00:15:36,791
60. Grazas. 70 ó fondo. 80 por aquí.

203
00:15:36,875 --> 00:15:38,500
80 000.

204
00:15:39,333 --> 00:15:40,166
90 000.

205
00:15:43,333 --> 00:15:45,791
Flo? Creo que imos á deriva.

206
00:15:46,416 --> 00:15:48,541
- Perdemos a posición?
- Non creo.

207
00:15:49,333 --> 00:15:51,083
Tranquilo, agora o reviso.

208
00:15:52,625 --> 00:15:54,458
Bebe. Manterache quente.

209
00:16:05,916 --> 00:16:07,250
Non te sentes soa?

210
00:16:07,791 --> 00:16:09,458
Unha cazatesouros solitaria.

211
00:16:11,041 --> 00:16:12,458
Mathilda protéxeme.

212
00:16:13,333 --> 00:16:15,083
Gústame a vida solitaria.

213
00:16:15,750 --> 00:16:17,166
Iso e a auga correndo.

214
00:16:17,791 --> 00:16:18,750
Menos pantasmas.

215
00:16:19,750 --> 00:16:21,500
É bo sitio para traballar.

216
00:16:21,583 --> 00:16:24,208
Sempre se guindaron moitos obxectos ó río.

217
00:16:24,291 --> 00:16:25,833
Fontes letais, dirás.

218
00:16:25,916 --> 00:16:27,125
Non só fontes.

219
00:16:27,875 --> 00:16:30,833
Tamén tesouros que xa non querían.

220
00:16:30,916 --> 00:16:31,750
Como isto.

221
00:16:34,708 --> 00:16:36,208
É bonito.

222
00:16:36,291 --> 00:16:38,666
Atopeina no pescozo dun dálmata afogado.

223
00:16:39,500 --> 00:16:40,916
A quen lle senta mellor?

224
00:16:42,083 --> 00:16:42,916
A ti.

225
00:16:47,041 --> 00:16:48,166
En serio?

226
00:16:51,125 --> 00:16:52,166
Unha garza.

227
00:16:52,958 --> 00:16:54,625
Iso era o de antes.

228
00:16:54,708 --> 00:16:56,750
- Víchela?
- Non. Unha garza?

229
00:16:56,833 --> 00:16:58,291
Nunca viras unha?

230
00:16:58,958 --> 00:17:02,125
Son fermosas.
O máis salvaxe que verás xamais.

231
00:17:02,958 --> 00:17:05,041
Seguro que aniña debaixo do peirao.

232
00:17:08,166 --> 00:17:11,791
Queres deixar a misión
para ir ver paxaros? De que vas?

233
00:17:11,875 --> 00:17:15,166
O poder da natureza.
Atravesa calquera trapallada.

234
00:17:15,250 --> 00:17:17,750
Flo, non! Temos que esperar polo espello.

235
00:17:20,125 --> 00:17:21,000
Seino.

236
00:17:21,791 --> 00:17:22,666
Tiñas razón.

237
00:17:22,750 --> 00:17:24,041
Imos á deriva.

238
00:17:24,125 --> 00:17:27,500
Temos que volver á nosa
posición, polo que sóltame.

239
00:17:41,791 --> 00:17:44,208
<i>Ofrecen 120? Aquí, grazas.</i>

240
00:17:44,291 --> 00:17:47,541
Imos a polos 130. Aí, grazas.

241
00:17:47,625 --> 00:17:50,708
Teño 140? Por aquí, moitas grazas.

242
00:17:50,791 --> 00:17:54,958
Ofrecen 150 000 polo obxecto? Ofrecen 150.

243
00:17:55,041 --> 00:17:56,166
160, por favor?

244
00:17:56,250 --> 00:17:59,416
160, si. Alguén dá 170?

245
00:17:59,500 --> 00:18:02,916
- 500 000 libras.
- Como?

246
00:18:04,833 --> 00:18:07,708
500 000 libras.

247
00:18:08,416 --> 00:18:09,833
Moitas grazas, señor.

248
00:18:11,625 --> 00:18:13,250
Ofrécense 520?

249
00:18:14,250 --> 00:18:15,291
Alguén dá 520?

250
00:18:16,458 --> 00:18:18,208
Última oportunidade. 520?

251
00:18:19,708 --> 00:18:23,250
Non? Á de unha. Á de dúas.

252
00:18:24,708 --> 00:18:27,583
- 520. Moitas grazas, señor.
- Que fai?

253
00:18:29,000 --> 00:18:29,916
550.

254
00:18:31,541 --> 00:18:32,375
600.

255
00:18:32,458 --> 00:18:33,791
650.

256
00:18:37,000 --> 00:18:37,833
Cabaleiros,

257
00:18:38,666 --> 00:18:42,125
o seu entusiasmo excede
tódalas miñas expectativas.

258
00:18:42,750 --> 00:18:47,125
Poderían vir e achegar
algunha proba antes de continuar?

259
00:18:48,750 --> 00:18:51,541
É só unha formalidade, cabaleiros.

260
00:18:52,958 --> 00:18:53,875
Grazas, señor.

261
00:19:03,166 --> 00:19:04,375
Moitas grazas.

262
00:19:06,000 --> 00:19:06,833
E a vostede.

263
00:19:14,541 --> 00:19:15,833
Tómese o seu tempo.

264
00:19:19,125 --> 00:19:21,208
Ten un estoque. É un axente!

265
00:19:24,291 --> 00:19:26,541
Merda. Veña.

266
00:19:31,083 --> 00:19:33,708
- Vamos.
- Traédemo aquí.

267
00:19:37,208 --> 00:19:39,791
Vale. A ver a quen temos aquí.

268
00:19:42,916 --> 00:19:45,625
- Ti?
- Onde está a outra?

269
00:19:46,375 --> 00:19:47,583
Eran dous!

270
00:19:47,666 --> 00:19:49,416
- Aparta!
- Atopádea.

271
00:19:50,166 --> 00:19:52,000
Ninguén sairá desta sala.

272
00:19:52,500 --> 00:19:54,458
Ten que estar por algures!

273
00:20:12,666 --> 00:20:15,500
Atrapádeo! Collédeo, covardes!

274
00:20:23,875 --> 00:20:25,250
Como saímos de aquí?

275
00:20:26,708 --> 00:20:27,625
Está fechado.

276
00:20:29,583 --> 00:20:30,416
Aquí!

277
00:20:34,208 --> 00:20:35,250
Tranquilos.

278
00:20:37,500 --> 00:20:38,500
Lockwood.

279
00:20:39,000 --> 00:20:41,291
Non pasa nada, dáme o estoque.

280
00:20:42,250 --> 00:20:45,250
Dáme o cristal de ósos
e acabemos con isto.

281
00:20:57,500 --> 00:20:58,791
Coñécelo, non si?

282
00:20:59,625 --> 00:21:00,458
Non, xefe.

283
00:21:01,250 --> 00:21:02,333
Estás seguro?

284
00:21:03,625 --> 00:21:04,458
Si, xefe.

285
00:21:06,375 --> 00:21:07,250
Convénceme.

286
00:21:09,541 --> 00:21:10,583
Que?

287
00:21:33,125 --> 00:21:35,000
- Sabíao, sucia rata!
- Atrás!

288
00:21:35,083 --> 00:21:37,833
Son do DICP.
Estades rodeado. Baixade as armas.

289
00:21:37,916 --> 00:21:40,291
Tes familia, meu? Atopareinos.

290
00:21:41,208 --> 00:21:42,041
Collédeo!

291
00:21:50,416 --> 00:21:51,875
Vamos, Lockwood!

292
00:22:04,375 --> 00:22:06,583
George? Necesitamos axuda.

293
00:22:08,000 --> 00:22:08,833
George!

294
00:22:09,750 --> 00:22:10,666
Vamos.

295
00:22:11,875 --> 00:22:15,208
Bloquearon o sinal.
O ascensor vai parar no cuarto andar.

296
00:22:15,291 --> 00:22:16,375
Saben que imos.

297
00:22:17,666 --> 00:22:19,166
Temos que saír de aquí!

298
00:22:24,875 --> 00:22:26,458
Onde están as fontes?

299
00:22:33,458 --> 00:22:34,625
Vamos!

300
00:22:45,916 --> 00:22:47,250
Lockwood, esperta!

301
00:22:47,333 --> 00:22:48,875
Matárono coma se nada.

302
00:22:48,958 --> 00:22:50,125
Temos que liscar.

303
00:22:50,208 --> 00:22:52,375
- Por que morreu?
- Son uns cabróns.

304
00:22:52,458 --> 00:22:53,833
É culpa miña.

305
00:22:53,916 --> 00:22:56,416
Por favor. Non me podes facer isto agora.

306
00:22:56,500 --> 00:22:58,833
- Están aí arriba.
- Lockwood, mírame!

307
00:22:58,916 --> 00:23:01,875
Xa? Estás ben. O espello é moi importante.

308
00:23:01,958 --> 00:23:04,958
Agora, volve ser
o pailán gracioso de sempre

309
00:23:05,041 --> 00:23:06,458
e sácanos de aquí.

310
00:23:08,875 --> 00:23:10,000
Ola!

311
00:23:10,583 --> 00:23:12,500
- Vamos!
- Agora ides vós!

312
00:23:14,166 --> 00:23:15,333
Volvede!

313
00:23:33,958 --> 00:23:38,000
ESCRIBIMOS O NOSO DESTINO.
SOMOS O QUE FACEMOS.

314
00:23:49,916 --> 00:23:52,666
¿Algún dos teus compañeiros
non se atopaba ben

315
00:23:52,750 --> 00:23:54,875
e obsesionouse con ese espello?

316
00:23:56,375 --> 00:23:59,125
Se estiveses ó meu cargo,
diríache: "Georgie

317
00:23:59,208 --> 00:24:01,375
tes un aire desesperado, meu".

318
00:24:01,458 --> 00:24:04,625
"Teste que relaxar,
porque a cabeza non che para."

319
00:24:04,708 --> 00:24:07,083
Cres que toleo? Polo menos non me rendo.

320
00:24:07,166 --> 00:24:10,625
Mírate. Tes tódolos síntomas
de trauma fantasmal.

321
00:24:13,166 --> 00:24:15,708
Non sabes a miña vida
e non cha vou contar.

322
00:24:17,291 --> 00:24:21,041
Vin máis rapaces trastornados
polas pantasmas dos que ti verás.

323
00:24:21,125 --> 00:24:22,083
E véxote a ti.

324
00:24:32,208 --> 00:24:33,375
Onde estamos?

325
00:24:40,083 --> 00:24:42,458
- Lévanos ó peirao.
- Non.

326
00:24:43,333 --> 00:24:44,750
Estás hipnotizado.

327
00:24:44,833 --> 00:24:47,291
Es coma min, por iso te tiña que apartar.

328
00:24:47,375 --> 00:24:49,375
Estás tola! Xogáchesma!

329
00:24:49,458 --> 00:24:50,708
Porque me caes ben.

330
00:24:52,458 --> 00:24:53,666
Lévanos ó peirao.

331
00:24:54,708 --> 00:24:56,458
Lévanos ó peirao!

332
00:25:16,500 --> 00:25:17,375
Síntoo.

333
00:25:17,458 --> 00:25:21,833
Síntoo. Só me querías axudar
e púidenche facer dano.

334
00:25:22,708 --> 00:25:23,541
Que va.

335
00:25:24,041 --> 00:25:26,541
Ata co estoque, non tiñas nada que facer.

336
00:25:27,833 --> 00:25:29,166
<i>George?</i>

337
00:25:29,250 --> 00:25:30,541
<i>Recíbesme?</i>

338
00:25:30,625 --> 00:25:32,666
- Estades na pasarela?
- <i>Ola?</i>

339
00:25:32,750 --> 00:25:33,625
Lucy!

340
00:25:35,416 --> 00:25:38,458
- Vamos por eles.
- Que pasa co que dixeches?

341
00:25:38,958 --> 00:25:40,125
Teñen o espello.

342
00:25:40,208 --> 00:25:42,791
Eu quedo contigo. Locky non o perderá.

343
00:25:43,291 --> 00:25:44,375
Es un axente.

344
00:25:44,458 --> 00:25:45,541
Podes con isto.

345
00:26:06,375 --> 00:26:07,208
George?

346
00:26:07,750 --> 00:26:09,000
George, vamos!

347
00:26:14,041 --> 00:26:15,625
Abaixo é unha carnicería.

348
00:26:16,833 --> 00:26:21,458
Unha boa forma de presentarse.
hoxe xa arruinastes dúas festas.

349
00:26:21,958 --> 00:26:22,958
Fuches ó baile?

350
00:26:27,291 --> 00:26:31,583
- Debedes ser da Axencia Lockwood.
- E ti o papón do Espada de Ouro.

351
00:26:31,666 --> 00:26:34,291
A "Espada de Ouro". Gústame.

352
00:26:34,375 --> 00:26:36,250
De que nos coñeces?

353
00:26:36,333 --> 00:26:39,833
Sei moitas cousas de vós, Anthony.

354
00:26:42,208 --> 00:26:43,291
Veña,

355
00:26:44,250 --> 00:26:46,958
dádeme o cristal de ósos.

356
00:26:59,708 --> 00:27:03,250
Non estades á altura
das grandes ligas, pero tendes ambición.

357
00:27:06,833 --> 00:27:10,208
Sodes duros de roer,
como o axente do DICP.

358
00:27:13,458 --> 00:27:16,000
Que traballo tan perigoso
e que mal pagado.

359
00:27:16,083 --> 00:27:17,958
Basta de falar del.

360
00:27:24,375 --> 00:27:25,333
Supérao.

361
00:27:25,916 --> 00:27:28,166
Xa lle dixera a Winkman quen era.

362
00:27:28,250 --> 00:27:31,375
Creo que o ían matar
no escenario como colofón final.

363
00:27:32,000 --> 00:27:34,166
Arruinácheslle o final da poxa.

364
00:27:35,416 --> 00:27:36,541
Xa llo dixeras?

365
00:27:37,250 --> 00:27:38,250
Como o sabías?

366
00:27:40,000 --> 00:27:40,833
Quen es?

367
00:27:41,750 --> 00:27:42,666
Es de Fittes?

368
00:27:42,750 --> 00:27:44,750
Son o ferro da túa espada.

369
00:27:45,666 --> 00:27:48,333
Son o calor que mantén vivas ás brasas.

370
00:27:48,833 --> 00:27:49,833
Cala a boca!

371
00:28:00,416 --> 00:28:02,083
Entusiasmo e técnica.

372
00:28:02,166 --> 00:28:04,750
Suficiente para acabar contigo, cabrón.

373
00:28:18,958 --> 00:28:19,833
Vaia.

374
00:28:35,125 --> 00:28:37,583
Baixemos polo cano da auga.

375
00:28:43,291 --> 00:28:44,500
Por aí non podemos.

376
00:28:47,041 --> 00:28:47,875
Lucy?

377
00:28:49,125 --> 00:28:50,750
Estamos aquí. Onde estades?

378
00:28:55,166 --> 00:28:59,291
Estamos no tellado.
Non temos como chegar á pasarela.

379
00:28:59,375 --> 00:29:02,041
Achégate. Teremos que lanzarcho. Recibido?

380
00:29:02,541 --> 00:29:04,583
- E se se me cae?
- <i>Tranquilo.</i>

381
00:29:04,666 --> 00:29:07,333
Non temos outra alternativa.
Confía en min.

382
00:29:07,416 --> 00:29:09,000
Ten que ir contigo.

383
00:29:09,083 --> 00:29:11,083
<i>Cólleo e lévallo ó DICP.</i>

384
00:29:11,166 --> 00:29:13,875
Xa buscaremos como saír de aquí. Recibido?

385
00:29:15,791 --> 00:29:18,166
- Recibido.
- George, axúdame coa rede.

386
00:30:00,125 --> 00:30:01,250
Sácanos de aquí!

387
00:30:13,500 --> 00:30:15,833
Iso era meu.

388
00:30:15,916 --> 00:30:19,875
Arre demo, réndete! O DICP ten
o cristal de ósos agora. Acabouse.

389
00:30:19,958 --> 00:30:22,541
Non sabedes de que vai isto, non?

390
00:30:26,708 --> 00:30:28,208
Non.

391
00:30:31,041 --> 00:30:32,125
Non, Lockwood.

392
00:30:32,833 --> 00:30:34,000
Lucy, vaite matar!

393
00:31:09,416 --> 00:31:10,541
Non vas entrar?

394
00:31:11,041 --> 00:31:12,750
Non sei se me deixarían saír.

395
00:31:13,250 --> 00:31:17,041
Veña. Podes con isto. Estás xa na porta.

396
00:31:18,250 --> 00:31:19,083
Si.

397
00:31:21,583 --> 00:31:23,166
Tiven outra idea.

398
00:31:24,541 --> 00:31:28,125
E se pasamos disto,
collemos a Mathilda e imos ó Medway.

399
00:31:28,625 --> 00:31:31,958
Guindámolo tan fondo
que ninguén o atope xamais.

400
00:31:32,458 --> 00:31:35,708
Despois, podemos ir ver a pequena illa.

401
00:31:35,791 --> 00:31:38,041
Alí aniñan moitas garzas

402
00:31:40,916 --> 00:31:42,125
Ou como queiras.

403
00:31:42,791 --> 00:31:46,000
- Xa estás aquí…
- É o plan.

404
00:31:47,416 --> 00:31:48,541
Si.

405
00:31:50,583 --> 00:31:51,416
Vale.

406
00:31:53,166 --> 00:31:54,000
Vémonos.

407
00:32:05,041 --> 00:32:06,291
Flo?

408
00:32:07,833 --> 00:32:08,750
Flo!

409
00:32:08,833 --> 00:32:11,208
Ti, eu e as garzas. Vamos.

410
00:34:17,875 --> 00:34:18,708
Ola?

411
00:34:19,500 --> 00:34:20,375
Téñoo.

412
00:35:39,708 --> 00:35:44,708
Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira

