WEBVTT

00:40.666 --> 00:42.291
Cinco.

00:43.708 --> 00:44.791
Cinco.

00:47.583 --> 00:48.958
Cinco.

01:49.000 --> 01:51.708
- Taxi de Oslo.
- Hai alguén contigo no coche?

01:53.041 --> 01:55.250
Estou só co mellor grupo do mundo.

01:55.333 --> 01:59.708
The Doors non son os mellores do mundo.
Son os máis sobrevalorados.

02:01.416 --> 02:04.916
Vas dicir algo bo? Se non, cólgoche.

02:06.916 --> 02:11.000
L.A. Woman ten os seus momentos.

02:11.083 --> 02:12.083
Que queres?

02:14.375 --> 02:15.375
Flunipam.

02:16.416 --> 02:17.625
Soño garantido.

02:19.250 --> 02:20.083
Grazas.

02:21.791 --> 02:23.041
Oe…

02:24.291 --> 02:26.333
- Descifrar códigos.
- Que?

02:26.833 --> 02:28.166
Ti sabes diso.

02:28.250 --> 02:31.125
Sei, un pouco.
A que te refires? A hackear?

02:31.208 --> 02:32.208
Si, ou…

02:32.791 --> 02:34.666
Este asasino en serie…

02:38.208 --> 02:39.333
Penso que…

02:40.208 --> 02:42.125
Penso que nos dá códigos.

02:43.541 --> 02:45.708
Atopamos uns pentagramas

02:46.375 --> 02:48.041
preto das vítimas.

02:48.125 --> 02:52.083
- E vouche dicir eu o que significan?
- Iso sería caralludo.

02:53.125 --> 02:56.875
Os códigos con que traballaba eu
eran matemáticas.

02:56.958 --> 02:58.208
Meros números.

02:58.708 --> 03:00.291
Os códigos interpersoais

03:01.541 --> 03:03.250
sonche outra historia.

03:05.000 --> 03:06.750
E se son as dúas cousas?

03:09.541 --> 03:14.833
Se vas probar esa estratexia,
tes que usar o subconsciente.

03:15.416 --> 03:16.416
A intuición.

03:16.500 --> 03:18.458
Iso quere dicir que…

03:20.125 --> 03:22.750
Que non sabes que xa o sabes.

03:24.083 --> 03:29.041
Entendes? E logo usas o pensamento lineal
e o recoñecemento de padróns.

03:30.666 --> 03:32.041
Que sabes do transo?

03:35.625 --> 03:37.000
Menos ca ti, coido.

03:37.083 --> 03:40.666
Unha vez pasei catro días
hackeando o Danske Bank

03:40.750 --> 03:45.375
cun chisco de axuda
dunha pinga de LSD conxelado.

03:47.500 --> 03:49.125
As portas da percepción.

03:49.208 --> 03:53.250
Se o teu subconsciente
descifra un código, chegarache.

03:55.583 --> 03:56.666
Daquela…

03:57.375 --> 03:58.458
Transo?

04:11.500 --> 04:12.750
Harry, mírame.

04:14.833 --> 04:15.916
Non máis de dúas.

04:44.083 --> 04:45.833
Abride os ollos.

04:47.875 --> 04:49.791
É un padrón simple.

04:53.458 --> 04:55.541
Unha estrela vermella.

04:56.250 --> 04:58.583
Unha cruz do diabo de cinco puntas

05:00.166 --> 05:01.625
amosaravos o camiño.

05:10.333 --> 05:14.416
Non, penso que é só máis do mesmo,
do que xa analizamos.

05:17.875 --> 05:22.083
Algunha vez
dubidas da profesión que elixiches?

05:24.875 --> 05:27.083
Afaste ás cousas máis estrañas.

05:27.625 --> 05:30.041
Se aguantas na merda, deixas de cheirala.

05:30.125 --> 05:31.083
Xa.

05:32.125 --> 05:35.583
Ben. O único que nos din as análises

05:35.666 --> 05:39.875
é que isto é dun home
ao cal lle gustan as sementes.

05:39.958 --> 05:43.166
Xa, e logo temos
as marcas dixitais da tenda de teles

05:43.250 --> 05:45.500
que coinciden
coas do piso de Camilla Loen.

05:45.583 --> 05:47.791
Déixanos uns minutos.

05:47.875 --> 05:51.708
Claro. Por min, déixovos todo o día.
Rematei aquí.

05:52.208 --> 05:53.083
Perfecto.

05:53.166 --> 05:54.500
Deica, Beate.

06:01.416 --> 06:03.583
Pensei na marca dixital que atopaches.

06:05.125 --> 06:06.958
Por que chamaches antes a Hole?

06:07.625 --> 06:09.666
E non a min, o líder da investigación?

06:11.166 --> 06:12.333
Pensei que…

06:12.416 --> 06:15.000
Non, non pensaches nada, non si?

06:15.583 --> 06:17.041
Ese é o problema.

06:20.083 --> 06:23.583
Hai algo máis
que lle dixeses a Hole e a min non?

06:28.291 --> 06:31.916
Temos os resultados
do que tiña Lisbeth Barli na unlla.

06:32.000 --> 06:32.833
E?

06:33.375 --> 06:34.458
Que era?

06:35.083 --> 06:35.916
Excrementos.

06:36.000 --> 06:37.791
Excrementos?

06:39.375 --> 06:40.583
E de onde saíron?

06:43.250 --> 06:47.000
Sei de onde saíron, pero de quen?

06:50.416 --> 06:53.791
Contiñan sangue, talvez dunha hemorroide.

06:55.000 --> 06:59.750
Grupo sanguíneo B.
Teno o 7 % da poboación.

06:59.833 --> 07:02.000
Willy Barli é doante de sangue.

07:04.208 --> 07:05.458
Botáchesme de menos?

07:21.875 --> 07:24.000
- Ola, Willy.
- Ola, Harry.

07:24.083 --> 07:25.000
Ola.

07:25.833 --> 07:26.875
Tes fame?

07:27.625 --> 07:28.541
Arenque?

07:29.625 --> 07:32.000
Non. Dixéronme no teatro onde estabas.

07:32.083 --> 07:36.000
- Veño cada mércores dende hai 15 anos.
- Xa, díxomo o dono.

07:37.083 --> 07:37.958
Hoxe é xoves.

07:40.000 --> 07:42.166
- Ah, si?
- Si.

07:45.916 --> 07:46.791
Xa.

07:50.000 --> 07:50.916
Como o levas?

07:54.250 --> 07:55.791
Non moi ben.

07:57.416 --> 07:58.333
Non.

08:01.541 --> 08:04.791
A obra é un caos, eu son un caos e…

08:05.791 --> 08:08.000
Perdoa, estou aquí…

08:08.083 --> 08:10.375
Tes que probar isto.

08:11.083 --> 08:15.916
Este é o único sitio de Noruega
onde podes comer pan de fiúncho

08:16.000 --> 08:17.833
con sementes de verdade.

08:18.458 --> 08:20.666
- Xa comín.
- Vale.

08:22.958 --> 08:28.583
Atopamos restos de excrementos e sangue
na unlla de Lisbeth.

08:30.500 --> 08:32.708
O grupo sanguíneo coincide co teu.

08:32.791 --> 08:35.083
Precisamos analizar o teu ADN?

08:35.666 --> 08:36.791
Non.

08:38.041 --> 08:40.583
A Lisbeth e a min
íanos a estimulación anal.

08:43.666 --> 08:45.333
Metíame o dedo no cu.

08:46.333 --> 08:47.333
Deus.

08:49.958 --> 08:51.500
Estráñoa moito, Harry.

08:54.291 --> 08:55.291
Non o entendo.

09:00.583 --> 09:02.458
- Perdoa.
- Nada.

09:04.500 --> 09:05.666
A quen estrañas ti?

09:05.750 --> 09:07.958
- Por que o…?
- Polo teu ollar.

09:14.208 --> 09:17.375
A miña nai, a miña compañeira, Ellen,

09:18.500 --> 09:19.666
e a miña moza, Rakel.

09:19.750 --> 09:21.375
Non é a túa exmoza?

09:21.458 --> 09:23.708
Non sei, está intentando…

09:24.375 --> 09:27.666
Ou sexa, estou intentando
facela cambiar de opinión.

09:27.750 --> 09:28.708
Xa.

09:30.708 --> 09:32.416
Por que pensas que quere marchar?

09:39.166 --> 09:40.958
A versión curta sería que…

09:43.416 --> 09:44.791
quere que cambie.

09:47.875 --> 09:48.750
Mira,

09:48.833 --> 09:50.583
vouvos convidar

09:51.333 --> 09:55.791
a ti e mais a túa namorada á estrea.

09:56.791 --> 09:57.750
Vale.

09:57.833 --> 09:59.583
Pigmalión vai dun mito grego

09:59.666 --> 10:03.916
dun escultor que se namora
dunha das súas esculturas.

10:05.416 --> 10:07.125
Se cadra…

10:09.791 --> 10:13.625
a túa moza ve o que pasa
cando intentas cambiar unha persoa.

10:13.708 --> 10:15.791
Xa. Acaba mal?

10:15.875 --> 10:18.875
Harry, todas as miñas obras
teñen finais felices.

10:20.625 --> 10:21.916
É o meu lema na vida.

10:44.833 --> 10:48.083
Ola, este é o contestador de Ellen. Dime.

10:48.166 --> 10:50.583
Ti, que o ves todo…

10:51.208 --> 10:52.583
Que significa?

10:53.833 --> 10:55.250
Por que…?

10:58.291 --> 11:00.250
Por que elixe sitios complicados?

11:00.333 --> 11:03.541
Por que non hai agresión sexual?

11:06.291 --> 11:08.125
Que significan os pentagramas?

11:09.708 --> 11:11.166
Os diamantes?

11:11.875 --> 11:12.875
Os dedos?

11:14.291 --> 11:15.250
O casete?

11:17.416 --> 11:21.041
Recibín unha oferta pola miña alma.

11:22.708 --> 11:24.083
Que opinas diso?

11:24.708 --> 11:25.916
Fáltanche 3000.

11:26.000 --> 11:30.375
Non queremos coitelos. Só queremos armas.
É o que usa todo o mundo agora.

11:37.833 --> 11:41.166
A xente coma ti e coma min
debémoslle algo…

11:43.416 --> 11:44.583
a alguén?

12:19.166 --> 12:20.208
Si, Príncipe?

12:20.291 --> 12:22.291
É a última vez que fago isto.

12:23.000 --> 12:24.916
Vale? Isto non funciona.

12:44.125 --> 12:45.208
Ola.

12:45.291 --> 12:46.291
Ola.

12:49.791 --> 12:53.166
Non queres saír da escuridade
e ver a luz comigo?

13:04.916 --> 13:08.500
Es a criatura máis fermosa
que vin por aquí, sabíalo?

13:24.958 --> 13:28.500
Levas tempo sen fumar.

13:28.583 --> 13:30.375
Se cadra nunca fumei.

13:30.458 --> 13:31.625
Si, ho.

13:32.250 --> 13:34.625
Nos decatámonos desas cousas.

13:35.666 --> 13:36.750
Cando foi a última vez?

13:43.583 --> 13:44.500
Vaia.

13:46.583 --> 13:47.500
Foi serio.

13:52.125 --> 13:53.250
Como se chamaba?

13:58.291 --> 13:59.250
Lars.

14:04.958 --> 14:05.958
Pecha os ollos.

14:50.833 --> 14:52.125
Ven con papá.

15:00.458 --> 15:03.416
Mira, isto non funciona.

15:04.541 --> 15:05.583
Daquela…

15:07.583 --> 15:09.125
Queres vir á miña casa?

15:09.625 --> 15:10.500
Si.

15:12.875 --> 15:13.958
Ben.

15:14.791 --> 15:16.000
Chámome George.

15:16.541 --> 15:17.541
Chámome…

15:17.625 --> 15:18.500
Tom.

15:21.625 --> 15:22.666
Tom Waaler.

15:27.625 --> 15:29.541
Como o…?

15:29.625 --> 15:30.958
Vinte nos xornais.

15:32.291 --> 15:34.416
Investigas os asasinatos eses.

15:41.291 --> 15:42.250
Entón…

15:45.291 --> 15:51.125
O segredo do teu pequeno negocio
está a salvo comigo, Tom.

16:08.208 --> 16:09.333
Ti…

16:14.000 --> 16:16.500
Teño fantasiado con ser cliente teu.

16:19.375 --> 16:20.708
Facemos iso primeiro?

16:25.875 --> 16:26.875
Ven.

16:27.750 --> 16:29.083
Deixa o can.

16:34.166 --> 16:35.125
Queda.

18:35.625 --> 18:37.000
Harry, mírame.

18:38.166 --> 18:39.583
Non máis de dúas.

18:42.625 --> 18:43.916
Non máis de dúas.

18:47.250 --> 18:49.000
O problema es ti.

18:49.583 --> 18:50.875
Non máis de dúas.

18:52.333 --> 18:53.958
Quero que volvas á casa.

18:54.916 --> 18:57.750
Aproveita a única oportunidade
que ten a xente coma nós.

18:57.833 --> 19:01.041
Estamos a 150 metros.
Vai cara a Majorstukrysset.

19:09.375 --> 19:12.791
Os ovos coagúlanse ao quentarse.
Pasa o mesmo co sangue.

19:23.458 --> 19:24.500
Cinco.

19:25.750 --> 19:27.833
- Unha estrela vermella…
- Cinco.

19:27.916 --> 19:31.291
Unha xema vermella pequena
con forma de estrela.

19:34.541 --> 19:37.250
Soñei con Camilla Loen
e co diamante que atopastes.

19:37.333 --> 19:38.875
O problema es ti.

19:39.458 --> 19:43.166
O pentagrama
é un símbolo relixioso antigo.

19:44.083 --> 19:45.625
As ensinanzas do mal.

19:45.708 --> 19:47.375
- Atopastes o dedo?
- Morrería sobre as 17:00.

19:47.458 --> 19:49.958
Unha xema vermella pequena
con forma de estrela.

19:50.041 --> 19:51.291
O problema es ti.

19:51.958 --> 19:53.000
Morrería sobre as 17:00.

19:53.083 --> 19:55.625
Pasou nalgún momento
entre as 16:55 e as 17…

19:55.708 --> 19:56.750
Quinto piso.

19:57.458 --> 19:59.458
- …amosaravos o camiño.
- Acouga!

20:03.458 --> 20:06.416
…o pentagrama está do revés, é dicir,

20:07.458 --> 20:09.833
con dúas puntas cara a arriba,

20:09.916 --> 20:12.000
entón entras no campo…

20:12.083 --> 20:14.083
As ensinanzas do mal.

20:14.833 --> 20:18.000
Pasou nalgún momento
entre as 16:55 e as 17…

20:18.083 --> 20:21.291
Unha xema vermella pequena
con forma de estrela.

20:21.375 --> 20:23.416
Unha estrela vermella…

20:27.416 --> 20:29.666
Unha xema vermella pequena…

20:33.791 --> 20:34.875
O problema es ti.

20:34.958 --> 20:37.375
- Aproveita a única oportunidade…
- Cinco.

20:38.541 --> 20:39.958
O pentagrama…

20:51.833 --> 20:54.083
- Cinco.
- Unha xema vermella pequena…

21:03.208 --> 21:06.208
Unha xema vermella pequena
con forma de estrela.

21:09.333 --> 21:10.541
O problema es ti.

21:14.833 --> 21:15.750
Cinco.

21:18.000 --> 21:19.250
Cinco.

21:24.375 --> 21:26.916
POLICÍA

21:27.000 --> 21:29.375
Son as 6:00 e isto son as noticias.

21:29.458 --> 21:32.833
A policía aínda non ten pistas
no caso dos dous asasinatos

21:32.916 --> 21:35.000
e a desaparición en Oslo.

21:35.083 --> 21:37.541
Un voceiro do Partido do Progreso,
Annvor Ilen,

21:37.625 --> 21:41.500
di que a policía
debe ter máis marxe de acción.

21:42.500 --> 21:45.541
Se a policía non pode ir armada,
queda indefensa…

21:45.625 --> 21:46.708
- Por aí.
- Si.

21:46.791 --> 21:48.833
…e non estamos seguros.

22:01.250 --> 22:04.625
Que carallo fas, Waaler?
Vas contaminar a escena do crime.

22:06.166 --> 22:08.416
Ides atopar ADN de media cidade aquí.

22:12.875 --> 22:14.166
Un delito de odio?

22:14.791 --> 22:15.791
Non.

22:16.875 --> 22:18.375
Asasinato sexual clásico.

22:19.458 --> 22:20.916
Centrádevos na comunidade gai.

22:48.791 --> 22:49.666
Ola.

22:50.708 --> 22:54.125
Só quería
darche as grazas pola invitación.

22:55.916 --> 22:58.291
Pero non vou ir.

23:02.125 --> 23:03.416
Deixaches de beber?

23:04.416 --> 23:05.333
Deixei.

23:09.166 --> 23:10.875
Podería pensar

23:11.708 --> 23:14.875
que foi por min e Oleg,

23:16.250 --> 23:17.291
pero non.

23:19.583 --> 23:21.333
Foi polos asasinatos, non si?

23:22.916 --> 23:25.416
Só iso te pode facer deixar a bebida.

23:34.458 --> 23:35.958
Bótote en falla.

23:43.166 --> 23:44.166
Harry?

23:47.166 --> 23:48.666
Harry, óesme?

23:51.458 --> 23:54.541
Ola, Beate.
Debuxa un pentagrama nun folio.

23:54.625 --> 23:56.458
72º entre os puntos.

23:56.541 --> 23:58.833
Acende o proxector.
Chego en cinco minutos.

24:02.750 --> 24:03.750
- Está?
- Está.

24:03.833 --> 24:05.041
Dáme dous segundos.

24:13.666 --> 24:16.333
Harry, quería que fixeses
uns interrogatorios.

24:16.416 --> 24:17.875
Non teño tempo.

24:19.916 --> 24:21.416
A que andas?

24:23.208 --> 24:26.333
Comprobo se o noso tipo
fixo o que fixeron os celtas.

24:26.416 --> 24:27.750
Os celtas?

24:34.833 --> 24:36.458
Pon o proxector máis preto.

24:39.166 --> 24:40.583
Bebiches?

24:41.875 --> 24:47.083
Os celtas usaban pentagramas
para decidir onde pór as catedrais.

24:47.166 --> 24:51.375
Na cinta dicía que unha cruz pentagonal
amosaría o camiño.

24:52.041 --> 24:56.750
Mira. Camilla Loen,
Lisbeth Barli, Barbara Svendsen.

24:57.916 --> 24:59.708
Baséase neste mapa.

25:05.916 --> 25:07.000
Chama o resto.

25:10.833 --> 25:11.750
Todo cadra.

25:14.958 --> 25:17.916
É un código. Debémolo ver hai tempo.

25:18.000 --> 25:20.208
Explicóunolo claramente.

25:20.291 --> 25:24.166
Marca as súas vítimas cun diamante.

25:24.250 --> 25:26.833
- De que forma?
- De cinco puntas.

25:26.916 --> 25:29.875
Cortoulle un dos cinco dedos
a cada vítima.

25:29.958 --> 25:33.333
Os asasinatos e a desaparición
sucederon en tres semanas:

25:33.416 --> 25:36.416
venres, mércores e luns respectivamente.

25:36.500 --> 25:38.708
- Cantos días hai polo medio?
- Cinco.

25:38.791 --> 25:40.166
- Hora?
- Sobre as 17:00.

25:40.250 --> 25:41.750
O código é un número.

25:41.833 --> 25:45.333
Cinco. As vítimas estaban
no que parecen enderezos ao azar,

25:45.416 --> 25:48.291
pero teñen algo en común.

25:49.458 --> 25:51.708
Non é un número, é…

25:51.791 --> 25:54.166
- O quinto piso.
- O quinto piso.

25:54.250 --> 25:57.791
Pero por que o cinco?
É un número do mal ou que?

25:58.375 --> 26:04.791
Si, é moi común na bruxería,
no satanismo e na maxia negra.

26:04.875 --> 26:09.833
Temos cinco sentidos, hai
cinco etapas na vida, a acupuntura ten…

26:12.750 --> 26:15.833
Aquí o padrón máis importante é este.

26:15.916 --> 26:18.875
Debuxou un pentagrama sobre a cidade,

26:18.958 --> 26:22.375
deixou que a estrela
lle sinalase os lugares onde matar

26:22.458 --> 26:24.416
e agardou.

26:24.500 --> 26:28.083
O día e a hora adecuada.
Vestido de repartidor.

26:28.166 --> 26:29.500
Foi a Ullevålsveien,

26:29.583 --> 26:32.791
chamou o quinto piso
e respondeulle Camilla Loen.

26:32.875 --> 26:37.250
E Lisbeth Barli?
El non sabía que vivía no quinto piso.

26:37.333 --> 26:42.250
Quedou esperando no vestíbulo e viu
que o ascensor baixou do quinto piso.

26:42.750 --> 26:44.708
Seguiuna ata a rúa e…

26:44.791 --> 26:48.583
As vítimas son aleatorias,
a clave son as escenas do crime.

26:48.666 --> 26:52.875
Se Willy Barli collese o ascensor ese día,
no canto da súa muller,

26:52.958 --> 26:54.666
a vítima sería el.

26:54.750 --> 26:56.000
Agora, co código,

26:56.083 --> 26:59.583
non só sabemos
onde van ser os próximos dous asasinatos.

26:59.666 --> 27:01.666
Sabemos cando.

27:01.750 --> 27:03.750
Se son cinco días, toca…

27:03.833 --> 27:05.291
- O sábado.
- Mañá.

27:05.833 --> 27:07.708
E traballa en sentido horario.

27:07.791 --> 27:10.583
O próximo crime
será moi probablemente aquí,

27:10.666 --> 27:12.958
nunha residencia de estudantes en Kampen.

27:13.041 --> 27:15.208
- Informarei o equipo.
- Non.

27:15.291 --> 27:17.500
Non queremos outra filtración.

27:17.583 --> 27:21.750
Tom e a Delta irán á residencia
e Beate e eu iremos ao quinto enderezo.

27:21.833 --> 27:23.333
- Dime.
- Estamos aquí.

27:23.416 --> 27:26.416
Hai moitos cuartos,
o alumnado está de vacacións.

27:26.500 --> 27:27.625
Non hai quinto piso.

27:27.708 --> 27:30.833
Aquí hai unha casa dentro da estación.

27:30.916 --> 27:32.833
Tampouco ten quinto piso.

27:32.916 --> 27:35.416
Ben. Entramos e vemos o que podemos facer.

27:40.958 --> 27:42.958
- Ola?
- Ola.

27:43.041 --> 27:46.791
Ola. Somos da policía.
Podémoslle facer unhas preguntas?

27:46.875 --> 27:50.708
Construírona en 1934,
era unha clínica de tuberculose.

27:50.791 --> 27:52.708
Reconvertérona nunha residencia.

28:02.375 --> 28:04.791
Ese é meu fillo.

28:05.708 --> 28:08.000
Xa. Ben.

28:08.500 --> 28:13.458
Seguramente leu algo dos asasinatos
dunhas mozas as pasadas semanas.

28:14.041 --> 28:19.041
Si, algo oín, pero nunca leo cousas desas.

28:19.125 --> 28:21.166
Sospeitamos que é un asasino en serie

28:21.250 --> 28:25.083
e que un
dos seus próximos dous obxectivos…

28:29.375 --> 28:30.333
Xa, imos ver.

28:31.000 --> 28:33.708
O seu fillo pode quedar
aquí con vostede mañá?

28:34.666 --> 28:36.583
Ou pode quedar vostede con el?

28:38.000 --> 28:39.291
El vive fóra.

28:40.916 --> 28:42.083
Iso complícao.

28:43.083 --> 28:46.541
Pareceríalle ben
que un de nós estivese aquí mañá?

28:46.625 --> 28:50.541
Claro, soa estupendo.
Que se supón que vai pasar mañá?

28:50.625 --> 28:52.083
Seguramente nada.

29:00.000 --> 29:01.083
Grazas.

29:02.125 --> 29:05.541
En serio lle ías dicir
que era a seguinte vítima da lista?

29:14.166 --> 29:16.500
Está ben andar con rodeos ás veces.

29:16.583 --> 29:18.041
Iso dicía Ellen.

29:18.125 --> 29:20.833
Daquela oíchelo algunha vez, iso está ben.

29:21.916 --> 29:24.083
Nunca se me deu ben falar coa xente.

29:27.208 --> 29:30.041
Disparáronlle á túa muller.
Sen motivo ningún.

29:30.125 --> 29:33.500
A bala atravesoulle o cerebro, así que…

29:53.958 --> 29:55.291
- Boas.
- Ola.

29:55.375 --> 29:56.583
Mira quen é.

29:56.666 --> 29:58.375
Penso que descifrei o código.

29:59.916 --> 30:01.083
Pero…

30:03.291 --> 30:04.458
Pero que?

30:05.750 --> 30:06.833
Pois…

30:08.208 --> 30:11.375
Sinto que leo as palabras
sen entender o significado.

30:11.458 --> 30:15.500
- Como que?
- Como que agochou unha das vítimas.

30:17.625 --> 30:21.333
Córtalles un dedo da man esquerda
ás vítimas e vai por orde.

30:21.416 --> 30:25.166
Empezou co dedo índice,
despois o maior e logo o anular.

30:25.791 --> 30:27.291
Que sistemático.

30:27.916 --> 30:30.000
Por que non comezou polo polgar?

30:38.166 --> 30:41.666
Os códigos son coma as mulleres.
Ou descífralos ou toléante.

30:41.750 --> 30:45.625
- Repíteste.
- Falei claro a primeira vez.

30:55.333 --> 30:58.208
- Téñoche que contar algo.
- Ben.

30:58.291 --> 31:01.208
PRAGA

31:01.291 --> 31:03.250
Prométeme que non te vas enfadar.

31:04.000 --> 31:06.291
- Prométeo!
- Non podo prometer tal.

31:09.583 --> 31:10.791
Estou embarazada.

31:17.750 --> 31:18.750
Eu…

31:26.000 --> 31:28.875
Por favor, di algo.

31:37.541 --> 31:40.333
- Vou visitar a miña nai.
- Que?

31:40.416 --> 31:43.208
Sempre te preguntas
o que fago cando marcho.

31:46.416 --> 31:48.000
Vou visitar a miña nai.

31:49.041 --> 31:52.375
Tes a túa nai nesa cidade?

31:52.458 --> 31:54.041
Quérote, cariño.

31:55.500 --> 31:56.458
Que?

31:58.958 --> 32:03.000
Pero xa que agora
levas o noso fillo dentro,

32:03.083 --> 32:04.625
tes que saber

32:05.750 --> 32:07.125
o que fago exactamente.

32:09.208 --> 32:10.625
O que son en realidade.

32:40.291 --> 32:41.541
Que fas?

32:59.916 --> 33:01.125
Café instantáneo?

33:03.083 --> 33:05.708
Seguro que non queres probar nada mellor?

33:05.791 --> 33:07.666
Si, grazas.

33:07.750 --> 33:08.666
Xa o sei.

33:09.708 --> 33:11.500
Non quero perder o tempo.

33:13.166 --> 33:14.041
Non.

33:14.958 --> 33:16.833
Iso aplícase á vida en xeral.

33:23.958 --> 33:26.833
Isto, Harry, é café de verdade.

33:26.916 --> 33:29.125
Moito mellor ca o café instantáneo.

33:30.583 --> 33:32.708
Así é como o facemos na miña casa.

33:41.458 --> 33:43.125
Non me deixa moverme.

33:46.666 --> 33:49.583
- Que?
- Cando nos deitamos, Anders e eu.

33:51.208 --> 33:54.000
Non me deixa moverme nin facer son ningún.

33:54.875 --> 33:58.041
Di que deixa de excitarse
se ve que eu me excito.

34:00.958 --> 34:03.500
Cando nos excitamos, excitámonos, non si?

34:06.541 --> 34:07.375
Harry.

34:09.000 --> 34:10.375
Gústame mirarte.

34:13.375 --> 34:14.708
Gústame que…

34:16.291 --> 34:17.500
que me mires.

34:22.500 --> 34:24.041
Eu…

34:26.333 --> 34:27.291
Non podo.

34:31.083 --> 34:33.666
Non sei o que pensas que teño,

34:35.125 --> 34:36.125
pero non o teño.

34:38.125 --> 34:39.500
Es un tremendo clixé.

34:42.708 --> 34:44.541
Tranquilo, eu tamén.

34:54.750 --> 34:55.958
É Rakel?

35:01.500 --> 35:04.208
Deus, canta luz. Que di?

35:08.291 --> 35:10.916
Se aínda pode
vir comigo ao teatro o domingo.

35:14.583 --> 35:16.916
CHAMADA PERDIDA

35:18.833 --> 35:20.166
Perdoa, teño que…

35:21.500 --> 35:23.291
Tes unha mensaxe nova.

35:23.375 --> 35:25.333
Recibida ás 19:45.

35:27.208 --> 35:28.166
Ola.

35:30.250 --> 35:32.333
Non, non era nada.

35:46.041 --> 35:46.958
Ola.

35:53.750 --> 35:55.000
Como me atopaches?

35:56.458 --> 35:57.916
O niño dos corvos.

36:00.083 --> 36:01.208
Que fas aquí?

36:03.333 --> 36:04.541
Que fas ti aquí?

36:17.333 --> 36:18.166
Gústache?

36:22.083 --> 36:24.250
Non sei por que a papá e a ti si.

36:26.791 --> 36:28.333
É iso o que queres saber?

36:33.208 --> 36:34.416
Estiveches namorado?

36:36.583 --> 36:37.708
E ela?

36:39.833 --> 36:41.750
Con esta moza pasa un pouco o mesmo.

36:42.833 --> 36:44.000
É atractiva.

36:46.666 --> 36:48.416
E ao mesmo tempo…

36:50.416 --> 36:52.750
é moi perigosa para a xente coma min.

36:53.583 --> 36:54.416
E coma ti.

37:00.166 --> 37:01.166
Ben.

37:04.541 --> 37:07.250
O que intento dicir é que…

37:12.125 --> 37:14.833
Esta moza arruinoume a vida máis ca nada.

37:16.666 --> 37:17.958
E agora coñecíchela.

37:20.791 --> 37:22.166
Xa a podes deixar.

37:23.166 --> 37:24.375
Isto acaba aquí, si?

37:25.833 --> 37:28.333
E se eu tampouco podo parar?

37:33.708 --> 37:37.041
Se non volves beber…

37:39.416 --> 37:40.750
eu tampouco.

37:49.750 --> 37:50.916
Teño algo mellor.

37:55.500 --> 37:57.333
Se volvedes mamá e ti…

37:58.083 --> 37:59.750
prometo non beber máis.

38:15.708 --> 38:18.333
RESIDENCIA DE ESTUDANTES DE KAMPEN

38:18.416 --> 38:20.083
Non puxen ningún micrófono.

38:21.083 --> 38:23.083
Non precisamos son, só velo.

38:23.166 --> 38:24.583
Xa, tampouco hai sinal,

38:24.666 --> 38:27.625
así que non puiden
pór cámaras no ascensor.

38:30.791 --> 38:34.750
Dixéronlles aos residentes que non saísen
entre as 16:00 e as 18:00?

38:34.833 --> 38:35.666
Si.

38:36.208 --> 38:37.458
Ten boa pinta?

38:37.541 --> 38:39.916
Si. Estaremos alí moito antes das 17:00.

38:40.000 --> 38:42.833
24 persoas con MP3,
máscaras de gas, gas lacrimóxeno…

38:42.916 --> 38:45.333
Listas para actuar ao sinal do bus.

38:46.083 --> 38:49.416
Cando pete nunha porta
ou intente entrar a un piso.

38:50.541 --> 38:52.958
Agora só temos que agardar ata as 17:00.

38:57.583 --> 39:01.291
Oe, para o de mañá,
paréceche que vaia por ti ás 18:00?

39:01.375 --> 39:02.375
Paréceme.

39:03.875 --> 39:05.291
Que vas levar posto?

39:05.375 --> 39:07.166
Pensei en levar traxe.

39:07.250 --> 39:10.791
O que merquei en Hegdehaugsveien
para o 17 de maio. O escuro.

39:11.291 --> 39:15.125
- Xa, o único que tes.
- Si, sen dúbida levarei ese.

39:15.833 --> 39:16.666
Xa.

39:19.250 --> 39:20.458
Pero, oe…

39:23.583 --> 39:24.583
Dime.

39:26.041 --> 39:29.416
Dixen que si porque…

39:30.375 --> 39:33.208
pensei que sería
unha boa oportunidade para…

39:35.125 --> 39:37.125
Hai algo que teño que dicirche.

39:38.166 --> 39:39.041
Vale.

39:41.583 --> 39:42.500
Si.

39:43.000 --> 39:44.666
Pero farémolo cara a cara.

39:46.916 --> 39:48.791
- Xa. Chao.
- Chao.

40:08.625 --> 40:09.458
Pasou algo?

40:09.541 --> 40:12.458
As tropas levan esperando
dende onte á noite.

40:12.541 --> 40:14.875
Só estiveron pasando residentes.

40:14.958 --> 40:19.500
A rapaza do 303 levou un rapaz,
pero díxolle ao garda que era o seu mozo.

40:19.583 --> 40:20.916
Están todos esperando.

40:26.500 --> 40:28.333
- O té estará axiña.
- Ben.

40:28.916 --> 40:30.791
- Gústache o té?
- Encántame.

40:30.875 --> 40:31.708
Estupendo.

40:33.458 --> 40:38.041
BENVIDOS A OSLO

40:48.541 --> 40:51.416
Era todo así cando seu fillo era pequeno?

40:51.500 --> 40:54.291
Bos tempos e iso?

40:54.375 --> 40:56.583
Non se criou comigo.

40:57.750 --> 41:00.458
Quedei embarazada aos 15 anos.

41:01.125 --> 41:03.541
Si, foi un escándalo.

41:05.916 --> 41:07.916
Tiven que mandar fóra o meu neno.

41:08.416 --> 41:09.458
Pero…

41:10.833 --> 41:12.291
Como o levou vostede?

41:13.083 --> 41:14.708
Ao ser tan nova

41:16.000 --> 41:19.541
e ter que separarse do seu fillo…

41:20.833 --> 41:22.375
Non me deron outra opción.

41:22.458 --> 41:26.333
Iso dicían, pero sempre hai opción.

41:26.416 --> 41:29.583
Falleille. Eu seino e el sábeo.

41:33.750 --> 41:34.833
A que se dedica?

41:34.916 --> 41:37.500
Traballa con importacións.

41:38.375 --> 41:42.166
Coido que me dixo
que importa produtos de Europa Oriental.

41:42.250 --> 41:43.500
E vaille ben.

41:44.000 --> 41:46.166
Pese a todo. Non sempre foi así.

41:46.250 --> 41:48.625
Seguro que tedes algo del no arquivo.

41:48.708 --> 41:51.666
Pero iso non significa
que non lle poida ir ben.

41:52.166 --> 41:54.458
A xente cambia.

41:54.541 --> 41:55.375
Iso espero.

41:56.375 --> 41:59.250
Non fala moito del.

41:59.750 --> 42:02.166
Pero coido que atopou unha moza.

42:02.250 --> 42:06.291
Dixo por teléfono que tiña boas novas.
Contaramo cando veña.

42:06.375 --> 42:08.333
Cando veña? Vai vir?

42:08.416 --> 42:09.916
Si, vén hoxe á noite.

42:10.000 --> 42:13.416
Primeiro ten unha reunión,
pero queda na cidade ata mañá.

42:13.500 --> 42:15.041
Logo xa volve.

42:15.125 --> 42:16.791
- A onde?
- A Praga.

42:39.000 --> 42:41.208
Xa pasan das 17:00.

42:41.291 --> 42:43.166
Non parece que vaia vir.

42:45.500 --> 42:46.916
E se xa está aquí?

42:50.875 --> 42:53.916
Alguén viu saír o rapaz do 303?

42:54.000 --> 42:54.916
Non.

42:58.041 --> 42:59.291
Que comproben o 303.

42:59.375 --> 43:01.500
Non considero que o risco…

43:01.583 --> 43:02.666
Agora.

43:05.583 --> 43:07.333
Alfa para Charlie 2. Cambio.

43:07.416 --> 43:09.875
- Charlie 2.
- Rexistrade o 303.

43:09.958 --> 43:11.708
Recibido. Rexistramos o 303.

43:36.083 --> 43:37.875
Policía! Quietos!

43:40.791 --> 43:44.333
303 despexado.
Un rapaz e unha rapaza, ambos desarmados.

43:44.416 --> 43:47.500
Espidos e moi… vivos.

43:47.583 --> 43:48.458
Hostia!

43:50.083 --> 43:53.208
Que se vistan
e volvede á posición, Charlie 2.

43:53.291 --> 43:54.333
Recibido.

43:57.666 --> 44:01.125
Alguén entrou pola porta principal
e foi ao ascensor.

44:01.208 --> 44:04.875
Alfa a todas as unidades.
Posible suxeito no ascensor. Atentos.

44:20.083 --> 44:25.666
LISBETH ESTRÉASE EN PIGMALIÓN

44:36.541 --> 44:39.791
Posible suxeito
entra no sector de Bravo 2.

44:51.125 --> 44:52.875
Leva a man ao peto.

44:52.958 --> 44:55.333
Posible arma. Non lle vexo a man.

45:00.208 --> 45:01.416
Agora.

45:06.375 --> 45:09.125
Policía armada! Alto!

45:09.208 --> 45:10.875
- Tranquilo!
- Ao chan!

45:11.375 --> 45:12.541
Ao chan, dixen.

45:14.416 --> 45:16.041
Ten algo na man.

45:16.125 --> 45:17.208
Saca a mochila.

45:27.375 --> 45:29.000
Non é el.

45:29.083 --> 45:30.041
Como dis?

45:30.125 --> 45:34.958
O 205. É un dos que non demos localizado.

45:35.041 --> 45:38.416
Segundo esta lista,
chámase Odd Einar Lillebostad.

45:38.500 --> 45:43.166
Síntoo, pero coido que simplemente
Odd Einar Lillebostad chegaba á casa.

45:44.416 --> 45:46.000
Seguro que é para min?

45:47.375 --> 45:48.500
Tes un boli?

45:49.083 --> 45:49.916
Non?

46:03.875 --> 46:06.750
Gústame que Martin veña,
agora que estou soa.

46:06.833 --> 46:11.250
Xa, imaxino que se pode sentir soa aquí.

46:11.333 --> 46:15.958
Si, pero Martin ten vido bastante a miúdo,
non me podo queixar.

46:16.041 --> 46:19.125
Ten vido moito ultimamente?

46:19.625 --> 46:24.000
Si, unha vez á semana as últimas catro…
Non, máis a miúdo.

46:24.083 --> 46:26.291
Veu por aquí cada cinco días.

46:26.375 --> 46:29.166
A última vez que estivo aquí
tróuxome unha xoia.

46:29.916 --> 46:35.000
Seica só fan xemas coma esta en Praga.

46:35.875 --> 46:37.500
"Ola! Deume unha arroutada.

46:37.583 --> 46:41.583
Fun a Marrocos con Georg,
un mozo que coñecín.

46:42.083 --> 46:43.958
Estaremos cos pais del

46:44.041 --> 46:47.083
nunha pequena vila na montaña
que se chama Hassane.

46:47.166 --> 46:49.791
Disque non hai
moita cobertura nin Internet.

46:49.875 --> 46:53.458
Avísovos así que volva á casa. Marius."

47:27.625 --> 47:32.625
LISBETH ESTRÉASE EN PIGMALIÓN

47:43.250 --> 47:47.458
BASEADA NA NOVELA
A ESTRELA DO DIABO DE JO NESBØ

49:04.083 --> 49:09.041
Subtítulos: Lucía Doval
A DO DIABO DE JO NESBØ
