WEBVTT

00:12.458 --> 00:15.708
- Helicóptero 30, aquí U05.
- Adiante.

00:15.791 --> 00:19.583
Informamos dun coche
que encaixa co que fuxiu a semana pasada.

00:19.666 --> 00:23.041
Ford Taunus azul
con matrícula November Victor 34550.

00:23.125 --> 00:25.500
Perdémolo de vista hai un minuto.

00:25.583 --> 00:29.541
Ía ao norte cara a Marienlyst.
Estamos intentando localizalo.

00:29.625 --> 00:31.625
Recibido. Imos para alá.

00:41.708 --> 00:42.708
Grazas.

00:53.750 --> 00:54.750
Ola, xefe.

00:59.541 --> 01:00.416
Onde?

01:00.500 --> 01:03.333
Helicóptero 30.
Ao leste na rúa Marienlyst.

01:03.416 --> 01:04.958
Penso que nos viu.

01:05.041 --> 01:06.208
Acelerou.

01:10.583 --> 01:11.958
- Ola, Tom.
- Tes présa?

01:12.041 --> 01:14.750
O tolo do atraco.
Viron o coche co que fuxiu.

01:14.833 --> 01:16.583
Véxote logo?

01:16.666 --> 01:17.500
Chámote.

01:21.500 --> 01:24.250
- Harry, agarda!
- Unidades das zonas 2 e 3.

01:24.333 --> 01:29.375
Buscamos un Ford Taunus azul
con matrícula November Victor 34550.

01:29.458 --> 01:31.916
Bravo 41. É o noso caso. Imos para alá.

01:41.625 --> 01:45.166
Bravo 42. Estamos a 150 metros.
Vai cara a Majorstukrysset.

01:58.333 --> 02:00.333
Amodo! Vai amodo!

03:05.458 --> 03:06.583
CINCO ANOS DESPOIS

03:06.666 --> 03:08.000
As noticias das 10:00.

03:08.083 --> 03:11.541
Cada vez máis xente
pide que a policía leve armas de fogo.

03:11.625 --> 03:14.875
Hai máis armas ilegais en Oslo ca nunca

03:14.958 --> 03:19.791
e parece que un conflito entre bandas
está a piques de agravarse nos suburbios.

03:19.875 --> 03:24.125
Por outra banda,
continúa a vaga de calor en Oslo.

03:24.208 --> 03:27.625
Onte acadáronse os 31 graos.

04:13.083 --> 04:14.583
- Helge.
- Si?

04:15.166 --> 04:18.541
"A persoa con máis autoridade
abrirá a caixa de seguridade

04:18.625 --> 04:22.750
e meterá os cartos na maleta negra.
Ten 30 segundos.

04:22.833 --> 04:26.166
Se tarda máis,
quen está a ler isto levará un tiro."

04:30.875 --> 04:32.083
- Vinte e sete.
- Si.

04:32.166 --> 04:33.708
- Vinte e seis.
- Agarda.

04:36.625 --> 04:39.041
- Vinte segundos.
- Xa, agarda, teño que…

04:41.625 --> 04:42.791
Dezasete.

04:43.375 --> 04:45.458
A da cinta verde, Helge.

04:47.125 --> 04:48.916
Agarda.

04:49.500 --> 04:50.333
Sete.

04:51.583 --> 04:52.708
Cinco.

04:57.500 --> 05:00.416
- Dous, Helge!
- Xa! Só teño que…

05:07.625 --> 05:11.000
- Teño que abrir a outra fechadura.
- Dous, Helge!

05:11.083 --> 05:13.000
- Dous, Helge!
- Si, xa!

05:24.041 --> 05:25.458
Toma.

05:28.666 --> 05:30.583
Foron seis segundos de máis.

05:55.791 --> 05:56.750
Harry?

06:01.791 --> 06:03.000
Harry?

06:06.250 --> 06:08.958
- Que raio fas?
- Traballar, xefe.

06:11.333 --> 06:14.375
O atraco dese banco
foi hai máis de cinco anos.

06:14.458 --> 06:15.291
E que?

06:15.375 --> 06:19.000
Non é bo para ninguén reabrir ese caso,
especialmente para ti.

06:20.000 --> 06:21.000
Vale.

06:22.375 --> 06:24.791
Ellen, preciso
alguén con habilidade social.

06:25.916 --> 06:28.291
Ven, está aquí a experta en biometría.

06:28.916 --> 06:31.500
A que veu do equipo forense de Estocolmo.

06:31.583 --> 06:33.166
Tíñaste que encargar diso.

06:33.250 --> 06:35.416
- Eu?
- Díxencho.

06:35.500 --> 06:38.250
Pensei que estabas de broma. Eu non teño…

06:38.333 --> 06:41.458
Habilidade social?
Sociabilidade? Liderado?

06:42.041 --> 06:44.625
Pódeste controlar simplemente?

06:44.708 --> 06:47.541
Proba a lidar
con xente normal por unha vez.

06:49.125 --> 06:52.291
- Veña.
- Ola, Beate. Harry.

06:52.375 --> 06:54.500
- Lønn. Beate Lønn.
- Ola. Harry.

06:54.583 --> 06:56.875
- Ellen Gjelten.
- Es sueca?

06:58.083 --> 07:00.500
Son, si.

07:01.041 --> 07:03.250
Non será… Hai algún problema?

07:03.833 --> 07:07.750
Non, non teño nada
contra os suecos, en xeral.

07:33.625 --> 07:34.458
Ola.

07:35.083 --> 07:36.875
Aspiras á Delta, non si?

07:39.166 --> 07:42.375
Piden 270 de 300. Son esixentes.

07:44.333 --> 07:45.875
Oe, ensínoche unha cousa?

07:45.958 --> 07:47.000
Claro, por favor.

07:47.083 --> 07:49.125
Ben, ponte como estabas.

07:51.666 --> 07:53.208
Vaia merda de postura.

07:54.416 --> 07:56.833
Perna dereita atrás, mellora o apoio.

07:58.291 --> 08:01.791
Bótate un pouco cara a adiante
e relaxa os ombreiros.

08:03.416 --> 08:05.083
- Reláxate.
- Xa.

08:06.291 --> 08:07.750
Controla a respiración.

08:09.208 --> 08:12.625
Non penses nada. Non sintas nada.
Só existe o obxectivo.

08:13.791 --> 08:15.500
Mergúllate no obxectivo.

08:16.208 --> 08:18.375
Respira. Dispara.

08:19.166 --> 08:20.000
Dispara.

08:20.791 --> 08:21.791
Dispara.

08:22.458 --> 08:23.625
Dispara.

08:23.708 --> 08:25.166
Baixa a pistola.

08:27.166 --> 08:29.250
Mira. Ti podes.

08:30.583 --> 08:32.083
Avísame se precisas algo.

08:32.166 --> 08:33.875
CAPITÁN DE POLICÍA

08:35.750 --> 08:38.416
Iso é unha Ceska Zbrojovka.

08:38.500 --> 08:42.916
Non se ven en Oslo,
pero en Antidroga confiscaron unha onte.

08:43.000 --> 08:46.208
Atopárona nunha redada
nun garaxe do leste.

08:46.291 --> 08:47.791
Pertencía a Sverre Olsen.

08:47.875 --> 08:50.958
Sabiamos que era narco,
pero seica vendía armas

08:51.041 --> 08:53.458
e ten dous atracos a bancos no historial.

08:54.291 --> 08:57.333
Entón pensas
que Olsen é o atracador do banco?

08:57.416 --> 09:00.166
Ninguén sabía das Ceska
en Oslo ata ese atraco,

09:00.250 --> 09:02.458
así que Olsen ou é o atracador

09:03.125 --> 09:05.500
ou vendeulle a Ceska e sabe quen é.

09:05.583 --> 09:08.875
Xa, pois teremos que dar con Olsen.

09:08.958 --> 09:11.541
Oe, precisabas
alguén con habilidade social?

09:12.041 --> 09:13.083
Si.

09:14.333 --> 09:15.458
Mira.

09:16.916 --> 09:20.916
Faina falar a ela
para que non lle identifiquen a voz. Mira.

09:21.000 --> 09:23.083
Mira a reacción dela. Que lle di?

09:27.958 --> 09:32.750
A min paréceme
que lle di que lle vai disparar

09:33.250 --> 09:35.666
e ela non o pode crer.

09:35.750 --> 09:41.208
- Non tiña sentido. Tiña os cartos.
- Doce anos de cárcere no canto de 21.

09:43.333 --> 09:44.666
Ti que opinas?

09:44.750 --> 09:47.250
O informe dicía

09:47.875 --> 09:50.041
que quería demostrar que podía matar

09:50.125 --> 09:53.000
para que non o seguise a policía local,

09:53.083 --> 09:54.916
senón a unidade Delta.

09:55.958 --> 09:57.708
Liches o informe?

09:58.791 --> 10:03.333
Entón saberás
que na persecución un coche noso

10:03.916 --> 10:05.375
chocou.

10:07.000 --> 10:10.166
Falade con Antidroga.
Vou ao garaxe de Sverre Olsen.

10:10.250 --> 10:13.708
Xa, pero non ías…? Vale.

10:25.125 --> 10:27.708
Por que non colles o ascensor? Vai calor.

10:27.791 --> 10:29.791
Gústanme as putas escaleiras.

10:36.833 --> 10:41.041
Hole baixou correndo
polas escaleiras a 30 graos. Pasou algo?

10:41.125 --> 10:45.666
Ten unha pista dun tal Sverre Olsen
polas armas que confiscaron onte.

10:45.750 --> 10:49.958
Pero estábase ocupando Antidroga.
Por que se mete niso?

10:50.041 --> 10:51.625
Non che sei. Pregúntalle.

10:54.125 --> 10:56.500
Non vos rendades, rapaces.

11:14.125 --> 11:16.458
PIGMALIÓN

11:21.916 --> 11:22.916
Ola!

11:52.916 --> 11:54.500
- Ola.
- Ola.

11:55.000 --> 11:56.375
Vin que chamaches.

11:57.083 --> 12:00.291
É que teño unha cita co psicólogo hoxe.

12:00.375 --> 12:03.166
Chegarei un pouco tarde
a cear contigo e Oleg.

12:03.250 --> 12:05.541
Vale, pero iso é bo.

12:06.208 --> 12:07.458
Cando te vemos?

12:08.041 --> 12:11.125
Non podedes cear vós
e chégovos eu máis tarde?

12:11.208 --> 12:14.958
Podes, sen problema.
Traes unha botella de viño?

12:16.458 --> 12:17.750
Si…

12:18.583 --> 12:20.750
Seguro? Non fai…

12:20.833 --> 12:24.333
Non, mira,
así exercito a forza de vontade.

12:25.083 --> 12:26.083
Grazas.

12:27.041 --> 12:28.208
Quérote.

12:33.750 --> 12:35.291
E ti a min.

12:37.916 --> 12:38.916
Deica.

12:39.708 --> 12:40.708
Deica.

12:56.875 --> 12:58.041
Está aquí?

12:59.083 --> 13:00.166
Sverre?

13:00.250 --> 13:01.250
Si.

13:02.750 --> 13:04.166
Onde ía estar se non?

13:05.041 --> 13:07.000
No outro sitio, digo eu.

13:10.125 --> 13:11.666
Onde é o outro sitio?

13:16.083 --> 13:17.750
Hostia, xa está aquí a poli.

13:25.625 --> 13:26.625
Para o coche!

13:32.625 --> 13:33.541
Para o coche.

13:35.333 --> 13:36.500
Para o coche!

13:45.708 --> 13:48.000
Onde é o outro sitio de Sverre Olsen?

13:48.083 --> 13:51.750
Non digas nada, Roy.
A policía non pode levar pistolas.

13:51.833 --> 13:54.708
- Non te pode ameazar cunha arma…
- Xa sei.

13:54.791 --> 13:56.541
Non penso dicir unha merda.

13:57.708 --> 14:00.833
Trescentos?
Dáche para mercar outro cuarto, ou?

14:01.458 --> 14:03.666
Tampouco pode subornar.

14:04.708 --> 14:05.708
Ben.

14:07.041 --> 14:09.750
- Cincocentos?
- Hostia, ti estás xordo?

14:10.833 --> 14:12.041
Para.

14:14.583 --> 14:15.666
Mil.

14:19.333 --> 14:22.541
Xa. Só teño 800.

14:28.166 --> 14:29.208
Sverre Olsen.

14:29.708 --> 14:31.583
Non.

14:33.541 --> 14:35.500
Debaixo da ponte da praza Schou.

14:37.625 --> 14:38.833
Oe!

14:39.416 --> 14:41.833
Tes toda a razón. Non podo subornarvos.

14:42.625 --> 14:44.916
E prometinlle un viño á miña moza.

15:04.625 --> 15:07.916
Ola. Buscas alguén?

15:08.500 --> 15:10.916
- Sverre.
- Hoxe non veu.

15:11.500 --> 15:13.875
Pero eu téñoche bo material.

15:14.791 --> 15:16.958
Non fai falla.

15:24.375 --> 15:25.791
Búscame. Que fago?

15:25.875 --> 15:29.666
Mira, temos unha cabana en Nordmarka.
Mándoche a localización.

15:29.750 --> 15:31.958
Oe, levaron as armas.

15:32.708 --> 15:33.708
Preciso cartos.

15:33.791 --> 15:36.458
Pagaremos as armas. Ti queda na cabana

15:36.541 --> 15:39.625
e non fales con ninguén
ata que te saquemos do país.

15:39.708 --> 15:43.041
Logo pode que te usemos de mensaxeiro
se precisamos máis.

15:43.125 --> 15:46.375
- Máis? Ides empezar unha guerra?
- Imos.

15:47.500 --> 15:51.500
- Contra quen?
- Contra a xente coma ti.

16:04.458 --> 16:05.958
Xiro fusimorme.

16:07.041 --> 16:09.708
É a parte do cerebro
que recoñece as caras.

16:09.791 --> 16:11.666
E telo dende sempre?

16:12.250 --> 16:14.833
Claro. Xiro fusiforme temos todos.

16:14.916 --> 16:16.541
Está no cerebro.

16:16.625 --> 16:20.000
Pero o meu sempre estivo
un pouco máis desenvolvido.

16:20.083 --> 16:22.750
Entón, literalmente, podes recoñecer

16:22.833 --> 16:25.583
todas as caras
do rexistro de penados sueco?

16:25.666 --> 16:27.541
Si, e do noruegués.

16:28.916 --> 16:31.708
Pedín que mo mandasen
antes de vir e mireino.

16:31.791 --> 16:34.791
Iso son moitos miles de caras.

16:34.875 --> 16:38.916
- Xa, é un pouco raro, supoño.
- Non!

16:39.000 --> 16:41.583
Como é traballar con Harry Hole?

16:43.125 --> 16:44.125
Harry…

16:45.041 --> 16:48.541
Pois pode que oias de todo.

16:48.625 --> 16:49.958
Corren rumores del.

16:50.041 --> 16:54.000
Que colleu unha mona e matou
un compañeiro nun accidente de coche.

16:54.083 --> 16:56.625
Que ten unha botella de whisky no peto

16:56.708 --> 16:59.833
para demostrarse a si mesmo que non bebe.

17:00.333 --> 17:03.833
Harry é o mellor.
Só que non é tan bo en todo o demais.

17:04.333 --> 17:05.208
Simplemente…

17:07.000 --> 17:09.958
non está tan interesado en brillar
coma outros.

17:10.791 --> 17:11.875
Ola, Beate.

17:11.958 --> 17:14.875
- Ola.
- Oín que ías vir.

17:14.958 --> 17:17.708
- É incrible que coincidamos aquí.
- Incrible.

17:19.208 --> 17:21.833
E logo coñecédesvos?

17:22.500 --> 17:25.166
Poderíase dicir así. É o teu primeiro día?

17:27.375 --> 17:30.041
Sempre hai nervios
o primeiro día de traballo.

17:32.333 --> 17:35.625
Por certo, seica Harry e ti
buscades a Sverre Olsen.

17:35.708 --> 17:38.083
Si, correcto. Por que?

17:38.166 --> 17:40.375
Avísame se precisas algo.

17:40.458 --> 17:42.583
- Grazas, xa llo digo a Harry.
- Ben.

17:43.250 --> 17:44.458
Vémonos.

17:48.208 --> 17:49.583
De que o coñeces?

17:49.666 --> 17:53.708
Era o meu instrutor
na academia de policía.

17:53.791 --> 17:56.625
Hai uns cantos anos diso xa.

17:57.833 --> 17:58.833
Estás ben?

17:59.416 --> 18:00.791
Estou, si.

18:00.875 --> 18:03.791
Pero coido
que teño que volver ao traballo.

18:03.875 --> 18:05.208
- Si, abur.
- Chao.

18:14.125 --> 18:15.583
Hostia.

18:48.041 --> 18:49.791
Malia que o puidese mercar,

18:51.750 --> 18:54.083
non vale tanto como esperas.

18:55.208 --> 18:56.666
Pero é un diamante, ou?

18:57.166 --> 18:59.666
Si, de calidade mediocre.

18:59.750 --> 19:02.833
A cor vermella
conséguese con carbono amorfo,

19:02.916 --> 19:05.416
o cal o fai
menos puro do que che gustaría.

19:05.500 --> 19:07.458
- Canto me dás por el?
- Pois…

19:08.208 --> 19:10.666
Supoño que non tes certificación ningunha.

19:12.583 --> 19:16.041
Xa. Paréceme un diamante de sangue.

19:16.625 --> 19:18.083
Valo mercar ou non?

19:18.916 --> 19:20.625
Non. Como dixen, non podo.

19:26.375 --> 19:27.541
PSICÓLOGO

19:27.625 --> 19:31.125
Ola, chámome Harry e son alcólico.

19:31.958 --> 19:35.375
E custábache tanto dicir iso

19:35.458 --> 19:37.958
que deixaches de ir?

19:40.333 --> 19:42.083
A moitos sérvelle, pero…

19:42.708 --> 19:44.625
Ti prefires vir aquí.

19:46.125 --> 19:47.916
Traballamos xuntos, así que…

19:48.000 --> 19:49.291
Por que agora?

19:50.375 --> 19:52.666
Levas sobrio moito tempo, non si?

19:54.125 --> 19:56.833
Xa. Coñecín alguén.

19:57.750 --> 19:59.208
Sabíao.

20:01.166 --> 20:04.708
Sabía que para ti
non ías mercar un viño tan caro.

20:06.208 --> 20:09.833
E cando entraches pola porta
case non te recoñecía.

20:10.625 --> 20:13.291
"Parece unha persoa normal e feliz."

20:14.666 --> 20:17.083
Xa, é que prefiro previr que lamentar.

20:19.666 --> 20:22.666
- Non a quero cagar.
- Non.

20:26.000 --> 20:32.333
Seica te volviches pór
a ver vídeos do atraco ao banco.

20:35.833 --> 20:40.458
Pode que se resolveses o caso máis rápido,

20:40.541 --> 20:42.625
non houbese accidente ningún.

20:43.208 --> 20:47.416
E pode que penses que Lars estaría vivo.

20:48.166 --> 20:50.333
Pasaron cinco anos, Harry.

20:51.625 --> 20:53.458
Tes que seguir adiante.

20:54.000 --> 20:57.041
Isto que ten que ver
con que coñecese alguén?

20:57.125 --> 20:59.458
Dis que non a queres cagar.

21:00.125 --> 21:02.541
E por que motivo a cagas sempre?

21:03.541 --> 21:05.291
Polo autodesprezo.

21:06.833 --> 21:08.333
Pensas que bebo por iso?

21:09.750 --> 21:11.291
Que pensas ti?

21:14.250 --> 21:15.875
Bebo porque teño sede.

21:16.750 --> 21:18.791
E sempre teño sede.

21:19.750 --> 21:25.916
Levo sen beber dous anos,
tres meses e sete días,

21:26.000 --> 21:28.916
pero púxenme a tremer
cando fun mercar isto.

21:29.000 --> 21:32.541
E viñeches aquí
pensando que eu tiña a resposta?

21:33.791 --> 21:38.833
Non, supoño que vin
para escoitarme dicir iso.

21:38.916 --> 21:40.375
Non estades para iso?

21:40.458 --> 21:43.166
Vale. Iso é alentador.

21:46.208 --> 21:47.750
Quedan cinco minutos.

21:47.833 --> 21:51.791
Hai algo que me queiras
preguntar ou contar?

22:01.833 --> 22:03.166
- Ola.
- Ola.

22:03.250 --> 22:05.958
- Que guapo.
- Ola.

22:07.333 --> 22:08.291
Ola, Oleg.

22:09.291 --> 22:10.416
Oleg, saúda.

22:13.500 --> 22:14.958
- Si.
- Non sei se este…

22:15.041 --> 22:16.583
Non, este está ben.

22:16.666 --> 22:19.458
- Como era o xogo vello ese, mamá?
- Tetris.

22:19.541 --> 22:21.083
- Tetris, ou?
- Tetris.

22:21.166 --> 22:24.875
Conteille que o teu récord
eran 17 559 puntos.

22:24.958 --> 22:27.250
Supereino axiña. Fixen 18 000.

22:27.333 --> 22:30.875
- Recuperarei o posto, rapaciño.
- Xa veremos, velliño.

22:33.375 --> 22:34.458
Como vai?

22:34.541 --> 22:36.208
Ninguén sabe onde está,

22:36.291 --> 22:39.875
así que pedín a Antidroga
que me mandasen imaxes do garaxe

22:39.958 --> 22:41.625
por se recoñecía alguén,

22:41.708 --> 22:44.000
pero a calidade é tan baixa que…

22:45.458 --> 22:46.666
É un convicto.

22:47.916 --> 22:48.916
Drogas.

22:49.000 --> 22:51.333
Apelídase Kvinsvik.

22:55.833 --> 22:58.333
Outro convicto. Drogas tamén.

22:59.208 --> 23:00.208
Vale.

23:00.750 --> 23:02.875
Estes son clientes.

23:02.958 --> 23:05.583
Están aí dentro un ou dous minutos.

23:05.666 --> 23:09.333
Probablemente non saben
onde está Sverre Olsen.

23:09.416 --> 23:14.166
Este tipo está aí dentro 20 minutos.
Sabe algo.

23:16.208 --> 23:17.666
Non creo.

23:18.666 --> 23:19.541
Por que?

23:19.625 --> 23:21.125
Diríanolo.

23:23.375 --> 23:24.666
Non ves quen é?

23:28.041 --> 23:29.916
Era peor co meu último mozo.

23:30.000 --> 23:34.166
Mercoulle unha chaqueta do Rosenborg
e Oleg cambiou de equipo.

23:34.666 --> 23:36.750
Fíxose do Molde.

23:38.750 --> 23:41.458
Non lle está a ser doado facer amigos.

23:43.041 --> 23:44.833
Ten medo de me perder.

23:44.916 --> 23:49.833
Non está obrigado a aceptarme.
Se ti e mais eu imos…

23:50.916 --> 23:52.541
Imos que?

23:55.333 --> 23:59.583
Se ti e eu mais eu imos seguir con isto…

24:01.583 --> 24:05.875
terá que decidir Oleg
quen son ou deixo de ser para el.

24:06.625 --> 24:07.625
Si?

24:09.041 --> 24:10.291
Si.

24:11.166 --> 24:14.125
Sabes o que din
as mulleres da comisaría de ti?

24:14.208 --> 24:16.833
Non, pero tampouco o quero saber.

24:16.916 --> 24:21.125
Din que ninguén pode ter
a Harry Hole ao 100 %.

24:21.750 --> 24:23.875
Porque lle gusta moito a liberdade.

24:26.333 --> 24:29.833
- E?
- E a min iso non me interesa.

24:30.916 --> 24:33.833
Quérote ao 100 %. Se non, non ten sentido.

24:34.958 --> 24:38.375
Se iso supón un problema,
deberíasmo dicir agora.

24:51.666 --> 24:53.000
Teño que…

24:53.833 --> 24:54.916
Dime.

24:56.208 --> 24:57.208
Si.

24:59.208 --> 25:01.791
Vale, si, vou para alá.

25:04.125 --> 25:06.625
Beate Lønn identificou a Tom Waaler

25:06.708 --> 25:09.750
nas cámaras de seguridade
do garaxe de Sverre Olsen.

25:09.833 --> 25:11.625
É Tom Waaler!

25:13.375 --> 25:15.291
Xa, e Waaler que di?

25:15.875 --> 25:17.333
Non falei con el.

25:17.416 --> 25:20.166
Non está no traballo
e non colle o teléfono.

25:21.208 --> 25:24.666
Mira, cóllote e imos á casa del.

25:29.250 --> 25:32.125
Dixo como de segura estaba?

25:33.083 --> 25:35.750
- Ao 70 %.
- Ben.

25:35.833 --> 25:38.000
É bastante específica.

25:38.083 --> 25:39.083
Ola?

25:39.166 --> 25:41.916
Ola, son Ellen Gjelten. Podemos pasar?

25:42.583 --> 25:44.958
É importante? Estou ocupado.

25:45.458 --> 25:46.875
Serán só cinco minutos.

25:55.541 --> 25:57.916
Deica logo. Perdoa.

25:58.000 --> 25:59.000
Ola.

26:08.000 --> 26:09.625
Nada mal para ser policía.

26:09.708 --> 26:11.833
Tiven unha boa herdanza.

26:11.916 --> 26:13.375
Que queredes?

26:13.458 --> 26:16.416
Estiveches en contacto con Sverre Olsen.

26:17.208 --> 26:19.000
Ese caso era de Antidroga.

26:19.083 --> 26:20.875
Si, certo.

26:21.791 --> 26:25.375
Pero por que non nos contaches isto?

26:28.208 --> 26:29.375
Que é isto?

26:29.458 --> 26:30.625
Es ti.

26:31.750 --> 26:32.916
Que?

26:33.000 --> 26:34.625
A análise di que es ti.

26:34.708 --> 26:35.583
Que análise?

26:36.375 --> 26:39.583
Que facías aí?
E por que o mantiveches en segredo?

26:39.666 --> 26:40.958
Que facedes?

26:42.291 --> 26:44.125
Dis que non es ti?

26:45.500 --> 26:47.541
Vides aquí acusar un compañeiro

26:47.625 --> 26:49.291
porque sacastes unhas fotos

26:49.375 --> 26:52.375
dun programa de recoñecemento
cun erro do 90 %?

26:52.458 --> 26:55.708
Isto non é do programa, Tom.

26:55.791 --> 26:57.041
Entón que…?

26:59.125 --> 27:03.291
Beate Lønn convenceuvos
de que ve cousas que outros non ven?

27:03.375 --> 27:06.583
Beate Lønn ve cousas que outros non ven.

27:08.250 --> 27:12.666
Deberiades saber que tivemos unha relación
que non acabou como ela quería.

27:14.625 --> 27:15.750
Ah, si?

27:17.291 --> 27:20.458
E por iso pensas que mente?

27:20.541 --> 27:22.375
Non sería a primeira vez.

27:22.458 --> 27:26.541
Entón se investigamos onde estabas
cando se gravaron esas imaxes…

27:31.000 --> 27:34.166
Estaba aquí ou no traballo.

27:44.416 --> 27:46.583
Lucas e o resto foron de vacacións?

27:47.375 --> 27:48.375
Non sei.

27:51.083 --> 27:52.541
Vai volver ese home?

27:53.041 --> 27:54.458
Podes dicir o seu nome.

27:56.291 --> 28:00.416
Non sei, depende do tarde que se faga.

28:00.916 --> 28:02.375
Décheslle unha chave?

28:02.958 --> 28:04.041
Non.

28:04.791 --> 28:08.458
Non quero que durma aquí.
Pode durmir na casa del.

28:10.458 --> 28:11.500
Vale.

28:13.416 --> 28:14.250
Oleg.

28:15.458 --> 28:18.416
- Tranquilo.
- Grazas.

28:18.500 --> 28:20.333
Ten que ser Waaler o da foto.

28:21.125 --> 28:26.291
Non digo que Beate Lønn minta,
pero un 70 % son dous de tres.

28:28.250 --> 28:30.291
Claro que se tiveron algo,

28:30.375 --> 28:32.791
non é tan raro que ela pense nel.

28:32.875 --> 28:36.958
Non, pero eu fíome de Beate Lønn
máis ca de Tom Waaler.

28:38.250 --> 28:40.416
Que tal co psicólogo, por certo?

28:40.500 --> 28:43.416
Aune pensa
que teño problemas para comprometerme.

28:43.500 --> 28:46.458
- Non me digas?
- Si.

28:46.541 --> 28:48.291
Di que é

28:49.458 --> 28:52.375
porque perdín a miña nai de neno

28:53.208 --> 28:59.333
e porque a miña primeira moza se suicidou,
e logo polo accidente de coche.

29:01.291 --> 29:04.833
Entón, disque prefiro estar só,

29:04.916 --> 29:07.875
seica prefiro anestesiarme.

29:10.125 --> 29:11.625
Lerias de psicólogos.

29:13.291 --> 29:17.833
Deus, pero éche así, Harry. Puto amor.

29:17.916 --> 29:21.250
Ás veces parece
que está predestinado a saír mal

29:21.333 --> 29:24.375
e limítaste a esperar o golpe

29:24.458 --> 29:27.125
e que acabe dunha vez.

29:28.666 --> 29:29.833
Deixástelo?

29:33.833 --> 29:38.166
Era un cabrón, dixéchesmo
dende o principio. Estou ben, é que…

29:38.250 --> 29:41.333
Que fixeches?
Volvícheslle tirar unha cadeira?

29:42.583 --> 29:44.875
Non, desta vez non.

29:44.958 --> 29:47.458
Malia que ben a merecía tamén.

29:49.000 --> 29:52.125
Menos mal que as persoas
superamos calquera cousa.

29:52.208 --> 29:54.916
Pese a todo, sobrevivimos.

29:55.500 --> 29:56.666
Non tal.

29:57.750 --> 30:01.416
Non, só nos crebamos
un pouco máis rápido ou máis amodo.

30:05.541 --> 30:06.958
Estás fatal.

30:13.166 --> 30:18.291
O domingo vaslle demostrar a Rakel Fauke
que a queres polo menos tres veces.

30:18.375 --> 30:19.791
Podes?

30:20.625 --> 30:21.833
Que vaia ben o ensaio.

30:22.750 --> 30:24.333
Si, eu tamén te quero.

30:24.416 --> 30:25.500
- Abur.
- Abur.

30:25.583 --> 30:28.208
Tres veces, Hole!

31:26.041 --> 31:28.750
INFORME
ATRACO AO BANCO DE MAJORSTUA

31:54.416 --> 31:56.625
Permíteme presentarme.

31:57.625 --> 32:01.541
Son a criatura
que esperabas que non existise.

32:02.166 --> 32:06.625
Son o que sae de debaixo da cama
cando dormes.

32:07.250 --> 32:09.875
O que senta no teu peito,

32:09.958 --> 32:12.500
ponche o bocal

32:13.500 --> 32:14.958
e móntate.

32:15.458 --> 32:18.625
Móntate e lévate ao inferno.

32:28.625 --> 32:30.416
- Xefe, que pasa?
- Ola, Boris.

32:30.500 --> 32:32.875
Quero un cuarto ou dous.

32:33.958 --> 32:36.333
Non tes ti do teu?

32:36.875 --> 32:41.791
- Non oíches o da redada do garaxe?
- Merda. Agora a quen lle collo a fariña?

32:41.875 --> 32:46.875
Non, oe, volverei axiña.
Non busques xa outro provedor.

32:47.583 --> 32:50.083
Mándoche a localización. Ven canto antes.

32:50.166 --> 32:51.000
Vale.

32:51.083 --> 32:54.041
Nin unha palabra
a ninguén de onde estou, si?

32:54.125 --> 32:56.666
Carallo, estás no medio do monte!

32:57.458 --> 32:59.875
- Tes a pasta?
- Xa cho pagarei.

32:59.958 --> 33:01.166
Non.

33:02.291 --> 33:03.458
Non?

33:03.541 --> 33:07.125
Oe, iso aprendíchesmo ti.
Chámame cando teñas a pasta.

33:07.208 --> 33:09.000
Boris? Boris…

33:10.666 --> 33:12.250
Cago na hostia!

33:22.000 --> 33:23.416
Grazas por vires.

33:23.500 --> 33:24.958
Nada.

33:25.041 --> 33:29.583
Non, sei que isto non é o teu que digamos.

33:30.166 --> 33:35.958
Que? Un sábado no parque?
Non hai nada mellor.

33:37.583 --> 33:39.125
Alégranos que viñeses.

33:40.375 --> 33:43.750
- Alguén quere xeado?
- Eu.

33:43.833 --> 33:46.458
- Podo ir eu.
- Non, xa vou eu.

33:47.625 --> 33:51.875
Vou eu. Vós intentade falar algo.

33:53.625 --> 33:54.791
Coma a xente.

33:58.208 --> 33:59.625
Chámase Boris Koupich.

33:59.708 --> 34:02.291
E o que sabemos en Antidroga

34:02.375 --> 34:06.208
é que lle vende drogas a Sverre Olsen.

34:06.750 --> 34:10.083
Mándoche unha foto del
para que lle vexas a cara.

34:10.166 --> 34:13.083
Débesme unha.

34:13.166 --> 34:16.375
Ademais do arranxo
da cadeira que tiraches.

34:21.000 --> 34:23.791
Boris Koupich? Onde está Sverre Olsen?

34:23.875 --> 34:24.958
Alto!

34:25.916 --> 34:27.750
Dime onde está.

34:32.541 --> 34:35.541
XOGADOR
PUNTUACIÓN

34:39.750 --> 34:42.166
Por que dixo mamá que isto non era o teu?

34:44.166 --> 34:46.750
Demasiado sol e demasiado ruído.

34:47.791 --> 34:49.166
E demasiada xente.

34:58.291 --> 35:00.625
Tirácheste algunha vez do trampolín?

35:05.166 --> 35:06.666
As alturas non son o meu.

35:14.083 --> 35:15.375
Bloquéaste?

35:18.333 --> 35:19.375
Que?

35:21.208 --> 35:24.750
Cando te vas tirar e estás aí no bordo,

35:24.833 --> 35:27.833
non te podes mover?

35:28.375 --> 35:29.666
Ti que sabes?

35:30.958 --> 35:32.750
Eu tamén me bloqueo.

35:34.833 --> 35:36.333
Antes de saltar?

35:36.416 --> 35:39.750
Non exactamente.

35:41.000 --> 35:43.250
Tiña que salvar a miña irmá pequena.

35:48.833 --> 35:49.916
Como?

35:52.708 --> 35:57.166
Tiña eu uns 12 anos. Collemos o ascensor.

35:58.875 --> 36:03.041
Enganchóuselle o pelo
entre a parede e o ascensor, e accionouse.

36:05.041 --> 36:06.458
E bloqueácheste?

36:08.541 --> 36:09.625
Si.

36:10.750 --> 36:12.291
Pasoulle algo a ela?

36:13.541 --> 36:17.875
Pouca cousa. Perdeu un pouco de pelo

36:17.958 --> 36:20.541
e sangrou un pouco, pero curouse.

36:21.833 --> 36:22.958
E ti?

36:27.000 --> 36:28.708
Non podo coller ascensores.

36:29.416 --> 36:31.625
- Non podes?
- Non.

36:36.041 --> 36:37.041
Escoita.

36:37.750 --> 36:42.958
Se saltas do trampolín de 10 metros,
collo o ascensor ata o décimo piso.

36:48.375 --> 36:49.500
Nin falar.

36:56.333 --> 36:59.208
- Dime.
- Penso que sei onde está Sverre Olsen.

37:00.541 --> 37:04.875
E agora teño a localización
dunha cabana en Nordmarka.

37:06.625 --> 37:08.250
Vés ou que?

37:09.416 --> 37:10.833
Si, agarda…

37:11.500 --> 37:15.250
A piscina de Frogner?
Es pai de familia hoxe!

37:15.333 --> 37:18.875
- Si, pero falarei con…
- Non, cariño.

37:18.958 --> 37:23.208
Aproveita a única oportunidade
que ten a xente coma nós. Oíches?

37:23.291 --> 37:26.458
- Xa vou eu á localización.
- Ben, pero…

37:26.541 --> 37:30.833
- Non fagas nada, ou sexa…
- Nada de enfrontamentos nin detencións.

37:30.916 --> 37:33.416
Só vou ver se Boris me dixo a verdade.

37:33.500 --> 37:36.958
Se Olsen está alí,
chamo os rapaces con permiso de armas.

37:37.041 --> 37:40.583
- Si, chama a Delta, e logo chámame a min.
- Claro, feito.

37:41.166 --> 37:42.125
Ben.

37:42.833 --> 37:44.708
- Toma.
- Grazas.

37:46.291 --> 37:48.750
De que falabades?

37:50.041 --> 37:52.625
- Do tempo.
- Do tempo?

37:52.708 --> 37:55.375
- Si, do puto tempazo que vai.
- Oleg…

37:55.958 --> 37:56.958
Perdón.

37:57.041 --> 37:58.291
Vai un puto tempazo.

38:14.625 --> 38:15.666
Olsen?

38:16.625 --> 38:17.708
Preciso cartos.

38:19.250 --> 38:22.333
- Ou cóntoo todo.
- A quen?

38:23.375 --> 38:24.791
Á policía, abofé.

38:26.833 --> 38:29.416
E pensas que eles che van pagar?

38:32.750 --> 38:33.916
Talvez non.

38:37.208 --> 38:40.541
Pero reduciranme a condena
a uns poucos meses.

38:43.375 --> 38:45.125
Se cadra fágoo igual.

38:46.791 --> 38:48.041
Por desgraza para vós.

38:49.750 --> 38:52.208
Por tráfico de armas cáenvos catro anos.

38:55.083 --> 38:56.291
E todo o demais.

39:00.083 --> 39:01.958
Considerareino, Olsen.

39:10.750 --> 39:13.833
Mamá, non quero
que me chamen cagainas toda a vida.

39:13.916 --> 39:17.083
Seguro que o farás
antes de que acabe o verán.

39:17.166 --> 39:19.958
Saltará de dez metros este verán, non si?

39:20.041 --> 39:22.083
Non, non creo.

39:24.375 --> 39:28.916
- Que dis?
- Talvez cinco, dez non.

39:29.000 --> 39:30.041
E por que non?

39:31.000 --> 39:32.708
Porque está moi alto.

39:33.291 --> 39:36.250
- Ti non saltaches de dez metros?
- Non.

39:38.166 --> 39:40.541
Pero saltei de sete metros unha vez.

39:42.416 --> 39:43.416
Saltei tal.

39:44.875 --> 39:45.875
Cando?

39:45.958 --> 39:46.958
Ola.

39:47.666 --> 39:49.791
Cando tiña a túa idade.

39:50.833 --> 39:53.333
Coeime despois de que pechasen.

39:53.416 --> 39:54.791
Por que?

39:54.875 --> 39:59.125
Para non preocuparme
de que me visen acovardarme e recuar.

40:01.250 --> 40:03.583
Non, non pasa nada. Vale.

40:04.291 --> 40:08.500
Era Eric. Precisa axuda
cun contrato agora mesmo.

40:08.583 --> 40:12.916
Teno que entregar o luns.
Téñoo que facer agora. Impórtache?

40:13.458 --> 40:14.416
Claro.

40:14.916 --> 40:17.791
- Pensade algo que facer.
- Algo pensaremos.

40:17.875 --> 40:20.458
- Seguro?
- Si, non debería haber problema.

40:20.541 --> 40:21.375
Grazas.

40:22.208 --> 40:25.791
…xiramos, bailamos para ti,
saltamos, brincamos.

40:25.875 --> 40:31.375
Desexámosche o mellor de corazón.
Que máis podes querer?

40:31.458 --> 40:34.958
Parabéns!

40:37.041 --> 40:40.958
Ofreceume o posto de subxefa da policía.

40:41.041 --> 40:42.250
Vaia. Parabéns.

40:43.375 --> 40:46.083
Voute recomendar
para xefe da policía xudicial.

40:46.708 --> 40:49.333
- Eu?
- Si, está libre o posto.

40:50.166 --> 40:53.583
- Xefe da policía xudicial.
- Velaquí o xefe da policía.

40:53.666 --> 40:55.125
Parabéns.

40:57.000 --> 40:59.041
- Ola.
- Ola.

41:00.000 --> 41:05.083
Hai alguén no teu departamento
que pensas que podería ocupar o teu posto?

41:05.166 --> 41:08.333
Abofé. Ellen Gjelten
ten dotes de liderado.

41:08.958 --> 41:13.541
Dáselle xenial a xente,
ten coraxe e ideas fóra do común.

41:14.125 --> 41:14.958
Pero?

41:15.625 --> 41:18.125
Tom Waaler é o máis ambicioso

41:18.208 --> 41:21.000
e quen máis casos resoltos ten
despois de Hole.

41:22.041 --> 41:23.583
Fálame de Waaler.

41:24.666 --> 41:29.250
Antidroga tróuxoo
da Interpol de Bruxelas para un caso.

41:29.333 --> 41:30.958
Coido que lle gusta isto.

41:31.041 --> 41:33.916
Logo fixo
o curso de autorización da academia

41:34.000 --> 41:36.458
e logo veu connosco. Éche listo.

41:36.541 --> 41:41.375
Coñece o sistema, sábese mover dentro del.

41:41.458 --> 41:44.708
Pero non queres a Harry Hole?

41:46.791 --> 41:49.833
Non, adoro a Harry, non é iso, pero…

41:49.916 --> 41:52.541
Coido que é mellor
usalo só para unha cousa.

41:53.250 --> 41:55.916
Non sempre segue as normas.

41:56.000 --> 42:00.500
- Seguro que non nos van pillar?
- Non nos van pillar. Pisa aquí.

42:31.250 --> 42:32.291
Hostia.

42:33.875 --> 42:36.125
Pareceume ver este Lotus na comisaría.

42:37.250 --> 42:40.000
Crime Organizado. Isaksson, non si?

42:40.083 --> 42:43.791
Tes boa memoria, Waaler. Que fas aquí?

42:45.083 --> 42:46.583
Temos unha pista.

42:46.666 --> 42:49.666
Buscamos un home
que pode estar por aí nunha cabana.

42:50.166 --> 42:53.458
Axúdoche? Corro sempre por aquí.
Coñezo ben o sitio.

42:53.541 --> 42:57.958
Non, é por descartar.
Sería bastante lóxico que estivese aquí.

42:58.041 --> 42:59.166
Vale.

42:59.250 --> 43:00.375
Bonitas mallas.

43:03.583 --> 43:04.875
Grazas.

43:07.458 --> 43:09.666
Moi ben, pois vémonos.

43:34.166 --> 43:35.666
Vale.

43:41.041 --> 43:44.833
Sete metros son máis altos do que parece.

43:46.083 --> 43:50.125
- Seguro que é fondo abondo?
- Só hai un xeito de sabelo.

44:02.416 --> 44:03.791
É fondo abondo.

44:19.166 --> 44:21.166
Si! O meu foi mellor ca o teu, ou?

44:21.250 --> 44:24.958
Non. Trátase de salpicar o máis posible.

44:25.041 --> 44:29.250
Así que gañei eu. Agás que saltes
de dez metros, pero xa o ano que vén.

44:37.500 --> 44:38.916
Vale.

44:40.791 --> 44:41.833
Vale.

44:46.500 --> 44:47.666
O Príncipe.

44:51.291 --> 44:52.333
Ola, Sverre.

44:57.375 --> 44:58.500
Posme un café?

45:00.833 --> 45:02.666
Delta, aquí Falkeid.

45:03.666 --> 45:04.500
Ola?

45:05.708 --> 45:07.416
Espero que me traias algo.

45:07.500 --> 45:09.125
Abofé.

45:22.666 --> 45:23.875
Un momento.

45:23.958 --> 45:25.250
Aí.

45:27.375 --> 45:28.458
Aí.

45:34.458 --> 45:36.708
Ola, son Harry. Dime.

46:18.375 --> 46:19.416
Fágoo?

46:20.375 --> 46:24.666
A verdade,
non quero perder contra un neno.

46:25.208 --> 46:29.375
Douche 50 coroas
se o adías para o ano que vén.

46:33.375 --> 46:37.791
- Cen.
- Esquéceo. Teño un soldo de policía.

46:52.416 --> 46:54.791
Voume xirar en tres segundos.

46:54.875 --> 46:57.666
E sabes que non conta
se non hai testemuñas.

47:00.291 --> 47:01.250
Tres.

47:01.791 --> 47:02.875
Dous.

47:04.375 --> 47:05.333
Un.

47:21.333 --> 47:22.541
Perdedor.

47:23.125 --> 47:24.625
Tes que ir no ascensor.

47:25.458 --> 47:29.333
- Fareino. Queres ser testemuña?
- Sen dúbida.

47:29.916 --> 47:31.000
Dime.

47:31.083 --> 47:33.750
Ola. Xa rematamos aquí. A que andades?

47:33.833 --> 47:36.166
- Viñemos pescar.
- Vale.

47:37.833 --> 47:40.291
- Volvo axiña.
- Ben, xa case acabamos.

47:42.125 --> 47:45.166
Isto é incrible. Es unha máquina.

47:45.791 --> 47:48.875
- Grazas.
- Perdoa por estragarche o sábado.

47:48.958 --> 47:52.625
- Convídote a unha copa?
- Tranquilo. Queda para outra.

47:53.333 --> 47:54.708
Outro día.

48:20.333 --> 48:23.041
Ola, este é o contestador de Ellen. Dime.

48:30.916 --> 48:32.375
Ben.

48:40.750 --> 48:42.250
Como se chama a música?

48:43.166 --> 48:46.875
Son os Ramones, I Wanna Be Sedated.

48:48.291 --> 48:50.250
- Oíchela algunha vez?
- Non.

48:50.916 --> 48:53.583
Ola, este é o contestador de Ellen. Dime.

48:55.416 --> 48:57.125
Que lle vas dicir a mamá?

49:00.333 --> 49:02.041
Que non pescamos nada.

49:03.041 --> 49:04.291
Iso é mentir.

49:06.458 --> 49:07.875
Ti pescaches algo?

49:09.916 --> 49:10.750
Non.

49:11.250 --> 49:13.875
Ola, este é o contestador de Ellen. Dime.

49:34.500 --> 49:36.000
Non.

49:51.750 --> 49:55.208
Tom? Tom, que fas?

50:00.875 --> 50:03.333
Tom, que fas?

50:04.708 --> 50:07.416
- Fala.
- Que facías no monte?

50:10.333 --> 50:11.333
Hostia!

50:18.958 --> 50:21.166
- Grazas.
- Si, grazas.

50:23.916 --> 50:25.750
- Ola, mamá.
- Pasáchelo ben?

50:25.833 --> 50:27.583
- Si.
- Si? Ben.

50:29.625 --> 50:31.208
- Si?
- Ola, xefe. Son eu.

50:31.291 --> 50:33.583
Intentei chamar a Ellen varias veces.

50:33.666 --> 50:37.375
Está soa nunha misión
potencialmente perigosa.

50:37.458 --> 50:39.083
Non sei onde está e non colle.

50:39.166 --> 50:42.958
- Soa? Hostia, Harry…
- Xa, sei que é responsabilidade miña.

50:43.041 --> 50:45.750
Podes autorizar
o rastrexo do seu teléfono?

50:47.125 --> 50:50.000
- Estás preocupado?
- Sempre, xefe.

50:51.791 --> 50:53.041
Vale, xa me ocupo.

51:01.500 --> 51:06.000
Tom, aínda non pasou nada. Prométocho.

51:11.458 --> 51:15.250
Tom, escóitame. Non direi nada, xúrocho.

51:15.333 --> 51:18.291
El tampouco falará.
Desangrarase. Podémolo culpar.

51:18.375 --> 51:22.041
Por favor. Ti non es así.

51:22.541 --> 51:26.166
Es bo home. Non direi nada, prométocho.

51:26.250 --> 51:27.750
Non quero facer isto.

51:27.833 --> 51:30.083
Non tes por que. Aínda non o fixeches.

51:30.666 --> 51:32.833
Tom, aínda non o fixeches.

51:32.916 --> 51:33.958
Síntocho moito.

51:34.041 --> 51:37.250
Non, tranquilo. Non direi nada nin…

51:41.916 --> 51:42.916
Ellen.

51:45.416 --> 51:46.833
Merda.

51:48.500 --> 51:51.041
Aí. Déixame ver.

52:03.166 --> 52:07.041
Agora tela que coller. Así.

52:09.625 --> 52:10.458
Así.

52:10.541 --> 52:11.791
Non!

52:11.875 --> 52:15.250
Sverre, apunta coa pistola a Ellen.

52:15.833 --> 52:17.500
E logo dispáralle.

52:18.333 --> 52:19.541
Apunta.

52:19.625 --> 52:23.041
Un pouco máis arriba.
E agora aperta o gatillo.

52:24.291 --> 52:25.666
Aperta o gatillo.

52:26.291 --> 52:29.250
- Un, dous, tres.
- Non…

52:32.416 --> 52:35.375
- Non o podes facer ti?
- Proba outra vez.

52:35.875 --> 52:38.875
Así saberei que me podo fiar de ti, si?

52:38.958 --> 52:39.791
Si.

52:39.875 --> 52:42.666
Outra vez. Un, dous…

52:47.125 --> 52:48.208
Ben.

53:01.916 --> 53:03.583
Policía, dígame.

53:03.666 --> 53:07.000
Si, ola. Son o capitán Tom Waaler.

53:07.666 --> 53:09.333
Mataron unha compañeira.

53:09.416 --> 53:11.708
E matei o culpable en defensa propia.

53:11.791 --> 53:14.291
Estou nunha cabana en Nordmarka.

53:14.375 --> 53:16.208
Mándovos as coordenadas.

53:18.166 --> 53:20.166
Precisamos aquí o equipo forense.

53:41.083 --> 53:42.083
Ola, Harry.

53:43.291 --> 53:46.083
- Que fai aquí Waaler?
- Atopou el a escena.

53:46.166 --> 53:47.083
Sácamo de aquí.

53:47.166 --> 53:49.458
O culpable está aí dentro morto.

53:49.541 --> 53:51.875
- Non entres.
- Tesmo que sacar de aquí!

53:51.958 --> 53:54.583
Non entres, Harry. Déixao estar, carallo.

53:55.166 --> 53:56.166
Harry…

54:57.458 --> 54:59.000
Síntoo, Harry.

55:00.875 --> 55:02.250
Cheguei tarde.

57:04.375 --> 57:05.666
Abride os ollos.

57:07.125 --> 57:09.541
Mirade, é un padrón simple.

57:11.708 --> 57:13.750
Unha estrela vermella.

57:16.750 --> 57:19.083
Unha cruz do diabo de cinco puntas

57:20.083 --> 57:21.791
amosaravos o camiño.

57:29.041 --> 57:30.375
NESTA TEMPADA…

57:30.458 --> 57:33.875
Entendo que o de Ellen foi duro,
pero a vida segue, Harry.

57:33.958 --> 57:36.166
Non te podo seguir cubrindo.

57:36.250 --> 57:38.791
Se che dou permiso
para investigar a Waaler,

57:38.875 --> 57:40.333
faralo pola túa conta.

57:42.916 --> 57:46.375
Harry, houbo un asasinato
e precísote no traballo, sobrio.

57:46.458 --> 57:47.416
Policía.

57:47.500 --> 57:51.166
Lisbeth desapareceu.
A estrea é en 11 días.

57:51.958 --> 57:55.000
Non avanzaron nada?

57:55.083 --> 57:57.000
Temos os mellores investigando.

57:57.083 --> 57:58.750
Isto é para nós.

57:58.833 --> 58:02.125
Quere que o saibamos. Quere que o admiren.

58:02.208 --> 58:04.541
E á vez non nos dá nada concreto.

58:14.708 --> 58:18.250
Que pasa se acepto
unirme a ese proxecto voso?

58:18.333 --> 58:21.750
Fas unha misión, só, sen facer preguntas.

58:21.833 --> 58:23.708
Romperás algunhas normas.

58:23.791 --> 58:26.291
Iso é o que facemos. Sacamos o lixo.

58:26.916 --> 58:29.666
Vide, amosareivos o camiño.

58:32.500 --> 58:37.000
BASEADA NA NOVELA
A ESTRELA DO DIABO DE JO NESBØ

59:53.625 --> 59:58.583
Subtítulos: Lucía Doval
A DO DIABO DE JO NESBØ
