1
00:00:06,423 --> 00:00:09,342
UNHA SERIE DE NETFLIX

2
00:00:21,104 --> 00:00:25,150
CHICAGO, ILLINOIS
1977

3
00:00:25,692 --> 00:00:27,819
Nunca traballaches de albanel, logo?

4
00:00:27,902 --> 00:00:31,573
Non, só fixen algunha chapuza
pola casa para axudar a miña nai.

5
00:00:31,656 --> 00:00:35,493
Tranquilo, non ten moito misterio.
Tes boa constitución para isto.

6
00:00:35,577 --> 00:00:37,412
Vaia, grazas.

7
00:00:37,495 --> 00:00:39,664
Pasas e contéstasme unhas preguntas.

8
00:00:39,748 --> 00:00:42,250
Nin sequera é unha entrevista de traballo.

9
00:00:50,884 --> 00:00:53,511
A que cheira?

10
00:00:53,595 --> 00:00:58,558
Ah, ha de ser un mapache morto
ou algo abaixo, na cámara.

11
00:01:03,271 --> 00:01:04,939
- Velaquí tes.
- Que é?

12
00:01:05,982 --> 00:01:07,484
Que demo cres que…?

13
00:01:08,234 --> 00:01:11,237
Un refresco RC Cola. Que raio tes?

14
00:01:11,946 --> 00:01:12,822
Perdón.

15
00:01:13,740 --> 00:01:14,991
- Grazas.
- Nada.

16
00:01:19,662 --> 00:01:23,792
Entón que buscabas?
Traballo a tempo completo ou parcial?

17
00:01:24,292 --> 00:01:27,712
Ah, pois tantas horas como me poidas dar.

18
00:01:27,796 --> 00:01:29,422
Depende do traballo.

19
00:01:30,298 --> 00:01:33,343
P. D. M. significa
"Pintura, deseño e mantemento",

20
00:01:33,426 --> 00:01:37,180
así que hai moitos tipos
de traballos que facer.

21
00:01:41,392 --> 00:01:43,019
Vas moito por ese bar?

22
00:01:45,814 --> 00:01:48,316
Porque nunca te vira por alí.

23
00:01:50,318 --> 00:01:51,194
Mira.

24
00:01:53,154 --> 00:01:54,823
Quero ensinarche unha cousa.

25
00:02:02,247 --> 00:02:03,206
Es católico?

26
00:02:09,254 --> 00:02:12,924
Este é o único nó que lembro
de cando estaba nos Boy Scouts.

27
00:02:15,218 --> 00:02:16,344
O nó de torniquete.

28
00:02:18,596 --> 00:02:20,098
Aperta moito, verdade?

29
00:02:21,015 --> 00:02:23,309
Se cho deixo, poráseche a man morada.

30
00:02:25,478 --> 00:02:27,689
Ei, mírame.

31
00:02:30,400 --> 00:02:31,943
Quero ensinarche un truco.

32
00:03:05,185 --> 00:03:06,895
Veña, ho.

33
00:03:07,937 --> 00:03:09,022
Non te resistas.

34
00:03:12,734 --> 00:03:14,903
Non queres verme anoxado.

35
00:03:15,486 --> 00:03:16,654
Creme.

36
00:03:32,378 --> 00:03:34,714
Por Deus, non! Non! Por favor!

37
00:03:34,797 --> 00:03:36,507
Deus non che pode axudar.

38
00:03:37,592 --> 00:03:38,635
Deus son eu.

39
00:03:42,972 --> 00:03:46,267
<i>As autoridades de Illinois</i>
<i>prepáranse para executar</i>

40
00:03:46,351 --> 00:03:48,895
<i>un dos máis célebres asasinos dos EUA.</i>

41
00:03:48,978 --> 00:03:52,065
<i>Un xuíz federal ditaminou</i>
<i>o mércores que a execución</i>

42
00:03:52,148 --> 00:03:54,442
<i>de John Wayne Gacy pode proceder.</i>

43
00:03:54,525 --> 00:03:57,528
<i>Recibirá a inxección letal o 10 de maio,</i>

44
00:03:57,612 --> 00:04:00,323
<i>o que lle dá ao asasino</i>
<i>só dous meses de vida</i>

45
00:04:00,406 --> 00:04:03,952
<i>tras unha batalla legal</i>
<i>que dura xa máis de 14 anos.</i>

46
00:04:04,035 --> 00:04:06,329
<i>Frank Currier ofrécenos máis datos.</i>

47
00:04:07,163 --> 00:04:08,706
<i>Corría o ano 1978.</i>

48
00:04:08,790 --> 00:04:11,251
<i>O mundo vía as primeiras terríbeis imaxes</i>

49
00:04:11,334 --> 00:04:15,421
<i>das bolsas cos corpos saíndo</i>
<i>da casa de John Wayne Gacy, en Chicago.</i>

50
00:04:15,505 --> 00:04:19,133
<i>E de Gacy, despois declarado</i>
<i>culpable do asasinato e tortura</i>

51
00:04:19,217 --> 00:04:22,262
<i>de 33 mozos e condenado a pena de morte…</i>

52
00:04:22,345 --> 00:04:24,472
Por fin mandarán ese tipo ao nicho.

53
00:04:25,265 --> 00:04:28,101
Quen fai algo así non merece vivir.

54
00:04:29,811 --> 00:04:32,063
Xa está tardando en arder no inferno.

55
00:04:32,146 --> 00:04:33,773
Non hai ser peor ca el.

56
00:04:34,857 --> 00:04:36,442
Si hai.

57
00:04:37,193 --> 00:04:38,403
Quen é peor ca el?

58
00:04:41,656 --> 00:04:42,824
O meu veciño.

59
00:04:47,578 --> 00:04:49,539
Ti cheiraches un cadáver, Linda?

60
00:04:50,748 --> 00:04:52,625
- Non.
- Pois eu si.

61
00:04:52,709 --> 00:04:54,794
Jeff cociñábaos no piso do lado.

62
00:04:54,877 --> 00:04:57,755
O cheiro viña polo conduto
directo á miña casa.

63
00:04:58,840 --> 00:05:00,842
Non o saco do nariz.

64
00:05:02,260 --> 00:05:03,428
Ese cheiro.

65
00:05:17,984 --> 00:05:18,901
Pero que cona…?

66
00:05:20,194 --> 00:05:22,405
Perdoa. O meu amigo está aí sentado.

67
00:05:24,365 --> 00:05:25,908
Puto tolo cabrón!

68
00:05:25,992 --> 00:05:26,951
Tranquilo.

69
00:05:27,035 --> 00:05:28,828
Ocúpate dese imbécil.

70
00:05:30,580 --> 00:05:32,206
Becho raro do carallo!

71
00:05:40,590 --> 00:05:43,384
Cincuenta dólares
polo teu autógrafo? Diso nada.

72
00:05:44,052 --> 00:05:47,013
Veña, ho. Ten que valer polo menos… Canto?

73
00:05:47,096 --> 00:05:48,389
Cen dólares?

74
00:05:48,973 --> 00:05:52,560
Vai ser un obxecto de coleccionista.
Déixocho rebaixado.

75
00:05:54,312 --> 00:05:57,982
Ei, métoche tamén fotos porno
das que me mandan as rapazas.

76
00:05:58,900 --> 00:06:00,109
Eu non as quero.

77
00:06:00,818 --> 00:06:01,861
Fotos porno?

78
00:06:01,944 --> 00:06:03,905
Coa cona fóra e todo.

79
00:06:03,988 --> 00:06:05,073
De acordo, J. D.

80
00:06:06,574 --> 00:06:08,368
Tío, isto é unha merda!

81
00:06:08,451 --> 00:06:09,577
Síntoo, colegas.

82
00:06:10,161 --> 00:06:12,997
Non vos anoxedes
só porque vaia ver o sol hoxe.

83
00:06:13,081 --> 00:06:15,208
Por que el pode estar só no patio?

84
00:06:15,792 --> 00:06:16,667
Cabrón!

85
00:06:42,151 --> 00:06:44,028
Xa chega de faltas de respecto.

86
00:06:45,071 --> 00:06:45,947
De que falas?

87
00:06:46,030 --> 00:06:48,366
Xogas coa comida, as bromas de enfermo,

88
00:06:48,449 --> 00:06:51,828
vendes autógrafos coma se foses
un famoso ou algo así…

89
00:06:51,911 --> 00:06:53,162
Isto non é un xogo.

90
00:06:53,246 --> 00:06:55,206
Non estamos aquí para entreterte.

91
00:06:55,289 --> 00:06:58,292
Eh, tío, non pretendía
faltarvos ao respecto.

92
00:06:58,376 --> 00:07:02,839
Só intento pasar o tempo, igual ca ti.

93
00:07:02,922 --> 00:07:05,967
Ti non es coma min.
Eu expiei os meus pecados.

94
00:07:06,801 --> 00:07:10,304
Non sei que fixeches,
pero está claro que non te arrepintes.

95
00:07:11,764 --> 00:07:14,934
Son cristián
e o teu comportamento oféndeme.

96
00:07:18,813 --> 00:07:19,689
Vale.

97
00:07:19,772 --> 00:07:21,941
Deixa de ser un cabrón e de xogar.

98
00:07:22,024 --> 00:07:23,860
Scarver! Vamos dar unha volta.

99
00:07:30,825 --> 00:07:31,993
Xesús.

100
00:07:32,493 --> 00:07:35,413
E por que investiga
o señor Dahmer exactamente?

101
00:07:35,496 --> 00:07:39,625
Non o investigo. Só quería saber
que fixo para acabar aquí

102
00:07:39,709 --> 00:07:41,586
e que é o que ten de especial.

103
00:07:41,669 --> 00:07:45,590
Só quero poñerme ao día
despois de estar en réxime de illamento.

104
00:07:50,511 --> 00:07:54,348
Segundo o sistema,
por mor do seu trastorno psiquiátrico

105
00:07:54,432 --> 00:07:57,185
ten restrinxidos certos materiais visuais.

106
00:07:57,268 --> 00:07:59,645
Mire, como lle dixen aos doutores,

107
00:07:59,729 --> 00:08:02,482
hai comidas que me provocan
crises psicóticas.

108
00:08:02,982 --> 00:08:06,819
O pan, o azucre refinado…
Toda esa merda artificial.

109
00:08:10,448 --> 00:08:13,493
Desde que cambiei
de dieta e atopei o Señor…

110
00:08:15,495 --> 00:08:16,579
estou ben.

111
00:08:17,580 --> 00:08:19,790
Veña, señora G. Por favor.

112
00:08:31,302 --> 00:08:32,303
CANIBALISMO

113
00:08:32,386 --> 00:08:34,472
O TOLO QUE MATOU 17 E OS COMEU

114
00:08:36,224 --> 00:08:37,683
AS VÍTIMAS, "ZOMBIS"

115
00:08:40,436 --> 00:08:41,646
A TENDA DOS HORRORES

116
00:08:44,732 --> 00:08:47,360
CANÍBAL. THE JOURNAL
A TENDA DOS HORRORES

117
00:08:47,443 --> 00:08:51,030
A POLICÍA DEVOLVEULLE
O ADOLESCENTE LAOSIANO A DAHMER

118
00:08:56,118 --> 00:08:58,704
LOGROU ESCAPAR

119
00:08:58,788 --> 00:09:01,707
O RAPAZ, ESPIDO E SANGRANDO POLA CABEZA

120
00:09:04,210 --> 00:09:06,420
A POLICÍA DEVOLVEULLO

121
00:09:06,504 --> 00:09:07,797
O CADÁVER DO NENO

122
00:09:07,880 --> 00:09:09,090
ÁCIDO CLORHÍDRICO.

123
00:09:09,173 --> 00:09:11,717
14 ANOS

124
00:09:33,406 --> 00:09:36,284
<i>…el bebía moito e, cando bebía moito,</i>

125
00:09:36,367 --> 00:09:38,911
<i>si, poñíase violento.</i>

126
00:09:38,995 --> 00:09:42,373
<i>Se cadra foi entón</i>
<i>cando John Gacy perdeu o control.</i>

127
00:09:42,456 --> 00:09:45,501
<i>Non o sabe nin parece que lle importe.</i>

128
00:09:45,585 --> 00:09:47,920
<i>El pérdese nas súas pinturas.</i>

129
00:09:55,469 --> 00:09:58,222
<i>El é todas as cousas para toda a xente.</i>

130
00:09:58,723 --> 00:10:00,516
<i>Teme enfrontarse a Deus?</i>

131
00:10:00,600 --> 00:10:04,312
<i>Non, estou bastante cómodo con el.</i>

132
00:10:04,395 --> 00:10:07,815
<i>Nas misas católicas,</i>
<i>levo sendo acólito do cura</i>

133
00:10:07,898 --> 00:10:09,483
<i>os últimos dez anos.</i>

134
00:10:09,567 --> 00:10:12,987
<i>E non me dá reparo facelo.</i>

135
00:10:13,070 --> 00:10:16,324
<i>Confeseime, recibín a comuñón…</i>

136
00:10:16,407 --> 00:10:19,577
<i>Estou en paz comigo mesmo.</i>

137
00:10:20,202 --> 00:10:23,623
<i>Agora John Gacy enfróntase</i>
<i>á morte por inxección letal.</i>

138
00:10:24,123 --> 00:10:27,835
<i>Mañá oiremos como el é a vítima</i>
<i>por ser declarado culpábel.</i>

139
00:10:36,135 --> 00:10:37,136
Ei.

140
00:10:41,766 --> 00:10:43,309
Podemos falar un momento?

141
00:10:46,020 --> 00:10:46,937
Por suposto.

142
00:10:48,773 --> 00:10:52,360
Por que cre que somos tantos agora?

143
00:10:52,443 --> 00:10:53,819
Reclusos, dis?

144
00:10:53,903 --> 00:10:57,990
Non, tipos coma min.

145
00:10:59,784 --> 00:11:00,910
Os que lle chaman…

146
00:11:02,620 --> 00:11:04,038
asasinos en serie.

147
00:11:05,539 --> 00:11:09,085
Non sei se alguén ten
a resposta a esa pregunta.

148
00:11:10,920 --> 00:11:13,381
Hai quen di que é polas autoestradas,

149
00:11:13,464 --> 00:11:16,258
un invento relativamente novo neste país.

150
00:11:17,051 --> 00:11:22,264
Un pode matar alguén, desaparecer axiña
e tirar o cadáver a centos de quilómetros.

151
00:11:23,724 --> 00:11:27,144
Ou se cadra foi
a Segunda Guerra Mundial ou Vietnam.

152
00:11:27,770 --> 00:11:30,189
Os pais volven traumatizados da guerra.

153
00:11:30,272 --> 00:11:33,401
Non o falan.
Están ausentes, póñense violentos.

154
00:11:33,484 --> 00:11:34,985
Crían fillos conflitivos.

155
00:11:35,069 --> 00:11:38,572
Tamén está o auxe
e facilidade de acceso á pornografía,

156
00:11:38,656 --> 00:11:41,659
cousa que non ocorría antes dos anos 70.

157
00:11:47,289 --> 00:11:49,792
Cre que se pode simplemente…

158
00:11:51,961 --> 00:11:53,170
ser malo?

159
00:11:55,548 --> 00:11:58,217
Como imaxinarás, si, créoo.

160
00:12:04,765 --> 00:12:08,018
Cando era rapaz, ía á igrexa.

161
00:12:12,898 --> 00:12:15,526
Unha vez, disfraceime
do demo por Halloween.

162
00:12:16,652 --> 00:12:20,614
Sentinme ben.

163
00:12:22,491 --> 00:12:24,201
Cando era algo máis maior…

164
00:12:27,163 --> 00:12:28,831
fíxenlle un altar.

165
00:12:31,208 --> 00:12:32,251
Ao demo.

166
00:12:33,335 --> 00:12:35,963
Tiña pensado facer un a tamaño real.

167
00:12:36,464 --> 00:12:39,467
Para iso gardaba
moitas das partes de corpos.

168
00:12:40,885 --> 00:12:43,304
Mesmo nas películas, como <i>Star Wars…</i>

169
00:12:45,306 --> 00:12:48,350
Sempre me gustan máis os malos, sabe?

170
00:12:50,227 --> 00:12:51,937
A min tamén me pasaba.

171
00:12:52,813 --> 00:12:54,607
É que están mellor escritos.

172
00:12:56,859 --> 00:12:57,902
Si.

173
00:13:00,154 --> 00:13:02,281
Que me querías preguntar, Jeff?

174
00:13:06,202 --> 00:13:07,161
Pois…

175
00:13:11,332 --> 00:13:17,213
Estaba vendo
o de John Wayne Gacy no telexornal.

176
00:13:18,255 --> 00:13:24,386
A xente di que somos iguais
porque os dous fixemos cousas terríbeis.

177
00:13:25,846 --> 00:13:26,806
Pero…

178
00:13:29,266 --> 00:13:31,060
Eu penso que somos diferentes.

179
00:13:31,143 --> 00:13:35,189
Eu admitino todo. Todo.

180
00:13:36,607 --> 00:13:39,693
Gacy segue a dicir que non o fixo.

181
00:13:40,569 --> 00:13:42,655
Eu quería a pena de morte.

182
00:13:45,032 --> 00:13:47,660
El anda a dicir que non lle dá medo morrer

183
00:13:47,743 --> 00:13:51,831
porque fixo as paces con Deus.

184
00:13:53,415 --> 00:13:56,377
Di que vai ir ao ceo.

185
00:13:58,921 --> 00:14:02,174
Supoño que a miña pregunta é…

186
00:14:06,971 --> 00:14:10,641
se pensa que Deus
o perdoou por todo o que fixo.

187
00:14:15,020 --> 00:14:19,149
Pregúntalo por el ou por ti, Jeff?

188
00:14:22,444 --> 00:14:25,281
Creo que eu non merezo
o perdón polo que fixen.

189
00:14:26,115 --> 00:14:28,784
Non é cuestión de merecelo, Jeff.

190
00:14:28,868 --> 00:14:30,494
Así é a graza de Deus.

191
00:14:30,578 --> 00:14:32,746
Aínda que non a merecemos, obtémola.

192
00:14:34,123 --> 00:14:38,252
Xesús non estaba só
cando estaba a morrer na cruz.

193
00:14:38,878 --> 00:14:41,755
Había dous delincuentes máis crucificados.

194
00:14:42,506 --> 00:14:45,968
Un deles díxolle a Xesús,
como para mofarse del:

195
00:14:46,051 --> 00:14:50,139
"Eh, se es o fillo de Deus,
por que non te salvas a ti mesmo?

196
00:14:50,222 --> 00:14:52,141
E xa que estás, tamén a nós."

197
00:14:52,224 --> 00:14:56,729
Pero o outro fíxoo calar e dixo: "Agarda.

198
00:14:56,812 --> 00:15:00,190
Ti e mais eu eramos delincuentes.
Temos o que merecemos.

199
00:15:00,274 --> 00:15:04,486
Pero este tipo, Xesús,
non fixo nada malo."

200
00:15:06,280 --> 00:15:11,452
Logo díxolle a Xesús: "Lémbrate de min
cando esteas no teu reino."

201
00:15:13,704 --> 00:15:16,081
Entón, Xesús mirouno.

202
00:15:17,166 --> 00:15:18,459
E sabes que lle dixo?

203
00:15:19,960 --> 00:15:23,505
"Hoxe estarás comigo no paraíso."

204
00:15:24,173 --> 00:15:26,842
El non lle preguntou
por que o crucificaban

205
00:15:26,926 --> 00:15:28,510
ou se se arrepentía.

206
00:15:28,594 --> 00:15:31,138
Todo o que tiña que facer para salvarse

207
00:15:31,221 --> 00:15:33,849
era crer que Xesús era o fillo de Deus.

208
00:15:36,560 --> 00:15:38,979
Señor, non deixes que esquezamos

209
00:15:40,105 --> 00:15:43,484
que es un Deus bondadoso,
misericordioso e xusto.

210
00:15:44,818 --> 00:15:50,908
Pedímosche poder practicar
a misericordia e o perdón nas nosas vidas

211
00:15:51,408 --> 00:15:54,954
do mesmo xeito que ti
os practicas con nós.

212
00:15:55,955 --> 00:15:59,541
No nome do Pai,
do Fillo e do Espírito Santo.

213
00:16:00,459 --> 00:16:01,502
Amén.

214
00:16:01,585 --> 00:16:02,461
Amén.

215
00:16:03,879 --> 00:16:04,838
E Sandra?

216
00:16:04,922 --> 00:16:07,758
Está ben. Xa logo vai ter
o seu segundo fillo.

217
00:16:07,841 --> 00:16:10,636
Louvado sexa o Señor. Neno ou nena?

218
00:16:10,719 --> 00:16:13,764
Aínda non o sabemos.
Saberémolo a semana que vén.

219
00:16:14,306 --> 00:16:16,684
- Dálle recordos cando a vexas.
- Claro.

220
00:16:17,768 --> 00:16:20,854
Para que querías verme, logo?

221
00:16:24,483 --> 00:16:25,567
Verá, pastor…

222
00:16:28,737 --> 00:16:34,201
O que dixo na súa oración de clausura
de hoxe sobre o perdón,

223
00:16:35,244 --> 00:16:36,245
a misericordia…

224
00:16:36,328 --> 00:16:39,039
Sei que, como cristiáns,
é o que debemos facer.

225
00:16:39,123 --> 00:16:41,458
Todos fallamos ás veces e,

226
00:16:41,542 --> 00:16:46,005
nun momento ou outro,
todos merecemos a graza de Deus.

227
00:16:53,679 --> 00:16:55,764
Pero no que respecta a Jeff Dahmer,

228
00:16:57,349 --> 00:16:58,809
non podo perdoalo.

229
00:17:01,979 --> 00:17:05,816
A pesar de que, se cadra,
ten algún problema no cerebro

230
00:17:05,899 --> 00:17:08,485
e non foi quen de se controlar…

231
00:17:11,655 --> 00:17:12,614
Non podo.

232
00:17:14,450 --> 00:17:18,495
O meu corazón está cheo de odio.

233
00:17:21,582 --> 00:17:22,541
De vinganza.

234
00:17:24,710 --> 00:17:29,798
Pensei que se pasaba o resto
da súa vida na cadea sería suficiente.

235
00:17:32,217 --> 00:17:33,177
Pero non o é.

236
00:17:38,640 --> 00:17:40,184
Quero velo sufrir.

237
00:17:43,103 --> 00:17:45,022
Até teño pesadelos sobre iso.

238
00:17:47,149 --> 00:17:51,070
Véxome a min mesma facéndolle dano.

239
00:17:55,199 --> 00:17:56,450
Provocándolle dor,

240
00:17:57,993 --> 00:18:00,954
obrigándoo a pedir clemencia.

241
00:18:04,625 --> 00:18:06,210
Teño medo, pastor.

242
00:18:09,088 --> 00:18:10,214
Teño tanto medo…

243
00:18:12,758 --> 00:18:17,346
Só desexo superar estes sentimentos,

244
00:18:17,429 --> 00:18:18,972
é dicir, poder…

245
00:18:20,516 --> 00:18:24,186
vivir sen esta sede de vinganza.

246
00:18:25,395 --> 00:18:27,648
Poder estar mellor.

247
00:18:27,731 --> 00:18:32,945
Se cadra non chegar a perdoalo,
pero achegarme, polo menos.

248
00:18:38,617 --> 00:18:42,704
Porque se deixo que o odio
e a ira me sigan consumindo…

249
00:18:46,625 --> 00:18:48,919
xa non me vou recoñecer a min mesma.

250
00:18:55,092 --> 00:18:56,593
Tes un gran corazón.

251
00:18:57,803 --> 00:19:01,098
Iso pode ser ao tempo
unha beizón e unha maldición.

252
00:19:01,890 --> 00:19:06,520
Tes todo o dereito do mundo
a sentirte así e a ter eses pensamentos.

253
00:19:06,603 --> 00:19:09,148
Pero como podo paralos?

254
00:19:09,231 --> 00:19:10,190
Non podes.

255
00:19:11,942 --> 00:19:12,776
Non podes.

256
00:19:12,860 --> 00:19:17,739
Só podes rezar para teres forza e pedirlle
a Deus que te guíe todos os días.

257
00:19:20,284 --> 00:19:22,536
E se cadra vir á igrexa máis a miúdo.

258
00:19:24,204 --> 00:19:26,707
Xa.

259
00:19:28,667 --> 00:19:30,419
Non será dun día para outro.

260
00:19:32,421 --> 00:19:33,547
Leva tempo.

261
00:19:35,215 --> 00:19:40,137
E entón, un día, pode que
nun mes, pode que nun ano,

262
00:19:42,181 --> 00:19:44,349
verás a cara de Jeffrey Dahmer

263
00:19:45,267 --> 00:19:46,768
e non sentirás nada.

264
00:20:05,537 --> 00:20:06,997
- Ola, papá.
- Ola, Jeff.

265
00:20:07,080 --> 00:20:07,915
Como andas?

266
00:20:07,998 --> 00:20:09,583
- Alédame verte.
- E a min.

267
00:20:09,666 --> 00:20:11,251
- Véseche ben.
- Grazas.

268
00:20:11,335 --> 00:20:12,461
Pareces máis san.

269
00:20:12,544 --> 00:20:13,962
- Si?
- Si.

270
00:20:15,964 --> 00:20:19,885
Igual é polas pastillas.
Danme o Prozac ese.

271
00:20:20,719 --> 00:20:22,054
- Ah, si?
- Si.

272
00:20:22,137 --> 00:20:23,680
E que, axúdache?

273
00:20:23,764 --> 00:20:26,433
Si, creo que me axuda a estar equilibrado.

274
00:20:27,893 --> 00:20:31,730
Aquí non hai alcohol. Creo que era
boa parte do meu problema.

275
00:20:31,813 --> 00:20:33,649
Si, eu tamén o penso.

276
00:20:36,151 --> 00:20:37,778
Estrañas beber?

277
00:20:38,904 --> 00:20:40,739
A todas horas, todos os días.

278
00:20:40,822 --> 00:20:41,823
Xa.

279
00:20:41,907 --> 00:20:44,910
Seguramente é boa cousa
que non o poida conseguir.

280
00:20:49,498 --> 00:20:51,124
Pensei en ti e en Shari.

281
00:20:51,208 --> 00:20:54,753
Deberiades ir de vacacións
co diñeiro do libro.

282
00:20:54,836 --> 00:20:57,005
Ah, o libro, xa.

283
00:20:58,966 --> 00:21:00,676
O libro non tivo moito éxito.

284
00:21:01,385 --> 00:21:05,097
As críticas eran boas,
pero… E entendo por que.

285
00:21:05,180 --> 00:21:06,473
Creo que moita xente…

286
00:21:08,267 --> 00:21:11,979
pensou que intentaba lucrarme
á conta das vítimas e demais.

287
00:21:12,062 --> 00:21:15,107
Non é verdade, pero que lle imos facer?

288
00:21:15,774 --> 00:21:18,819
Estaba condenado
desde o principio, así que…

289
00:21:22,739 --> 00:21:23,615
Xa.

290
00:21:28,662 --> 00:21:30,289
Debo dicirche unha cousa.

291
00:21:31,456 --> 00:21:33,250
Algo que planeo facer.

292
00:21:36,962 --> 00:21:38,505
Quero bautizarme.

293
00:21:40,507 --> 00:21:43,552
Jeff, iso é marabilloso, fillo.

294
00:21:46,138 --> 00:21:47,639
Imaxinei que te aledaría.

295
00:21:48,557 --> 00:21:51,268
O único problema é que aquí non teñen pía

296
00:21:51,351 --> 00:21:55,230
e aínda teño que atopar
alguén que me bautice.

297
00:21:55,314 --> 00:21:57,649
Isto é… Isto é estupendo.

298
00:21:59,401 --> 00:22:00,610
É estupendo.

299
00:22:01,778 --> 00:22:02,946
E tamén…

300
00:22:06,575 --> 00:22:10,329
O bautismo consiste
en limpar todos os pecados dun.

301
00:22:13,540 --> 00:22:17,836
Que Deus te perdoe
é unha cousa. Sei que pode, pero…

302
00:22:19,838 --> 00:22:22,299
Supoño que o que quería preguntarche é…

303
00:22:27,429 --> 00:22:29,139
se me poderás perdoar.

304
00:22:37,814 --> 00:22:38,690
Claro.

305
00:22:40,984 --> 00:22:42,361
Perdoareite, fillo.

306
00:22:45,405 --> 00:22:46,365
Perdóote.

307
00:22:47,491 --> 00:22:48,367
Xa te perdoei.

308
00:22:51,119 --> 00:22:52,371
Es o meu fillo.

309
00:22:57,709 --> 00:22:58,585
Si.

310
00:23:00,796 --> 00:23:01,755
Que ben.

311
00:23:05,300 --> 00:23:06,301
Grazas, papá.

312
00:23:26,363 --> 00:23:27,364
Ola.

313
00:23:28,115 --> 00:23:30,659
Glenda, grazas por vir.

314
00:23:30,742 --> 00:23:32,035
Grazas por invitarme.

315
00:23:32,119 --> 00:23:34,371
Os de Laos si que saben facer vodas.

316
00:23:34,913 --> 00:23:35,956
Sente, por favor.

317
00:23:39,668 --> 00:23:40,502
Whisky?

318
00:23:40,585 --> 00:23:41,586
Non, estou ben.

319
00:23:41,670 --> 00:23:42,671
É a tradición.

320
00:23:44,423 --> 00:23:45,674
Vale, logo.

321
00:23:59,020 --> 00:24:00,313
Que forte está.

322
00:24:01,481 --> 00:24:03,150
Non lle mande moitos destes,

323
00:24:03,233 --> 00:24:05,902
que igual nin lembra a voda do seu fillo.

324
00:24:09,364 --> 00:24:11,032
Alégrome moito, Sounthone.

325
00:24:12,200 --> 00:24:14,619
Vostede e a súa familia merecen isto,

326
00:24:14,703 --> 00:24:17,581
especialmente despois de todo o que pasou.

327
00:24:19,291 --> 00:24:20,584
Hoxe é un bo día.

328
00:24:27,048 --> 00:24:29,050
Intento estar feliz pola familia.

329
00:24:30,385 --> 00:24:33,930
Sorrío. Intento ser forte.

330
00:24:36,266 --> 00:24:40,812
Sigo esperando a sentirme
como me sentía antes.

331
00:24:42,481 --> 00:24:43,857
Pero cada vez é peor.

332
00:24:45,150 --> 00:24:47,194
Porque todas as mañás érgome

333
00:24:48,069 --> 00:24:51,698
e lembro que Jeffrey Dahmer segue vivo.

334
00:24:53,617 --> 00:24:54,951
Pero Konerak non.

335
00:24:56,495 --> 00:24:57,579
O meu fillo non.

336
00:24:58,788 --> 00:24:59,748
Enténdoo.

337
00:25:02,626 --> 00:25:07,506
Se cadra o mellor que podemos facer
é seguir finxindo que somos fortes.

338
00:25:08,423 --> 00:25:12,552
E, ao final, algún día, quizais
esquezamos que estabamos finxindo.

339
00:25:24,648 --> 00:25:25,941
Veña, Sounthone.

340
00:25:26,024 --> 00:25:28,777
Vamos á pista a ensinarlles como se baila.

341
00:25:36,618 --> 00:25:37,744
De acordo.

342
00:25:40,539 --> 00:25:42,290
"Dahmer contra Xesús?"

343
00:25:43,500 --> 00:25:44,417
En serio?

344
00:25:44,501 --> 00:25:47,337
É o último número
da súa serie <i>Jeffrey Dahmer</i>.

345
00:25:48,505 --> 00:25:51,132
Cando crías
que non se podía caer máis baixo…

346
00:25:51,216 --> 00:25:55,053
Isto é de enfermos.
Están a convertelo nun superheroe.

347
00:25:55,136 --> 00:25:57,681
- Liberdade de expresión… A cona.
- Abofé.

348
00:25:57,764 --> 00:26:02,018
Aínda que non sei se deberiamos
estar máis ofendidas nós ou Xesús.

349
00:26:02,102 --> 00:26:03,395
Que facemos, entón?

350
00:26:03,478 --> 00:26:05,438
Eu digo poñermos outra demanda.

351
00:26:05,522 --> 00:26:08,692
Pero perdemos a última.
Non perderemos de novo?

352
00:26:08,775 --> 00:26:10,068
Podería ser.

353
00:26:10,151 --> 00:26:11,778
Entón merece a pena?

354
00:26:11,861 --> 00:26:15,490
Dis que deberiamos esquecer
e perdoar o que fixo Dahmer

355
00:26:15,574 --> 00:26:18,159
e deixar que estes
sigan lucrándose con el?

356
00:26:18,243 --> 00:26:21,955
Por que imos gastar
tanta enerxía en pór outra demanda

357
00:26:22,038 --> 00:26:24,332
se ao final imos perder outra vez?

358
00:26:24,416 --> 00:26:26,334
Porque manda unha mensaxe.

359
00:26:27,335 --> 00:26:31,631
Recórdalles ás persoas
que Jeff Dahmer non é un superheroe.

360
00:26:31,715 --> 00:26:33,508
É un asasino en serie.

361
00:26:35,594 --> 00:26:40,098
Tamén lles recorda que os nosos fillos
non eran só as vítimas de Jeff Dahmer.

362
00:26:40,181 --> 00:26:43,018
Eran persoas de verdade. Vivían.

363
00:26:43,977 --> 00:26:46,146
Cantaban no coro,

364
00:26:46,229 --> 00:26:49,608
adoraban bailar, metíanse coas súas irmás.

365
00:26:50,108 --> 00:26:53,278
Eran mozos que tiñan
esperanza e soños para o futuro.

366
00:26:54,112 --> 00:26:55,155
E nais…

367
00:26:57,574 --> 00:26:59,534
que os querían.

368
00:27:01,119 --> 00:27:03,121
Aínda que perdamos o xuízo,

369
00:27:03,204 --> 00:27:07,709
se damos transmitido
esa mensaxe, gañaremos sen gañarmos.

370
00:27:13,048 --> 00:27:15,342
Sei que non vou ler isto,

371
00:27:15,425 --> 00:27:19,262
pero espero que Xesús lle dea
unha boa tunda a Jeffrey Dahmer.

372
00:27:31,232 --> 00:27:32,692
Non mire directamente.

373
00:27:33,568 --> 00:27:34,819
Poña isto.

374
00:27:34,903 --> 00:27:35,779
Grazas.

375
00:27:36,488 --> 00:27:39,366
Fai difícil dubidar
que exista Deus, non si?

376
00:27:39,449 --> 00:27:41,326
Un eclipse total de Sol.

377
00:27:43,203 --> 00:27:45,330
<i>Á hora da execución de John W. Gacy.</i>

378
00:27:46,122 --> 00:27:48,458
<i>O día no que bautizan a Jeffrey Dahmer.</i>

379
00:27:48,541 --> 00:27:51,920
Usamos isto para rehabilitacións
e cousas así. Sérvelle?

380
00:27:53,588 --> 00:27:54,964
Si, penso que si.

381
00:27:55,840 --> 00:27:57,008
Precisa algo máis?

382
00:27:57,884 --> 00:27:59,844
Estanme dando todo o que pido.

383
00:27:59,928 --> 00:28:01,596
Crin que sería máis difícil.

384
00:28:02,472 --> 00:28:03,682
A relixión dá paz.

385
00:28:05,392 --> 00:28:07,894
<i>Mire, alguacil. Falei con el e dígolle</i>

386
00:28:07,977 --> 00:28:09,854
<i>o que lles dixen aos capeláns.</i>

387
00:28:09,938 --> 00:28:13,942
Dahmer quere a salvación. É de verdade.

388
00:28:15,068 --> 00:28:16,444
<i>John Wayne Gacy,</i>

389
00:28:16,528 --> 00:28:18,238
ten unhas últimas palabras?

390
00:28:22,075 --> 00:28:23,326
Que vos parece…

391
00:28:24,369 --> 00:28:26,496
Comédeme o carallo?

392
00:28:28,373 --> 00:28:29,833
Parécevos ben?

393
00:28:31,710 --> 00:28:32,836
Onde vas, J. D.?

394
00:28:33,503 --> 00:28:34,879
Voume bautizar.

395
00:28:36,256 --> 00:28:37,507
Ben por ti, Jeff.

396
00:29:00,488 --> 00:29:01,948
Fixéroncho para ti?

397
00:29:02,532 --> 00:29:04,033
Si. Está ben, verdade?

398
00:29:04,117 --> 00:29:05,744
<i>Unha señora de Oklahoma.</i>

399
00:29:24,262 --> 00:29:25,722
Que fillo de puta.

400
00:29:32,812 --> 00:29:35,607
Jeff, eu bautízote

401
00:29:35,690 --> 00:29:37,400
<i>no nome do Pai…</i>

402
00:29:39,277 --> 00:29:40,361
<i>do Fillo…</i>

403
00:29:41,946 --> 00:29:43,156
<i>e do Espírito Santo</i>

404
00:29:44,240 --> 00:29:45,867
para o perdón dos pecados.

405
00:29:47,035 --> 00:29:48,578
Non sei que facer.

406
00:29:48,661 --> 00:29:51,623
Señor, Deus todopoderoso, tes que dicirmo!

407
00:29:52,123 --> 00:29:54,000
<i>Tes que dicirme que facer!</i>

408
00:30:22,403 --> 00:30:24,656
Hora oficial da morte: 12:58.

409
00:30:31,287 --> 00:30:33,456
- Benvido á familia de Deus.
- Si.

410
00:30:35,750 --> 00:30:37,502
Parabéns, Jeff.

411
00:30:38,920 --> 00:30:40,046
Estás salvado.

412
00:30:43,466 --> 00:30:44,467
Grazas.

413
00:30:46,261 --> 00:30:47,262
Grazas.

414
00:30:47,345 --> 00:30:48,805
<i>Fálame, Señor.</i>

415
00:30:50,390 --> 00:30:52,100
<i>Dime que debo facer.</i>

416
00:30:53,685 --> 00:30:54,686
E fareino.

417
00:31:01,609 --> 00:31:06,614
A SAGRADA BIBLIA
ATOPARÁS FORZA PARA SEGUIRES

418
00:31:26,885 --> 00:31:27,969
A traballar.

419
00:31:44,485 --> 00:31:46,112
<i>Entón, J. D.,</i>

420
00:31:46,195 --> 00:31:48,531
que farás cos teus 25 centavos á hora?

421
00:31:48,615 --> 00:31:51,618
Fundilos en porno ou cigarros?

422
00:31:52,577 --> 00:31:53,411
Non sei.

423
00:31:53,494 --> 00:31:55,371
Seguramente dareillos á Igrexa.

424
00:31:57,040 --> 00:31:58,583
Pois que merda.

425
00:32:06,674 --> 00:32:07,592
Enganáchesme.

426
00:32:07,675 --> 00:32:09,344
Só estou de broma, home.

427
00:32:21,272 --> 00:32:22,190
A traballar.

428
00:32:54,222 --> 00:32:56,975
Ei, rapaces. Hoxe tedes axuda.

429
00:33:01,187 --> 00:33:02,063
Claro.

430
00:33:03,606 --> 00:33:04,607
Por min ben.

431
00:33:27,547 --> 00:33:30,216
Vou limpar os vestiarios.
Bótasme unha man?

432
00:33:30,717 --> 00:33:31,592
Vale.

433
00:34:27,148 --> 00:34:28,191
Jesse?

434
00:34:39,744 --> 00:34:40,953
Que lle fixeches?

435
00:34:42,205 --> 00:34:43,456
Non chores por el.

436
00:34:45,958 --> 00:34:47,251
Matou a muller.

437
00:34:47,752 --> 00:34:51,464
Apuñalouna na cara cinco veces
e intentou culpar dous negros.

438
00:34:53,299 --> 00:34:54,509
Incríbel, non si?

439
00:34:58,930 --> 00:35:01,599
Pero non é nada comparado co teu, Dahmer.

440
00:35:08,022 --> 00:35:10,108
Ti non só os asasinaches.

441
00:35:11,526 --> 00:35:13,194
Ti profanaches os corpos.

442
00:35:13,945 --> 00:35:15,738
Comiches a súa carne.

443
00:35:15,822 --> 00:35:17,115
Respóndeme, Dahmer!

444
00:35:18,449 --> 00:35:19,909
De verdade os comiches?

445
00:35:22,453 --> 00:35:23,371
Comín, si.

446
00:35:26,249 --> 00:35:27,750
E ese neno de 14 anos…

447
00:35:30,962 --> 00:35:32,463
- Si.
- Pero que carallo…?

448
00:35:33,756 --> 00:35:35,174
Por que o fixeches?

449
00:35:36,551 --> 00:35:37,593
Gozáchelo?

450
00:35:38,511 --> 00:35:39,512
Estaba perdido.

451
00:35:40,972 --> 00:35:42,390
Afasteime de Deus.

452
00:35:43,474 --> 00:35:44,851
Entón cres en Deus?

453
00:35:45,852 --> 00:35:47,603
Creo, si.

454
00:35:48,563 --> 00:35:50,148
Volvín a Deus.

455
00:35:52,483 --> 00:35:53,401
Sinto…

456
00:35:55,862 --> 00:35:56,779
que cambiei.

457
00:36:02,076 --> 00:36:03,411
Eu tamén creo en Deus.

458
00:36:07,039 --> 00:36:08,791
Pero o meu Deus é vingativo.

459
00:36:09,292 --> 00:36:11,252
E El castiga o mal.

460
00:36:12,503 --> 00:36:14,046
Leva niso moito tempo.

461
00:36:15,089 --> 00:36:17,633
Cando non o dá feito
el mesmo, manda navíos

462
00:36:17,717 --> 00:36:19,302
a impor a súa xustiza.

463
00:36:22,555 --> 00:36:24,182
O Señor faloume, Dahmer.

464
00:36:26,976 --> 00:36:29,645
Pediume que te castigase

465
00:36:29,729 --> 00:36:34,192
por todas as vidas inocentes que segaches
e as familias que destruíches.

466
00:36:35,276 --> 00:36:39,780
Podes convencerte a ti mesmo
de que Deus te perdoou.

467
00:36:42,033 --> 00:36:44,076
Mais nunca fuxirás da ira de Deus.

468
00:36:46,662 --> 00:36:48,164
Sempre te acaba collendo.

469
00:36:50,249 --> 00:36:51,209
Sempre.

470
00:36:54,003 --> 00:36:56,088
Ves, Dahmer?

471
00:36:59,342 --> 00:37:00,509
Eu son o seu navío.

472
00:37:04,597 --> 00:37:05,681
Entendes?

473
00:37:20,029 --> 00:37:20,988
Vale.

474
00:37:35,253 --> 00:37:37,505
Prestábache ver homes sufrindo, non?

475
00:37:48,724 --> 00:37:50,059
E ese neno de 14 anos,

476
00:37:50,726 --> 00:37:52,728
ao lle faceres cousas horríbeis.

477
00:37:52,812 --> 00:37:53,771
Non.

478
00:37:54,939 --> 00:37:57,733
Drogábaos primeiro
para que non sentisen nada.

479
00:38:02,405 --> 00:38:03,322
Pois, Dahmer,

480
00:38:04,740 --> 00:38:06,701
ti vas sentir cada segundo disto.

481
00:39:02,173 --> 00:39:03,549
No nome do Pai…

482
00:39:05,551 --> 00:39:06,510
do Fillo,

483
00:39:08,095 --> 00:39:09,513
e do Espírito Santo.

484
00:39:14,977 --> 00:39:16,062
Amén.

485
00:39:38,292 --> 00:39:39,168
Diga?

486
00:39:40,127 --> 00:39:41,087
Si, son eu.

487
00:39:43,339 --> 00:39:44,256
Ai, non.

488
00:39:45,466 --> 00:39:46,967
Vale, imos deseguida.

489
00:39:50,846 --> 00:39:52,890
- Señor Dahmer…
- Está ben?

490
00:39:53,391 --> 00:39:54,225
Pois…

491
00:39:56,227 --> 00:39:57,478
Teño malas noticias.

492
00:39:57,561 --> 00:39:58,479
Non.

493
00:40:47,695 --> 00:40:49,238
Xesús, Jeff. Síntoo.

494
00:41:07,089 --> 00:41:08,007
Quérote.

495
00:41:11,177 --> 00:41:13,304
Quíxente desde o día que naciches.

496
00:41:16,056 --> 00:41:18,100
E querereite até o día que morra.

497
00:41:52,635 --> 00:41:53,552
Que?

498
00:41:54,428 --> 00:41:56,096
Non dixen nada, ou si?

499
00:42:04,772 --> 00:42:06,732
Señor Dahmer, señora Flint?

500
00:42:09,860 --> 00:42:10,778
Por favor.

501
00:42:13,447 --> 00:42:14,657
<i>Non entendo.</i>

502
00:42:14,740 --> 00:42:19,078
A Jeff incinerárono. Mandáronnos
os restos a Shari e a min hai 2 semanas.

503
00:42:19,161 --> 00:42:20,454
A metade dos restos.

504
00:42:21,038 --> 00:42:23,541
A outra metade
mandáronma a min, a súa nai.

505
00:42:23,624 --> 00:42:26,418
Despois de que matasen o seu fillo,

506
00:42:26,502 --> 00:42:29,088
fíxoselle a autopsia, naturalmente.

507
00:42:29,171 --> 00:42:32,132
Cando se fai iso, o corpo… Xa sabe…

508
00:42:32,216 --> 00:42:33,050
Disécase?

509
00:42:33,133 --> 00:42:34,927
Lionel sábeo todo sobre iso.

510
00:42:35,010 --> 00:42:37,555
El espertou o interese de Jeff polo tema.

511
00:42:37,638 --> 00:42:39,598
Estás feita unha boa peza, Joyce.

512
00:42:39,682 --> 00:42:41,517
Señores, poderiamos…?

513
00:42:42,184 --> 00:42:46,230
O cerebro extraeuse
para determinar a causa da morte.

514
00:42:46,313 --> 00:42:49,483
A señora Flint pensa
que agora temos unha oportunidade

515
00:42:49,567 --> 00:42:51,527
de sacar algo bo de todo isto.

516
00:42:51,610 --> 00:42:55,906
Os científicos da Universidade de Fresno
queren estudar o cerebro de Jeff.

517
00:42:57,283 --> 00:42:59,243
Agarde, non comprendo.

518
00:42:59,827 --> 00:43:03,038
Onde estivo o cerebro todo este tempo?
Onde está agora?

519
00:43:03,664 --> 00:43:04,623
En Madison.

520
00:43:06,250 --> 00:43:09,587
<i>No laboratorio forense</i>
<i>da Universidade de Wisconsin.</i>

521
00:43:12,756 --> 00:43:13,757
Non pode ser.

522
00:43:13,841 --> 00:43:16,552
Lionel, por favor. Escoita por unha vez.

523
00:43:16,635 --> 00:43:17,803
Fixo testamento.

524
00:43:18,679 --> 00:43:21,974
Quería que o incinerasen canto antes.
O corpo enteiro.

525
00:43:22,057 --> 00:43:24,101
O cerebro é parte do corpo, non?

526
00:43:24,810 --> 00:43:27,646
Nin cadaleito aberto
nin enterro nin lápida.

527
00:43:27,730 --> 00:43:30,107
Se tanto che importan os seus desexos,

528
00:43:30,190 --> 00:43:32,276
por que lle fixeches un funeral?

529
00:43:32,359 --> 00:43:34,320
Só viñeron uns amigos da familia.

530
00:43:34,403 --> 00:43:35,779
Pero a súa nai non.

531
00:43:36,739 --> 00:43:40,284
O cerebro incinérase.
Debeuse queimar xa co resto do corpo.

532
00:43:40,367 --> 00:43:44,413
Lionel, temos unha oportunidade
de descubrir por que era como era.

533
00:43:45,247 --> 00:43:46,915
Foi algo co que naceu?

534
00:43:48,167 --> 00:43:50,669
Se cadra, tiña un tumor pequeno.

535
00:43:50,753 --> 00:43:54,840
Penso que os dous temos unha idea
de por que Jeff era como era, non?

536
00:43:54,923 --> 00:43:56,300
Que pouca vergonza.

537
00:43:56,383 --> 00:43:58,969
Mira, isto mesmo xa o fixeron

538
00:43:59,053 --> 00:44:01,722
con ese tal John Wayne Gacy.

539
00:44:01,805 --> 00:44:05,517
Sacáronlle o cerebro
e cortárono en liscos e demais.

540
00:44:05,601 --> 00:44:08,145
A que conclusión chegaron? Normal de todo.

541
00:44:08,228 --> 00:44:10,356
Iso é o que van dicir do de Jeff.

542
00:44:10,439 --> 00:44:11,523
Como o sabes?

543
00:44:14,443 --> 00:44:16,695
A resposta é "non", Joyce.

544
00:44:17,529 --> 00:44:18,405
Non vai pasar.

545
00:44:19,281 --> 00:44:21,950
Creo que debemos tentar deixar isto atrás.

546
00:44:22,034 --> 00:44:26,205
Deixa de estiralo e pasa páxina.

547
00:44:28,832 --> 00:44:33,879
Señor Dahmer, a señora Flint
levará isto aos tribunais.

548
00:44:34,880 --> 00:44:36,131
Si, seguro que si.

549
00:44:38,884 --> 00:44:42,304
Se te portas ben, ao chegarmos
déixoche ver os debuxos, si?

550
00:44:43,347 --> 00:44:45,432
Moi ben, a ver.

551
00:44:46,600 --> 00:44:49,144
Teñen Oreo, Chips Ahoy e Kee…

552
00:44:49,228 --> 00:44:51,313
Galletas!

553
00:44:51,397 --> 00:44:52,648
Vale, cales queres?

554
00:44:52,731 --> 00:44:54,233
Todas!

555
00:44:54,942 --> 00:44:58,404
Vouche coller dúas. Sabes por que?
Porque es un consentido.

556
00:44:58,487 --> 00:45:02,282
E sabes por que es un consentido?
Porque es o pillabán da avoa.

557
00:45:02,950 --> 00:45:04,993
Veña, axúdame a meter as cousas.

558
00:45:05,077 --> 00:45:06,912
Axúdasme coma un neno grande?

559
00:45:10,416 --> 00:45:13,377
MORTE DUN TOLO
OS XEFES DA MAFIA MATARON O CANÍBAL

560
00:45:13,460 --> 00:45:14,545
Seguinte.

561
00:45:16,463 --> 00:45:20,217
O tribunal recoñece que esta
é unha situación algo inusual.

562
00:45:20,300 --> 00:45:24,054
Nunca me atopei con algo así
e seguramente non o volverei facer.

563
00:45:25,222 --> 00:45:28,642
Os pais do falecido
teñen intereses opostos.

564
00:45:28,726 --> 00:45:32,980
Recoñezo a declaración
de vontades de Jeffrey Dahmer.

565
00:45:34,565 --> 00:45:37,526
Tamén me preocupa
o tema de pechar este asunto.

566
00:45:37,609 --> 00:45:42,531
Este é un capítulo terríbel
da historia da humanidade, por así dicilo.

567
00:45:43,490 --> 00:45:45,576
Creo que sería bo para a xente

568
00:45:45,659 --> 00:45:49,079
e para todos os interesados
dálo por pechado.

569
00:45:50,581 --> 00:45:54,668
Que se resolva dunha vez por todas
para podermos seguir adiante.

570
00:45:56,545 --> 00:45:57,463
Polo tanto…

571
00:46:00,007 --> 00:46:02,301
ordeno a destrución do cerebro.

572
00:46:10,142 --> 00:46:14,688
<i>Tamén debo dicir que me opoño</i>
<i>á mesma natureza desta investigación.</i>

573
00:46:16,190 --> 00:46:19,151
<i>Cando falamos</i>
<i>dun individuo coma o falecido,</i>

574
00:46:19,943 --> 00:46:22,780
<i>sempre hai a tentación de intentar saber,</i>

575
00:46:22,863 --> 00:46:24,782
<i>de coñecer definitivamente</i>

576
00:46:24,865 --> 00:46:27,326
<i>por que alguén coma Jeffrey Dahmer</i>

577
00:46:27,409 --> 00:46:28,535
<i>é o que é.</i>

578
00:46:29,328 --> 00:46:30,579
<i>Ou era.</i>

579
00:46:32,414 --> 00:46:34,833
<i>Eu penso que iso é moi perigoso.</i>

580
00:46:36,627 --> 00:46:39,463
<i>Con alguén coma el,</i>
<i>non hai respostas simples.</i>

581
00:46:41,465 --> 00:46:43,675
DAHMER, JEFFREY
21/05/1960 - 28/11/1994

582
00:46:43,759 --> 00:46:46,386
<i>Nunca saberán por que fixo o que fixo.</i>

583
00:46:51,266 --> 00:46:55,854
É unha verdade incómoda,
sen dúbida, pero deben aceptala.

584
00:47:09,493 --> 00:47:12,329
Grazas por atenderme hoxe, señora Yang.

585
00:47:12,412 --> 00:47:14,957
Grazas pola súa paciencia,
señora Cleveland.

586
00:47:15,040 --> 00:47:16,959
- Xa moveramos a cita.
- Sete.

587
00:47:17,042 --> 00:47:18,168
Desculpe?

588
00:47:18,252 --> 00:47:19,336
Sete veces.

589
00:47:19,878 --> 00:47:23,048
É o número de veces
que cambiaron esta cita.

590
00:47:23,131 --> 00:47:24,132
Pero está ben.

591
00:47:24,883 --> 00:47:27,845
É como todas as veces
que chamei a policía.

592
00:47:27,928 --> 00:47:30,222
Estou afeita a ter que insistir.

593
00:47:31,014 --> 00:47:33,517
En que a podo axudar, señora Cleveland?

594
00:47:34,017 --> 00:47:38,730
Quería ver como vai o do parque.

595
00:47:39,648 --> 00:47:40,524
O parque?

596
00:47:41,149 --> 00:47:42,860
O parque homenaxe.

597
00:47:43,569 --> 00:47:49,074
Dixéronme que a cidade ía transformar
os Apartamentos Oxford de 25th Street

598
00:47:49,157 --> 00:47:51,577
nun parque despois de demolelos.

599
00:47:51,660 --> 00:47:55,747
Escribinlles unha carta na que dicía
que debían facer que o parque

600
00:47:55,831 --> 00:47:57,666
fose unha homenaxe ás vítimas.

601
00:47:57,749 --> 00:48:00,210
Contestoume cunha carta moi bonita,

602
00:48:00,294 --> 00:48:03,338
asinada e todo, na que dicía
que o terían en conta.

603
00:48:03,422 --> 00:48:04,965
Si, é certo.

604
00:48:05,048 --> 00:48:09,636
Estou aquí en nome dalgunhas das familias
das vítimas para que me poña ao día.

605
00:48:09,720 --> 00:48:13,724
O outro día pasei por alí
e segue sendo un soar baleiro.

606
00:48:13,807 --> 00:48:16,435
Quero dicir, xa pasaron case dous anos.

607
00:48:16,518 --> 00:48:18,186
Estou mirándoo no sistema

608
00:48:18,270 --> 00:48:21,982
e parece que estamos pendentes
de que se aproben uns permisos.

609
00:48:22,065 --> 00:48:23,609
E canto van tardar?

610
00:48:23,692 --> 00:48:27,529
Saberase cando Obras Públicas
faga a inspección de seguridade,

611
00:48:27,613 --> 00:48:31,283
que non pode empezar
até que Urbanismo faga a súa inspección.

612
00:48:31,366 --> 00:48:36,663
Señora Yang, o único
que pedimos é un raio de parque.

613
00:48:36,747 --> 00:48:38,081
Tan difícil non será.

614
00:48:38,165 --> 00:48:40,167
Non pedimos que fagan o Taj Mahal.

615
00:48:40,250 --> 00:48:44,546
Cómpre moita burocracia
para construír calquera cousa na cidade.

616
00:48:44,630 --> 00:48:47,174
Sei que é frustrante.

617
00:48:49,009 --> 00:48:50,135
Podo ser sincera?

618
00:48:51,178 --> 00:48:53,847
Aquí hai moita xente

619
00:48:53,931 --> 00:48:56,141
que non quere facer nada nese soar.

620
00:48:56,642 --> 00:48:58,644
Xa esqueceron o que pasou.

621
00:48:58,727 --> 00:49:01,063
Non todos podemos esquecer.

622
00:49:01,730 --> 00:49:05,734
Botaron abaixo o edificio,
pero iso non borra o que pasou.

623
00:49:05,817 --> 00:49:07,945
Só borra as vítimas.

624
00:49:08,028 --> 00:49:12,574
Só pedimos que poñan algo nese sitio

625
00:49:12,658 --> 00:49:14,326
para honrar a súa memoria.

626
00:49:14,409 --> 00:49:16,078
É o correcto.

627
00:49:16,161 --> 00:49:17,913
É o que se debe facer.

628
00:49:19,539 --> 00:49:23,335
Por favor, pode discutilo
co seu supervisor

629
00:49:23,418 --> 00:49:25,170
ou con quen poida facer algo?

630
00:49:25,253 --> 00:49:26,088
Por suposto.

631
00:49:26,171 --> 00:49:29,883
Farei todo o que estea
na miña man para acelerar o proceso.

632
00:49:30,717 --> 00:49:32,928
Pero estas cousas adoitan tardar.

633
00:49:33,011 --> 00:49:36,556
Coido que vostede e as familias
deberán esperar algo máis.

634
00:49:40,560 --> 00:49:42,062
Está ben, señora Yang.

635
00:49:43,355 --> 00:49:44,731
Estou afeita a esperar.

636
00:49:46,191 --> 00:49:48,652
<i>Estou decidida a ver isto feito.</i>

637
00:49:49,194 --> 00:49:50,237
<i>Polas vítimas.</i>

638
00:49:51,446 --> 00:49:52,447
<i>Polas familias.</i>

639
00:49:53,699 --> 00:49:57,911
<i>Non vou deixar que a xente só se lembre</i>
<i>de Jeff Dahmer e da súa maldade.</i>

640
00:49:59,246 --> 00:50:02,416
<i>Mentres teña alento, seguirei esperando.</i>

641
00:50:08,338 --> 00:50:11,508
Nunca se chegou a construír
o parque para as vítimas

642
00:50:11,591 --> 00:50:13,760
no lugar dos Apartamentos Oxford.

643
00:53:16,151 --> 00:53:19,070
Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso

