1
00:00:06,423 --> 00:00:09,342
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:14,973 --> 00:00:18,685
Tras investigarmos, cremos
que o individuo estivo implicado

3
00:00:18,768 --> 00:00:20,395
noutros homicidios.

4
00:00:20,478 --> 00:00:23,523
Levamos probas
do edificio para examinalas.

5
00:00:23,606 --> 00:00:27,402
A policía está a sacar
montes de caixas cheas de restos humanos

6
00:00:27,485 --> 00:00:31,031
no que parece ser
un caso de asasinatos en serie.

7
00:00:31,114 --> 00:00:33,241
<i>A policía interroga o sospeitoso.</i>

8
00:00:33,324 --> 00:00:36,244
<i>O único que sabemos del</i>
<i>é que ten antecedentes</i>

9
00:00:36,327 --> 00:00:38,538
<i>por agresión sexual a un adolescente,</i>

10
00:00:38,621 --> 00:00:41,374
<i>mais ninguén esperaba</i>
<i>o que se descubriu hoxe.</i>

11
00:00:41,458 --> 00:00:43,418
<i>Queda por identificar as vítimas.</i>

12
00:00:43,501 --> 00:00:44,335
<i>Nome?</i>

13
00:00:45,503 --> 00:00:47,172
<i>Jeffrey Lionel Dahmer.</i>

14
00:00:47,255 --> 00:00:48,214
<i>Nacemento?</i>

15
00:00:49,090 --> 00:00:51,176
<i>Vinte e un de maio de 1960.</i>

16
00:00:51,760 --> 00:00:55,764
<i>As autoridades tamén levaron</i>
<i>un bidón cheo do que cren que é ácido.</i>

17
00:00:55,847 --> 00:01:00,143
<i>A policía amosouse remisa</i>
<i>a revelar o número exacto de vítimas.</i>

18
00:01:00,226 --> 00:01:02,187
<i>Os seus veciños din que era raro.</i>

19
00:01:02,270 --> 00:01:05,440
<i>Porén, ninguén sospeitaba</i>
<i>que acumulase cadáveres.</i>

20
00:01:05,523 --> 00:01:06,399
<i>O dos petos.</i>

21
00:01:06,483 --> 00:01:07,942
<i>Neste momento…</i>

22
00:01:08,026 --> 00:01:08,902
O reloxo.

23
00:01:08,985 --> 00:01:11,571
<i>…só sabemos que houbo varios homicidios.</i>

24
00:01:11,654 --> 00:01:13,615
<i>Íspase, señor Dahmer.</i>

25
00:01:13,698 --> 00:01:16,534
<i>A gran pregunta agora</i>
<i>é identidade das vítimas.</i>

26
00:01:16,618 --> 00:01:18,369
- A man.
- <i>Todas eran homes.</i>

27
00:01:18,453 --> 00:01:22,332
<i>O fiscal do distrito pide</i>
<i>a colaboración de posibles testemuñas.</i>

28
00:01:22,415 --> 00:01:23,416
Morda.

29
00:01:23,500 --> 00:01:25,293
<i>Quedan preguntas por resolver.</i>

30
00:01:25,376 --> 00:01:28,546
<i>Quen son as persoas desmembradas</i>
<i>nestes asasinatos?</i>

31
00:01:28,630 --> 00:01:32,258
<i>As autoridades pregúntanse</i>
<i>como alguén pode cometer eses actos</i>

32
00:01:32,342 --> 00:01:35,887
<i>e a xente de Milwaukee</i>
<i>como é que a policía non sabía nada,</i>

33
00:01:35,970 --> 00:01:39,557
<i>pois Dahmer era un agresor sexual</i>
<i>en liberdade provisional.</i>

34
00:01:40,183 --> 00:01:41,476
Agora de fronte.

35
00:01:53,363 --> 00:01:55,240
<i>Quere que chamemos a alguén?</i>

36
00:01:56,908 --> 00:01:57,867
<i>O meu pai.</i>

37
00:01:59,077 --> 00:02:01,704
<i>Sabe que ten dereito a un avogado?</i>

38
00:02:02,288 --> 00:02:03,206
<i>Sei.</i>

39
00:02:04,290 --> 00:02:06,126
<i>Vou renunciar a ese dereito.</i>

40
00:02:07,418 --> 00:02:11,965
Vou ser sincero e contalo todo.

41
00:02:13,007 --> 00:02:17,554
Ten sentido que faga o necesario
para… acabar con todo isto.

42
00:02:19,430 --> 00:02:20,640
Pois estupendo.

43
00:02:22,725 --> 00:02:26,271
Podo preguntarlle por que cre que o fixo?

44
00:02:26,813 --> 00:02:28,148
Matar a eses homes.

45
00:02:28,982 --> 00:02:30,483
E por que os conservou?

46
00:04:44,951 --> 00:04:47,453
Que ocorre? Por fin o fixo? Matouse?

47
00:04:47,537 --> 00:04:49,664
- Aparte.
- Levámola ao hospital.

48
00:04:49,747 --> 00:04:52,625
- Está finxindo. Non é a primeira vez.
- Acougue.

49
00:04:52,709 --> 00:04:54,669
Bravo, Joyce! Que boa actriz es.

50
00:04:54,752 --> 00:04:58,006
- Non, súa muller tivo unha sobredose.
- Quen os chamou?

51
00:04:58,089 --> 00:04:59,424
O seu fillo.

52
00:05:00,717 --> 00:05:01,926
A nai que me pariu.

53
00:05:04,679 --> 00:05:07,181
Jeff, fixeches ben en chamar a ambulancia.

54
00:05:07,807 --> 00:05:09,142
- Vale.
- Aquí.

55
00:05:09,225 --> 00:05:10,101
Xa o collo eu.

56
00:05:10,184 --> 00:05:11,019
Así.

57
00:05:11,102 --> 00:05:15,148
Señor, estamos case seguros
de que tentou suicidarse de verdade.

58
00:05:15,231 --> 00:05:18,526
Non, só quere chamar a atención.
Faino todo o tempo.

59
00:05:19,027 --> 00:05:21,571
- A onde foxes agora?
- Ninguén foxe.

60
00:05:22,530 --> 00:05:24,866
Fas tempo para todo menos para nós.

61
00:05:24,949 --> 00:05:25,783
Iso é mentira.

62
00:05:25,867 --> 00:05:27,952
Meu Deus, es un fracaso como pai.

63
00:05:28,036 --> 00:05:31,456
Son un mal pai? Por que?
Por ter que ir traballar?

64
00:05:31,539 --> 00:05:34,959
Pois si, exactamente.
Non pasas tempo ningún con el.

65
00:05:35,043 --> 00:05:37,211
Iso que dis é unha… E ti que, Joyce?

66
00:05:37,295 --> 00:05:39,589
Todos os días coas pílulas e chorando.

67
00:05:39,672 --> 00:05:41,382
Que te fodan. Non es médico!

68
00:05:41,466 --> 00:05:44,260
Non tes nada que dicir
sobre a miña medicación!

69
00:05:44,344 --> 00:05:45,636
- Drogas.
- Vai cagar.

70
00:05:45,720 --> 00:05:46,679
- Vai ti.
- Fóra!

71
00:05:46,763 --> 00:05:48,014
- Agora vou.
- Lisca!

72
00:05:48,097 --> 00:05:51,100
- Van ser tres días marabillosos.
- Marcha xa!

73
00:05:51,184 --> 00:05:52,477
Xesús!

74
00:05:56,064 --> 00:05:58,358
Papá, non marches.

75
00:05:58,900 --> 00:06:01,402
Jeff, só vou estar fóra tres días.

76
00:06:01,486 --> 00:06:03,321
É por traballo. Xa cho dixen.

77
00:06:40,817 --> 00:06:42,110
Grazas, Michael.

78
00:06:43,820 --> 00:06:46,072
Grazas, Debbie. Moi amábel.

79
00:06:53,871 --> 00:06:56,207
Jeff, que é iso?

80
00:06:56,707 --> 00:06:58,000
Son cullarapos.

81
00:06:58,084 --> 00:07:00,420
Son para a clase de Ciencias?

82
00:07:01,003 --> 00:07:02,296
Son para vostede.

83
00:07:02,380 --> 00:07:04,841
Ah, vaia.

84
00:07:04,924 --> 00:07:07,343
Grazas, Jeff. Es moi considerado.

85
00:07:14,267 --> 00:07:15,351
Moi ben, nenos.

86
00:07:15,435 --> 00:07:16,727
Sacade os libros.

87
00:07:16,811 --> 00:07:21,023
Ide á páxina 32. Imos empezar
cuns exercicios de caligrafía.

88
00:07:21,649 --> 00:07:24,235
Lembrade o traballo do libro para o luns.

89
00:07:24,318 --> 00:07:28,072
Se papá e mamá non teñen máquina,
podedes escribilo a man.

90
00:07:35,746 --> 00:07:37,373
Por que lle daría isto?

91
00:07:37,915 --> 00:07:40,835
Pois non che sei.

92
00:07:40,918 --> 00:07:42,086
É raro.

93
00:07:42,170 --> 00:07:44,547
Kevin, hai que ser bos con ese neno.

94
00:07:45,256 --> 00:07:49,218
Creo que ten problemas na casa.
Viríalle ben ter un amigo.

95
00:07:49,886 --> 00:07:52,388
Que vai facer con eles?

96
00:07:53,598 --> 00:07:55,057
Quérelos ti?

97
00:07:55,975 --> 00:07:57,393
Son xeniais.

98
00:07:57,477 --> 00:07:59,395
Son ras, non si?

99
00:07:59,479 --> 00:08:00,771
Bebés ra.

100
00:08:00,855 --> 00:08:02,023
Éche un rapaz raro.

101
00:08:02,607 --> 00:08:03,941
Iso non é teu.

102
00:08:04,025 --> 00:08:05,359
Deillos a ela.

103
00:08:05,443 --> 00:08:07,695
Agora son meus. Deumos ela.

104
00:08:11,949 --> 00:08:12,909
Non.

105
00:08:15,786 --> 00:08:16,913
Non!

106
00:08:23,836 --> 00:08:24,837
Becho raro.

107
00:08:46,734 --> 00:08:48,444
Mamá, xa cheguei!

108
00:10:33,674 --> 00:10:35,092
Non vos cheira raro?

109
00:10:37,261 --> 00:10:38,262
A que?

110
00:10:38,763 --> 00:10:41,265
Como se morrese algo debaixo da casa.

111
00:10:42,850 --> 00:10:44,018
A animal morto ou…

112
00:10:44,101 --> 00:10:47,855
Xa o verei mañá. Coma se non tivese
abondo este fin de semana.

113
00:10:47,938 --> 00:10:51,317
Pensaba relaxarme,
pero como vou facer tal cousa?

114
00:10:55,696 --> 00:10:57,114
Mimá.

115
00:11:04,914 --> 00:11:06,207
Aí está.

116
00:11:08,084 --> 00:11:09,418
Mira para aí.

117
00:11:10,336 --> 00:11:11,587
Que é?

118
00:11:11,671 --> 00:11:12,713
Unha rata?

119
00:11:12,797 --> 00:11:14,173
É demasiado grande.

120
00:11:14,256 --> 00:11:15,758
É unha sarigüeia.

121
00:11:15,841 --> 00:11:19,595
Ten o mesmo corpo
ca unha rata, pero é un marsupial,

122
00:11:19,679 --> 00:11:21,722
o único de América do Norte.

123
00:11:23,849 --> 00:11:24,850
Non, Jeff.

124
00:11:26,394 --> 00:11:28,062
Está ben ter curiosidade.

125
00:11:28,145 --> 00:11:29,897
Lembra lavar as mans, si?

126
00:11:30,981 --> 00:11:32,566
Como morreu?

127
00:11:32,650 --> 00:11:34,902
Non che sei. Botemos unha ollada.

128
00:11:37,154 --> 00:11:39,573
Se cadra morreu sen máis,

129
00:11:39,657 --> 00:11:42,368
porque non parece que a comeran.

130
00:11:42,868 --> 00:11:44,995
Agarda un momento. Mira isto.

131
00:11:45,871 --> 00:11:48,666
Ten un burato no cranio, aquí.

132
00:11:50,084 --> 00:11:53,754
Debeulle trabar algo,
un coiote ou así. Está esmagado.

133
00:11:54,255 --> 00:11:58,592
Debeu de fuxir e meterse aquí debaixo.

134
00:11:58,676 --> 00:12:00,177
O coiote perderíaa.

135
00:12:00,261 --> 00:12:02,012
Coa cabeza toda esmagada?

136
00:12:02,096 --> 00:12:03,973
Cun burato nela?

137
00:12:04,473 --> 00:12:06,726
É incríbel o que pode facer o cerebro.

138
00:12:06,809 --> 00:12:08,644
Pode aguantar moito dano.

139
00:12:09,687 --> 00:12:12,273
Un profesor meu ensinounos un experimento

140
00:12:12,356 --> 00:12:15,985
no que collía unha ra
e lle cortaba a cabeza.

141
00:12:16,068 --> 00:12:19,280
Quitáballe o cerebro,
deixaba só o tallo encefálico

142
00:12:19,363 --> 00:12:21,657
Así respiraba e latexáballe o corazón,

143
00:12:21,741 --> 00:12:23,284
pero non pensaba

144
00:12:23,367 --> 00:12:24,368
nin sentía nada.

145
00:12:25,244 --> 00:12:26,996
Pero despois amosounos

146
00:12:27,079 --> 00:12:30,082
que se colles un algodón mollado en ácido

147
00:12:30,708 --> 00:12:34,336
e o pasas polo cachiño de cerebro
que queda, sabes que pasa?

148
00:12:34,420 --> 00:12:35,588
Que?

149
00:12:35,671 --> 00:12:39,091
As mans da ra intentan apartar o algodón.

150
00:12:39,175 --> 00:12:41,302
Si, non debería ser quen de facelo.

151
00:12:41,385 --> 00:12:44,013
Falta a parte do cerebro que controla iso.

152
00:12:44,096 --> 00:12:46,766
O cerebro éche unha cousa fascinante.

153
00:12:53,689 --> 00:12:55,191
Son coma pauciños.

154
00:12:56,817 --> 00:12:58,486
Veña, a lavar as mans.

155
00:13:12,249 --> 00:13:16,086
Por isto non paso!
É macabro e antihixiénico.

156
00:13:16,170 --> 00:13:18,714
Por fin está a amosar interese por algo.

157
00:13:18,798 --> 00:13:21,425
Desde a operación, anda no seu mundo.

158
00:13:21,509 --> 00:13:22,927
Iso non é culpa miña!

159
00:13:23,010 --> 00:13:24,637
Toma outra pílula, si?

160
00:13:24,720 --> 00:13:28,265
Marcha da casa! Vai á merda!

161
00:13:28,891 --> 00:13:30,226
Un coitelo?

162
00:13:30,309 --> 00:13:32,812
Vasme matar? Non son un oso nun pesadelo.

163
00:13:32,895 --> 00:13:34,230
Vai tomar polo cu!

164
00:13:34,313 --> 00:13:36,232
Ah, hostia!

165
00:13:37,233 --> 00:13:40,736
Sabes o que te calmaría, Joyce?
Unha puta lobotomía.

166
00:14:09,306 --> 00:14:10,391
Aí hai un!

167
00:14:10,474 --> 00:14:11,350
Onde?

168
00:14:11,433 --> 00:14:12,810
Aí.

169
00:14:12,893 --> 00:14:14,395
Ah, tes razón!

170
00:14:31,036 --> 00:14:32,496
Este é fresco.

171
00:14:33,622 --> 00:14:34,874
Bo traballo, Jeff.

172
00:14:41,547 --> 00:14:44,842
A ver se non verte por todos os lados.

173
00:14:45,551 --> 00:14:47,386
Vaia!

174
00:14:48,095 --> 00:14:50,639
Ti e eu temos 6 metros
de intestino delgado.

175
00:14:51,473 --> 00:14:54,977
Este tipo tamén é omnívoro.
Deberíamos ver canto lle mide.

176
00:14:56,228 --> 00:14:58,439
Non quero cortar aínda. E se…

177
00:14:58,522 --> 00:15:00,858
E se llo vas sacando e o pos ao lado?

178
00:15:05,863 --> 00:15:06,989
Moi ben, Jeff.

179
00:15:14,121 --> 00:15:15,080
Velaquí está.

180
00:15:16,206 --> 00:15:17,333
O corazón.

181
00:15:22,046 --> 00:15:23,213
Está ben, eh?

182
00:15:24,089 --> 00:15:27,509
Papá, vas marchar?

183
00:15:28,052 --> 00:15:30,304
Non, imos cear nun anaco.

184
00:15:30,387 --> 00:15:36,226
Non, quero dicir…
Ti e mama ídesvos divorciar?

185
00:16:11,512 --> 00:16:15,474
Dahmer, a túa quenda
acabou hai 20 minutos.

186
00:16:15,557 --> 00:16:18,310
Tanto ten. Gústame isto.

187
00:16:24,400 --> 00:16:27,236
LICORES
CHACINARÍA

188
00:16:45,337 --> 00:16:47,047
<i>Estrañarás o exército, non?</i>

189
00:16:49,758 --> 00:16:52,052
<i>Todos eses anos de estrutura.</i>

190
00:16:54,930 --> 00:16:56,890
<i>Si, pode ser.</i>

191
00:17:00,019 --> 00:17:03,731
<i>Tes moza? Saes con rapazas?</i>

192
00:17:05,149 --> 00:17:07,901
<i>Pois non.</i>

193
00:17:10,320 --> 00:17:11,780
Estas bébedo?

194
00:17:13,532 --> 00:17:16,035
Os domingos,
cando chamo, sempre farfallas.

195
00:17:17,578 --> 00:17:18,871
<i>Segues bebendo?</i>

196
00:17:19,413 --> 00:17:22,583
Non, é só que estamos na fin de semana.

197
00:17:22,666 --> 00:17:24,918
Non teño máis que facer.

198
00:17:25,002 --> 00:17:26,378
Estou só.

199
00:17:26,462 --> 00:17:30,049
<i>Quen dixo despois de que o licenciasen</i>
<i>que marchaba a Miami?</i>

200
00:17:31,383 --> 00:17:35,304
<i>Fuches ti quen dixo</i>
<i>que tiña que ver mundo.</i>

201
00:17:35,929 --> 00:17:37,389
<i>Non me gusta.</i>

202
00:17:37,973 --> 00:17:39,308
<i>Non teño diñeiro.</i>

203
00:17:56,950 --> 00:17:58,702
Papá, podo volver á casa?

204
00:18:09,922 --> 00:18:10,923
<i>Papá?</i>

205
00:18:13,884 --> 00:18:16,178
<i>Podo volver á casa, por favor?</i>

206
00:18:50,379 --> 00:18:52,714
Espero de ti que te comportes.

207
00:18:52,798 --> 00:18:54,007
Ese é o trato.

208
00:18:56,093 --> 00:18:57,052
Xa o sei.

209
00:18:58,512 --> 00:19:01,640
Tes que respectar a avoa.
A súa casa, as súas normas.

210
00:19:02,516 --> 00:19:05,102
Nada de emborracharse.
E buscarás traballo.

211
00:19:06,228 --> 00:19:07,437
Ese é o trato.

212
00:19:08,230 --> 00:19:09,231
Fareino.

213
00:19:11,066 --> 00:19:12,276
Un animal morto.

214
00:19:34,923 --> 00:19:38,427
<i>Con coidado. Con estes</i>
<i>hai que ser moi delicados.</i>

215
00:19:39,595 --> 00:19:41,054
Este señor Roper!

216
00:19:41,138 --> 00:19:42,681
Que personaxe.

217
00:19:44,141 --> 00:19:45,517
<i>Quen son "estes"?</i>

218
00:19:45,601 --> 00:19:46,602
<i>Xa sabe.</i>

219
00:19:50,772 --> 00:19:53,066
Alégrome moito de terte aquí, Jeff,

220
00:19:53,567 --> 00:19:56,278
pero non tes por que
cear comigo todos os días.

221
00:19:59,740 --> 00:20:00,824
Non me importa.

222
00:20:00,908 --> 00:20:03,076
Xa o sei, corazón.

223
00:20:03,827 --> 00:20:08,165
Pero deberías saír e facer amigos.

224
00:20:08,248 --> 00:20:09,708
E saír cunha rapaza.

225
00:20:09,791 --> 00:20:14,087
Hai unha moi riquiña que vai á igrexa
e penso que non anda con ninguén.

226
00:20:14,713 --> 00:20:16,924
Como se chamaba?

227
00:20:17,007 --> 00:20:20,093
Ah, Barb, creo.

228
00:20:21,011 --> 00:20:22,804
Barb Novak.

229
00:20:23,513 --> 00:20:26,308
Se vés á igrexa, preséntocha.

230
00:20:26,808 --> 00:20:29,436
É unha moza cristiá moi bonita.

231
00:20:29,978 --> 00:20:32,898
Coido que é profesora de preescolar.

232
00:20:35,776 --> 00:20:37,527
Vale, de acordo.

233
00:21:00,217 --> 00:21:01,134
Jeff?

234
00:21:01,969 --> 00:21:03,178
Jeff!

235
00:21:07,015 --> 00:21:08,433
Que levas posto?

236
00:21:10,310 --> 00:21:11,228
Isto?

237
00:21:12,187 --> 00:21:13,021
Unha camiseta.

238
00:21:13,855 --> 00:21:15,023
Nada de camisetas.

239
00:21:15,607 --> 00:21:18,402
Aínda estando aquí atrás,
debes levar camisa.

240
00:21:19,486 --> 00:21:21,488
Vale, perdoa, Wally.

241
00:21:46,096 --> 00:21:47,514
Atopou o que buscaba?

242
00:21:49,975 --> 00:21:52,394
Son 13.

243
00:21:56,148 --> 00:21:57,274
Grazas.

244
00:22:08,535 --> 00:22:09,411
Señor?

245
00:22:12,039 --> 00:22:13,332
Pase unha boa noite.

246
00:23:00,504 --> 00:23:02,172
- Boa noite, Len.
- Até mañá.

247
00:23:04,257 --> 00:23:07,386
- Dille a Phyllis o da receita da torta.
- Claro.

248
00:25:58,598 --> 00:26:00,058
Non sei se podo.

249
00:26:03,228 --> 00:26:04,563
Queres que o faga?

250
00:26:25,083 --> 00:26:25,959
Jeff.

251
00:26:28,295 --> 00:26:29,671
Grazas, avoa.

252
00:26:29,754 --> 00:26:31,798
Podes deixar as sabas na porta.

253
00:26:31,881 --> 00:26:34,092
Gústame facerme eu a cama.

254
00:26:41,016 --> 00:26:42,267
Grazas, avoa.

255
00:28:39,175 --> 00:28:40,343
A ver se acerto.

256
00:28:41,052 --> 00:28:42,804
O carné falso non coou.

257
00:28:47,225 --> 00:28:49,936
- Que anos tes?
- A ti que che importa?

258
00:28:50,895 --> 00:28:53,481
É só unha pregunta. Que anos tes?

259
00:28:55,108 --> 00:28:56,025
Vinte e un.

260
00:28:57,444 --> 00:28:58,528
Si, claro.

261
00:28:59,904 --> 00:29:02,365
Queres que che colla algo? Que queres?

262
00:29:04,617 --> 00:29:07,787
Nin puta idea. Viño Boone's Farm?

263
00:29:09,038 --> 00:29:10,498
Boone's Farm.

264
00:29:12,083 --> 00:29:13,168
Que frouxo.

265
00:29:25,388 --> 00:29:27,182
Eh! Onde vas?

266
00:29:27,265 --> 00:29:28,433
Veña. Vés ou non?

267
00:29:28,933 --> 00:29:29,768
A onde?

268
00:29:30,810 --> 00:29:34,606
Á miña casa. Imos facer
unha festa. Unha festa rachada.

269
00:29:37,066 --> 00:29:38,193
Ei.

270
00:29:39,235 --> 00:29:40,403
Heiche pagar ben.

271
00:29:46,367 --> 00:29:47,994
Veña.

272
00:29:54,125 --> 00:29:55,293
Aí estamos.

273
00:29:58,087 --> 00:30:01,132
Gústanche os deportes?

274
00:30:01,216 --> 00:30:04,010
VÍCHELO? DESAPARECIDO DESDE O 18/02/1991

275
00:30:04,093 --> 00:30:07,138
CURTIS DURRELL STRAUGHTER
SE TES INFORMACIÓN, CHAMA

276
00:30:07,222 --> 00:30:09,265
Velaquí tes. Bebe.

277
00:30:22,070 --> 00:30:23,988
Ei, sei que non tes vinte e un.

278
00:30:25,824 --> 00:30:26,991
Que anos tes?

279
00:30:31,579 --> 00:30:33,915
Non pasa nada. Non llo direi a ninguén.

280
00:30:37,544 --> 00:30:38,586
Catorce.

281
00:30:54,060 --> 00:30:55,270
Está ben.

282
00:30:57,063 --> 00:30:58,606
Non llo direi a ninguén.

283
00:31:00,817 --> 00:31:02,777
Sabes que? Cando ía ao instituto,

284
00:31:03,403 --> 00:31:05,780
bebía cervexa no medio da clase.

285
00:31:06,447 --> 00:31:08,324
- En serio?
- Si.

286
00:31:09,492 --> 00:31:10,785
Non me importaba.

287
00:31:11,911 --> 00:31:12,829
E…

288
00:31:13,997 --> 00:31:16,958
nin sequera me metín en problemas.

289
00:31:27,635 --> 00:31:28,636
Que?

290
00:31:29,888 --> 00:31:31,764
Non sabes quen son, verdade?

291
00:31:35,226 --> 00:31:36,269
Non, ou sexa…

292
00:31:36,352 --> 00:31:38,855
Coñeciches o meu irmán, Somsack.

293
00:31:41,024 --> 00:31:42,525
Non, penso que non.

294
00:31:42,609 --> 00:31:44,402
Arrestáronte por iso, tío.

295
00:31:45,320 --> 00:31:48,406
Tirácheslle fotos.

296
00:31:50,074 --> 00:31:51,492
E outras cousas.

297
00:32:03,087 --> 00:32:05,131
Se tan malo son…

298
00:32:07,759 --> 00:32:09,260
que fas aquí?

299
00:32:11,346 --> 00:32:12,847
A miña familia é pobre.

300
00:32:13,431 --> 00:32:15,391
Dixeches que me dabas 100 $.

301
00:32:19,938 --> 00:32:23,024
"E outras cousas." De que hostia fala?

302
00:32:23,900 --> 00:32:25,485
Iso son caralladas.

303
00:32:29,948 --> 00:32:31,783
A policía e todos eses,

304
00:32:31,866 --> 00:32:33,826
Como os profesores… É como…

305
00:32:34,327 --> 00:32:35,161
É como que

306
00:32:36,079 --> 00:32:39,248
todos me teñen manía desde… desde sempre.

307
00:32:40,500 --> 00:32:45,129
Deciden que es unha mala persoa
e xa non podes facer nada ao respecto.

308
00:32:47,674 --> 00:32:49,342
Non van cambiar de opinión.

309
00:32:52,428 --> 00:32:55,014
Sabes? Tamén…

310
00:32:55,098 --> 00:32:59,435
Tamén lle ía dar 100 $ a teu irmán,
pero fuxiu e mentiulle á policía.

311
00:33:03,898 --> 00:33:05,566
Que o fodan, logo.

312
00:33:06,234 --> 00:33:07,443
Non preciso iso.

313
00:33:09,362 --> 00:33:10,613
Mira, meu,

314
00:33:10,697 --> 00:33:13,074
compreiche un viño Boone's Farm.

315
00:33:14,617 --> 00:33:16,411
E vouche dar diñeiro.

316
00:33:18,705 --> 00:33:21,582
O único que quero é tirar unhas fotos.

317
00:33:28,297 --> 00:33:29,173
Vale.

318
00:33:30,675 --> 00:33:32,093
Dáme o diñeiro, entón.

319
00:33:32,802 --> 00:33:35,138
Non, primeiro facemos as fotos.

320
00:33:36,180 --> 00:33:38,599
Non, dámo agora.

321
00:33:56,034 --> 00:34:01,414
Mira, aquí hai 23.

322
00:34:06,627 --> 00:34:07,920
Douche isto agora

323
00:34:08,004 --> 00:34:10,214
e o resto cando acabemos.

324
00:34:10,298 --> 00:34:13,176
Se non, vas liscar como fixo o teu irmán.

325
00:34:13,259 --> 00:34:15,928
A policía dirá
que fixen cousas que non fixen.

326
00:34:18,347 --> 00:34:19,182
Ben.

327
00:34:22,393 --> 00:34:23,853
Veña, bebe.

328
00:34:25,521 --> 00:34:27,690
Compreino para ti e non o bebes.

329
00:34:30,234 --> 00:34:31,527
Que, non che gusta?

330
00:34:33,488 --> 00:34:36,491
Non, gústame o de mazá. Este é outro.

331
00:34:38,493 --> 00:34:40,870
Pero que dis? É ese.

332
00:34:41,537 --> 00:34:42,705
Agarda.

333
00:34:46,167 --> 00:34:48,086
Si, este é o de amorodo.

334
00:34:49,545 --> 00:34:51,172
Como non avisaches antes?

335
00:34:53,674 --> 00:34:55,301
Vale, mira…

336
00:34:55,384 --> 00:34:59,013
Vou tragar unha cervexa
e ti tragas iso, si?

337
00:35:01,182 --> 00:35:03,267
- Vale.
- Ben, vamos.

338
00:35:09,273 --> 00:35:11,275
Non, todo para dentro.

339
00:35:11,359 --> 00:35:12,318
Vamos.

340
00:35:53,109 --> 00:35:54,068
Que ben.

341
00:35:55,444 --> 00:35:57,738
Non sabía se ías morrer.

342
00:36:01,617 --> 00:36:03,661
Vou probar algo moi divertido.

343
00:36:05,454 --> 00:36:08,082
Eh! Non.

344
00:36:08,583 --> 00:36:11,586
Non pasa nada.
Ti déitate e reláxate, vale?

345
00:36:13,004 --> 00:36:14,338
Non repares nese.

346
00:36:17,091 --> 00:36:18,092
Así.

347
00:36:21,304 --> 00:36:22,555
Ti…

348
00:36:33,858 --> 00:36:35,484
Ti ve a película.

349
00:36:41,449 --> 00:36:42,742
Xa a viches?

350
00:36:44,243 --> 00:36:45,828
É <i>O retorno do Jedi.</i>

351
00:36:46,996 --> 00:36:49,332
O emperador é a hostia.

352
00:36:51,042 --> 00:36:52,919
Vesme as lentes de contacto?

353
00:36:55,421 --> 00:36:57,381
Son coma as do emperador.

354
00:37:03,638 --> 00:37:06,390
Son dunha tenda de disfraces de Kenosha.

355
00:37:12,605 --> 00:37:13,522
Podo…

356
00:37:15,191 --> 00:37:17,109
sacalas se che dan medo.

357
00:37:24,158 --> 00:37:25,076
Moi ben.

358
00:37:25,952 --> 00:37:27,328
Vounas sacar.

359
00:37:30,081 --> 00:37:31,624
Ti agarda aquí.

360
00:37:59,735 --> 00:38:02,280
Estou farto de que todos me abandonen.

361
00:38:04,198 --> 00:38:06,450
Voute converter no meu zombi.

362
00:38:07,827 --> 00:38:10,871
Vale? Non che doerá.

363
00:38:10,955 --> 00:38:13,416
O cerebro non ten terminacións nerviosas.

364
00:38:13,499 --> 00:38:17,378
Isto é só un pouco de auga quente
mesturada con ácido.

365
00:38:17,878 --> 00:38:19,046
Si?

366
00:38:19,130 --> 00:38:21,424
Será como unha lobotomía.

367
00:38:22,174 --> 00:38:26,053
Fareino para que de verdade
che guste estar aquí.

368
00:38:26,679 --> 00:38:28,097
Podes vivir comigo.

369
00:38:29,181 --> 00:38:30,474
Xogaremos ao fútbol.

370
00:39:29,325 --> 00:39:30,409
Que carallo?

371
00:39:30,910 --> 00:39:33,954
Pero que fas, rapaz? Estás espido.

372
00:39:34,038 --> 00:39:35,956
Meu Deus. Vai chamar a túa nai.

373
00:39:36,040 --> 00:39:37,583
Veña, bule!

374
00:39:44,673 --> 00:39:45,758
Como te chamas?

375
00:39:46,509 --> 00:39:48,094
Como te chamas, corazón?

376
00:39:48,594 --> 00:39:49,929
Como te chamas?

377
00:39:51,680 --> 00:39:53,974
Por fin! Tardade máis, se tal.

378
00:39:54,058 --> 00:39:56,352
Señora, non fai falta poñerse así.

379
00:39:57,103 --> 00:39:59,438
Un pouco de respecto. Díganos que pasa.

380
00:39:59,522 --> 00:40:02,525
Si, cremos que a este rapaz…

381
00:40:02,608 --> 00:40:07,279
É dicir, non sabemos que lle pasou,
pero algo non anda ben.

382
00:40:12,118 --> 00:40:14,870
- Que? Que ocorre?
- Coñece este rapaz?

383
00:40:16,038 --> 00:40:18,457
Si, señor. É o meu mozo.

384
00:40:18,541 --> 00:40:19,917
O seu mozo?

385
00:40:20,626 --> 00:40:23,879
Saíu do seu piso,
dicía cousas sen sentido,

386
00:40:23,963 --> 00:40:26,132
vai espido e non sabe o que pasa.

387
00:40:31,011 --> 00:40:32,388
Como se chama, señor?

388
00:40:34,432 --> 00:40:35,474
Jeff Dahmer.

389
00:40:36,809 --> 00:40:38,185
Coñeces este tipo?

390
00:40:38,269 --> 00:40:39,437
Está sangrando.

391
00:40:39,520 --> 00:40:40,771
Está bébedo. Caeu.

392
00:40:40,855 --> 00:40:43,858
- Sangra pola cabeza!
- Abonda. Déixenos traballar.

393
00:40:43,941 --> 00:40:46,819
De acordo, pero o rapaz está sangrando.

394
00:40:47,403 --> 00:40:50,281
- Non van facer nada?
- Xa lle dixen que caeu.

395
00:40:50,364 --> 00:40:53,659
Vale? Ponse moi borracho.

396
00:40:54,285 --> 00:40:55,286
El…

397
00:40:56,912 --> 00:40:58,622
Mire, atacoume.

398
00:40:59,248 --> 00:41:03,419
Díxome que lle trouxese
máis alcol, así que baixei á tenda.

399
00:41:05,713 --> 00:41:07,214
Fillo, que anos tes?

400
00:41:08,340 --> 00:41:09,383
Eh.

401
00:41:10,301 --> 00:41:11,760
- Óesme?
- Está bébedo.

402
00:41:11,844 --> 00:41:13,637
Non vai ser quen de llo dicir.

403
00:41:13,721 --> 00:41:14,722
Ten 19.

404
00:41:15,931 --> 00:41:17,266
É o meu mozo.

405
00:41:18,601 --> 00:41:20,352
Podo levalo dentro?

406
00:41:20,853 --> 00:41:23,981
Ten frío e isto é… moi vergoñento.

407
00:41:26,108 --> 00:41:28,068
Ten o carné dentro?

408
00:41:30,362 --> 00:41:32,072
Non, perdeuno.

409
00:41:33,157 --> 00:41:34,074
En serio?

410
00:41:34,158 --> 00:41:37,286
Señora, non nos alteremos, si?

411
00:41:40,289 --> 00:41:42,208
Non sei que máis dicirlles.

412
00:41:42,291 --> 00:41:45,169
O rapaz vive comigo.

413
00:41:46,879 --> 00:41:49,381
Poden entrar. Demostraréillelo.

414
00:41:50,341 --> 00:41:52,134
Teño fotos del e así.

415
00:41:55,721 --> 00:41:57,765
Moi ben. Que piso é?

416
00:41:57,848 --> 00:42:02,269
Agarde. Vaille permitir
que leve o neno dentro?

417
00:42:02,353 --> 00:42:05,523
Señora, di que viven aquí.
Ímolo levar dentro.

418
00:42:05,606 --> 00:42:08,484
Non queren saber ao menos que anos ten?

419
00:42:08,567 --> 00:42:10,319
Señora, di que é o seu mozo.

420
00:42:10,819 --> 00:42:13,906
- Xa nos ocupamos nós.
- Síntoo moito.

421
00:42:27,545 --> 00:42:29,630
Como é que vives aquí?

422
00:42:31,215 --> 00:42:32,258
Que quere dicir?

423
00:42:33,050 --> 00:42:35,052
Isto é un fervedoiro de drogas.

424
00:42:35,970 --> 00:42:38,013
Son todo casas de crack.

425
00:42:39,056 --> 00:42:41,433
Xa sabe, é barato.

426
00:42:41,517 --> 00:42:43,352
É, é barato de carallo.

427
00:42:43,435 --> 00:42:46,605
Se consumides crack,
deberías dicírnolo xa.

428
00:42:46,689 --> 00:42:50,859
- Buscarémosvos axuda.
- Non, nós non nos metemos nada diso.

429
00:42:51,694 --> 00:42:53,279
E o teu amigo?

430
00:42:53,362 --> 00:42:55,990
Só está peneque. Veña.

431
00:42:56,073 --> 00:42:58,367
Fillo, bebiches de máis, eh?

432
00:42:59,326 --> 00:43:02,329
Sempre llo digo, pero non me escoita.

433
00:43:02,871 --> 00:43:04,290
Ti bebiches?

434
00:43:05,207 --> 00:43:06,750
Non, estou sobrio.

435
00:43:06,834 --> 00:43:08,168
Eh, espera.

436
00:43:09,253 --> 00:43:12,006
Tes algo… raro por aí?

437
00:43:15,259 --> 00:43:18,679
Como que? Cousas de gais?

438
00:43:20,639 --> 00:43:22,016
Ou sexa, non quería…

439
00:43:22,099 --> 00:43:25,060
- Non.
- É que non queremos pillar nada.

440
00:43:25,144 --> 00:43:26,604
Estarán ben, prométoo.

441
00:43:31,400 --> 00:43:32,610
Xa está.

442
00:43:32,693 --> 00:43:34,903
Agora queda aí deitado no sofá, amor.

443
00:43:37,114 --> 00:43:38,073
Vale.

444
00:43:39,908 --> 00:43:41,619
Xa poden entrar.

445
00:43:42,328 --> 00:43:47,791
Vouno lavar e vestilo e todo iso.

446
00:43:47,875 --> 00:43:49,293
Que é ese cheiro?

447
00:43:51,128 --> 00:43:53,672
Avarióuseme a neveira.

448
00:43:54,381 --> 00:43:56,675
Tiña unha morea de carne e perdéuseme.

449
00:43:57,551 --> 00:43:59,803
- Vai vir o tipo mañá.
- Ben.

450
00:43:59,887 --> 00:44:02,890
Entón el vive aquí?

451
00:44:03,557 --> 00:44:04,642
Vive, si.

452
00:44:04,725 --> 00:44:07,645
Si, aí están as fotos.

453
00:44:11,482 --> 00:44:12,775
Si, ven?

454
00:44:13,400 --> 00:44:15,778
Como dixen, somos mozos.

455
00:44:15,861 --> 00:44:16,695
Xa.

456
00:44:18,322 --> 00:44:19,865
Pero, ás veces, xa saben,

457
00:44:20,574 --> 00:44:24,078
podémonos picar de máis.

458
00:44:24,662 --> 00:44:26,288
Asegúroche que non o sei.

459
00:44:26,372 --> 00:44:28,207
Picar? É porque é asiático?

460
00:44:28,290 --> 00:44:29,416
Si.

461
00:44:30,793 --> 00:44:31,794
Vale.

462
00:44:32,836 --> 00:44:34,380
Podemos botar unha ollada?

463
00:44:43,055 --> 00:44:45,224
Claro, adiante.

464
00:44:57,945 --> 00:45:00,698
Moi ben. Imos…

465
00:45:02,991 --> 00:45:04,660
Saiamos de aquí, veña.

466
00:45:04,743 --> 00:45:07,037
Moi ben. Vós…

467
00:45:07,955 --> 00:45:11,458
Non sei que facedes, pero coida del, si?

468
00:45:11,542 --> 00:45:12,835
Claro, coidareino.

469
00:45:13,711 --> 00:45:16,797
Grazas, axentes. Síntoo de novo.

470
00:45:16,880 --> 00:45:20,050
Agora ímonos ter que duchar,
sabes o que digo?

471
00:45:20,134 --> 00:45:22,970
Sei. Síntollo.

472
00:45:24,138 --> 00:45:25,556
Pasen boa noite.

473
00:45:55,461 --> 00:46:00,466
<i>526, afirmativo. Seguimos investigando</i>
<i>o 10-31 no bloque 57 000…</i>

474
00:46:07,097 --> 00:46:09,349
<i>Unidades próximas a Locus e Palmer,</i>

475
00:46:09,433 --> 00:46:11,685
<i>violación de morada, 10-17, código 3.</i>

476
00:46:11,769 --> 00:46:15,522
Devolvémoslle o home asiático ebrio
ao seu mozo sobrio.

477
00:46:15,606 --> 00:46:17,024
Estamos 10-8.

478
00:46:18,859 --> 00:46:22,863
<i>Sesenta e oito, temos outro 10-15,</i>
<i>North 11th e Kilbourn.</i>

479
00:46:23,489 --> 00:46:25,616
Dez-catro, levaranos un minuto.

480
00:46:25,699 --> 00:46:28,577
O meu compañeiro vai
despiollarse no cuartel.

481
00:46:28,660 --> 00:46:32,080
<i>Un-dous-cinco Delta.</i>
<i>Comprobe a chamada 449.</i>

482
00:47:01,443 --> 00:47:08,408
CHAMADA REAL DO 27 DE MAIO
DE 1991: 2:25 a.m.

483
00:47:09,451 --> 00:47:12,454
<i>Aquí o axente Balcerzak.</i>
<i>Devólvolle a chamada.</i>

484
00:47:12,538 --> 00:47:15,916
<i>Si, había un coche patrulla, o número 68.</i>

485
00:47:15,999 --> 00:47:19,795
<i>Parámolo esta noite,</i>
<i>haberá cousa de 15 minutos.</i>

486
00:47:19,878 --> 00:47:21,046
<i>Si, era eu.</i>

487
00:47:21,129 --> 00:47:24,591
<i>Que pasou?</i>
<i>Fíxose algo para resolver a situación?</i>

488
00:47:24,675 --> 00:47:29,012
<i>Precisa que lle deamos nomes</i>
<i>ou información ou calquera cousa?</i>

489
00:47:29,096 --> 00:47:30,180
<i>Non é preciso.</i>

490
00:47:30,264 --> 00:47:31,265
<i>Non?</i>

491
00:47:31,348 --> 00:47:35,602
<i>Non, o mozo doutro rapaz estaba ebrio.</i>

492
00:47:35,686 --> 00:47:37,479
<i>Que anos tiña o neno?</i>

493
00:47:37,563 --> 00:47:39,690
<i>Non era un neno, era un adulto.</i>

494
00:47:39,773 --> 00:47:41,191
<i>Está seguro?</i>

495
00:47:41,275 --> 00:47:43,819
<i>Porque a miña filla</i>

496
00:47:43,902 --> 00:47:47,906
<i>víao pola rúa, collendo miñocas e así.</i>

497
00:47:48,615 --> 00:47:52,202
<i>Xa, non, é… Xa nos ocupamos diso, señora.</i>

498
00:47:52,286 --> 00:47:53,787
<i>Pero está seguro?</i>

499
00:47:53,871 --> 00:47:57,374
<i>Señora, non llo podo dicir</i>
<i>máis claro. Xa nos ocupamos.</i>

500
00:47:57,457 --> 00:48:00,168
<i>Está co seu mozo no piso del.</i>

501
00:48:00,711 --> 00:48:04,172
<i>Pero e se é un neno e non un adulto?</i>

502
00:48:04,256 --> 00:48:06,592
<i>É dicir, está seguro de que é adulto?</i>

503
00:48:07,092 --> 00:48:09,761
<i>Señora, como lle expliquei,</i>
<i>xa nos ocupamos.</i>

504
00:48:10,345 --> 00:48:11,847
<i>Estou seguro de todo.</i>

505
00:48:11,930 --> 00:48:15,434
<i>Que vou facer con respecto</i>
<i>ás súas preferencias sexuais?</i>

506
00:48:16,393 --> 00:48:19,021
<i>Xa, non me refiro a iso,</i>

507
00:48:19,104 --> 00:48:20,522
<i>pero parecía un neno.</i>

508
00:48:20,606 --> 00:48:21,940
<i>Preocúpame iso.</i>

509
00:48:22,024 --> 00:48:23,942
<i>Non o é, de acordo?</i>

510
00:48:24,026 --> 00:48:27,154
<i>É un problema de mozos</i>

511
00:48:27,237 --> 00:48:30,616
<i>e ten fotos deles xuntos e demais.</i>

512
00:48:31,283 --> 00:48:32,993
<i>Ah, entendo.</i>

513
00:48:33,493 --> 00:48:34,411
<i>Entendido?</i>

514
00:48:34,494 --> 00:48:38,582
<i>Si, é só que… parecía un neno.</i>

515
00:48:38,665 --> 00:48:40,167
<i>Iso é o que me preocupa.</i>

516
00:48:40,250 --> 00:48:42,377
<i>Entendo, pero non o é.</i>

517
00:48:43,128 --> 00:48:45,714
<i>Ah, vale. Grazas.</i>

518
00:50:49,755 --> 00:50:52,632
Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso

