1
00:00:54,280 --> 00:00:56,040
Ai, Harald!

2
00:00:59,680 --> 00:01:01,600
Ola, son Harald.

3
00:01:01,680 --> 00:01:05,080
Agora non podo responder,
pero deixa unha mensaxe.

4
00:01:05,600 --> 00:01:06,520
Ola, papá.

5
00:01:10,400 --> 00:01:11,400
CHAMADA PERDIDA

6
00:01:21,760 --> 00:01:22,600
Diga?

7
00:01:23,120 --> 00:01:24,200
Espera.

8
00:01:24,280 --> 00:01:25,400
Non te oio.

9
00:01:59,560 --> 00:02:02,040
BASEADO NAS NOVELAS DE VIVECA STEN

10
00:02:41,040 --> 00:02:44,680
AGOCHADO NA NEVE
PARTE 1

11
00:02:54,960 --> 00:02:57,160
Ódioo, Lydia. Non podo esquecelo.

12
00:02:57,240 --> 00:02:59,600
Enténdote, meu ben. Non pasa nada.

13
00:02:59,680 --> 00:03:02,480
Sei que é unha putada,
pero sairás adiante.

14
00:03:02,560 --> 00:03:05,760
A ver, Christian non pode botarte do piso.

15
00:03:05,840 --> 00:03:07,440
Por algo existe

16
00:03:07,520 --> 00:03:09,080
a lei da Convivencia.

17
00:03:09,160 --> 00:03:11,000
Faime caso, anda.

18
00:03:11,080 --> 00:03:13,760
Dedícome a isto, Hanna.

19
00:03:13,840 --> 00:03:16,960
É bo que marches,
así podes centrarte noutras cousas.

20
00:03:17,040 --> 00:03:20,040
Mandeiche o código para entrar.
Podes usar o coche.

21
00:03:20,120 --> 00:03:23,720
- Estou baldada.
- A chave está no corredor. Esquéceo.

22
00:03:24,240 --> 00:03:27,240
Colle os esquís, fai o que queiras.

23
00:03:27,320 --> 00:03:29,800
- Hai moitas…
- Non vou ir esquiar.

24
00:03:30,680 --> 00:03:31,520
Vale.

25
00:03:44,520 --> 00:03:45,520
Puto moinante.

26
00:04:00,320 --> 00:04:01,360
A ver, ho.

27
00:04:04,920 --> 00:04:07,440
Chegou ao seu destino.

28
00:05:13,960 --> 00:05:18,640
Bo día, Åre, hoxe é Santa Lucía.
Axiña van abrir as pistas de esquí…

29
00:05:18,720 --> 00:05:21,480
Kalle, hai que apurar, veña.

30
00:05:22,720 --> 00:05:23,640
Amanda.

31
00:05:28,320 --> 00:05:29,480
Amanda.

32
00:05:32,240 --> 00:05:34,160
Amanda, vas chegar tarde.

33
00:05:39,680 --> 00:05:40,600
Esta rapaza…

34
00:05:47,720 --> 00:05:49,360
- Eh.
- Que?

35
00:05:49,440 --> 00:05:51,040
Amanda non está na casa.

36
00:05:51,120 --> 00:05:54,520
- Que?
- Non, debeu quedar na de Ebba.

37
00:05:55,040 --> 00:05:58,640
- Odio que faga isto.
- Tranquila, hoxe é Santa Lucía.

38
00:05:58,720 --> 00:06:00,360
Abaixo, para.

39
00:06:05,200 --> 00:06:06,680
Ola, Mira!

40
00:06:06,760 --> 00:06:08,680
Non, Ludde, volve aquí!

41
00:06:10,440 --> 00:06:11,280
Pasa.

42
00:06:11,360 --> 00:06:13,720
Cámbiate, hai que estar alí en media hora.

43
00:06:13,800 --> 00:06:14,640
Bule!

44
00:06:16,000 --> 00:06:19,360
Toma, Harald esqueceu isto.

45
00:06:19,880 --> 00:06:22,280
- Fun cedo ao traballo e vin…
- Ah.

46
00:06:22,360 --> 00:06:24,080
- Estaba na súa mesa.
- Xa.

47
00:06:24,160 --> 00:06:25,280
Harald!

48
00:06:25,360 --> 00:06:27,520
Mira tróuxoche o móbil!

49
00:06:27,600 --> 00:06:29,480
Síntoo, isto é un caos.

50
00:06:29,560 --> 00:06:32,680
É Santa Lucía e pensei que eras Amanda.

51
00:06:32,760 --> 00:06:34,120
- Ah.
- Imos tarde.

52
00:06:34,200 --> 00:06:35,600
- Aquí estás.
- Si.

53
00:06:36,120 --> 00:06:36,960
Ola.

54
00:06:38,400 --> 00:06:39,240
A ver…

55
00:06:40,080 --> 00:06:44,000
Fredrik atopouno no meu coche.

56
00:06:45,000 --> 00:06:47,000
Creo que o sabe.

57
00:06:48,080 --> 00:06:50,280
Logo temos que ter máis coidado.

58
00:06:50,360 --> 00:06:52,040
Non, Harald, isto…

59
00:06:52,760 --> 00:06:54,560
- Temos que parar.
- Pero Mira…

60
00:06:54,640 --> 00:06:57,240
Non. Tiñas que ter visto como me mirou.

61
00:06:57,320 --> 00:07:00,320
Falemos disto en privado, non aquí.

62
00:07:00,400 --> 00:07:01,520
Amor…

63
00:07:03,120 --> 00:07:06,400
Ludde escapou
e non teño tempo para ir collelo.

64
00:07:06,480 --> 00:07:09,040
Podes ir ti? Imos moi tarde.

65
00:07:09,120 --> 00:07:10,120
Vou tolear.

66
00:07:11,000 --> 00:07:13,280
Vés con Fredrik tomar un viño quente?

67
00:07:13,360 --> 00:07:14,680
- Si.
- Xenial.

68
00:07:14,760 --> 00:07:16,040
- Vémonos.
- Si.

69
00:07:17,600 --> 00:07:20,200
Kalle! Bule, temos que marchar!

70
00:07:20,280 --> 00:07:23,560
Estaba eu pensando
que ao xantar poderiamos ir e…

71
00:07:23,640 --> 00:07:24,480
Non, Harald.

72
00:07:25,280 --> 00:07:26,400
Non.

73
00:07:27,400 --> 00:07:29,400
Non, teño que marchar.

74
00:07:36,480 --> 00:07:38,960
AMANDA
CHAMADA PERDIDA

75
00:07:50,920 --> 00:07:54,640
Brilla na escuridade da noite,

76
00:07:54,720 --> 00:07:58,520
sae á luz das candeas.

77
00:07:58,600 --> 00:08:02,400
Santa Lucía.

78
00:08:02,480 --> 00:08:06,520
Santa Lucía.

79
00:08:10,880 --> 00:08:12,320
Ti, raio eterno,

80
00:08:14,240 --> 00:08:15,640
que todo iluminas…

81
00:08:18,080 --> 00:08:19,840
Entra nos nosos corazóns

82
00:08:19,920 --> 00:08:21,520
e escorrenta o frío.

83
00:08:24,160 --> 00:08:25,560
Estou ante todos vós

84
00:08:26,240 --> 00:08:27,960
coma antano,

85
00:08:28,480 --> 00:08:30,080
con candeas na coroa

86
00:08:30,160 --> 00:08:31,800
e un canto evocador.

87
00:09:34,480 --> 00:09:35,440
Dálle atrás!

88
00:09:37,760 --> 00:09:38,600
Non, logo.

89
00:09:55,640 --> 00:09:56,680
- Ola.
- Ola.

90
00:09:56,760 --> 00:09:58,480
- É de sentido único.
- Vale.

91
00:09:58,560 --> 00:10:01,640
- Vai para atrás e colle á dereita.
- Vale, perfecto.

92
00:10:04,440 --> 00:10:05,520
Por Deus…

93
00:10:05,600 --> 00:10:07,160
É que non é o meu coche.

94
00:10:13,200 --> 00:10:14,160
De quen é?

95
00:10:14,880 --> 00:10:15,960
De miña irmá.

96
00:10:16,040 --> 00:10:17,960
Ou se cadra de meu cuñado.

97
00:10:19,720 --> 00:10:21,440
- O carné de conducir.
- Si.

98
00:10:27,600 --> 00:10:29,560
Deixeino no meu coche, pero…

99
00:10:31,360 --> 00:10:32,520
Si.

100
00:10:32,600 --> 00:10:34,800
Baixa do coche, por favor.

101
00:10:37,040 --> 00:10:38,240
- Boas.
- Ola.

102
00:10:40,840 --> 00:10:41,920
Anda,

103
00:10:42,840 --> 00:10:43,840
esquecíame.

104
00:10:44,520 --> 00:10:46,560
POLICÍA

105
00:10:50,200 --> 00:10:51,120
Benvida a Åre.

106
00:10:51,200 --> 00:10:52,800
Atrás e á dereita.

107
00:10:52,880 --> 00:10:54,760
Grazas. Que teñas un bo día.

108
00:10:57,320 --> 00:10:58,240
Un bo día…

109
00:11:04,360 --> 00:11:06,120
Xa lle vou dar para atrás.

110
00:12:04,360 --> 00:12:05,240
- Ola.
- Ola.

111
00:12:05,320 --> 00:12:06,240
Está Amanda?

112
00:12:07,320 --> 00:12:08,160
Non.

113
00:12:11,760 --> 00:12:13,080
Non durmiu aquí?

114
00:12:13,800 --> 00:12:16,080
Non foi durmir á casa?

115
00:12:16,760 --> 00:12:19,440
Non estivo onte aquí na festa?

116
00:12:19,520 --> 00:12:20,360
Estivo,

117
00:12:21,320 --> 00:12:22,800
pero marchou.

118
00:12:22,880 --> 00:12:24,720
E a onde foi?

119
00:12:25,240 --> 00:12:26,400
Non o sei.

120
00:12:28,480 --> 00:12:29,600
Cando marchou?

121
00:12:30,760 --> 00:12:32,920
Tarde. Non me lembro ben.

122
00:12:35,920 --> 00:12:39,800
- Alguén debe saber onde está.
- Se cadra foi ver a Viktor.

123
00:12:41,120 --> 00:12:42,640
Quen é Viktor?

124
00:12:43,320 --> 00:12:44,720
Non o sei.

125
00:12:46,560 --> 00:12:47,640
Quen é Viktor?

126
00:12:47,720 --> 00:12:51,000
Non o sei, só sei que se chama Viktor.

127
00:12:51,080 --> 00:12:53,960
- Non viches nada no móbil?
- Non.

128
00:12:54,040 --> 00:12:56,200
- En Snapchat ou en algo diso?
- Non.

129
00:12:56,280 --> 00:13:00,400
Dille que nos chame decontado
en canto saibas onde está.

130
00:13:01,040 --> 00:13:02,320
- Vale, Ebba?
- Si.

131
00:13:20,440 --> 00:13:22,600
Non, merda.

132
00:13:33,640 --> 00:13:34,800
Que pasou?

133
00:13:34,880 --> 00:13:36,760
Ola. Non pasou nada.

134
00:13:36,840 --> 00:13:38,400
Daniel Lindskog, policía.

135
00:13:38,480 --> 00:13:40,760
- O meu colega, Anton Lundgren.
- Ola.

136
00:13:40,840 --> 00:13:42,680
Chameinos, non podía esperar.

137
00:13:42,760 --> 00:13:45,800
A xente que desaparece
adoita volver nuns días.

138
00:13:45,880 --> 00:13:47,840
Co frío, o asunto é máis serio.

139
00:13:47,920 --> 00:13:49,920
Xa hai patrullas buscando.

140
00:13:50,000 --> 00:13:54,560
Fun á casa de Ebba.
Dixo que Amanda marchou onte á noite.

141
00:13:55,080 --> 00:13:59,680
E non tiña a bici alí,
así que debeuna levar a algures.

142
00:14:00,480 --> 00:14:03,920
Ebba dixo que iría onda Viktor,
pero non sabe quen é.

143
00:14:04,000 --> 00:14:06,080
Viktor? É o mozo?

144
00:14:07,480 --> 00:14:09,520
Non, nunca oín ese nome.

145
00:14:09,600 --> 00:14:11,160
- E ti?
- Non.

146
00:14:12,080 --> 00:14:14,360
Non, Amanda non tiña mozo.

147
00:14:14,440 --> 00:14:16,360
Onte á noite recibín isto.

148
00:14:17,280 --> 00:14:20,200
Non tiña o móbil na casa.

149
00:14:20,280 --> 00:14:22,760
Deixeino no traballo, moi típico de min.

150
00:14:22,840 --> 00:14:24,640
- Ola, papá, son eu.
- Mirade.

151
00:14:24,720 --> 00:14:26,800
Non quero quedar máis aquí.

152
00:14:27,680 --> 00:14:31,760
Podes virme buscar? Non bebín moito,

153
00:14:31,840 --> 00:14:34,920
pero non chamo a mamá
porque me vai berrar seguro.

154
00:14:36,320 --> 00:14:37,360
Chámame.

155
00:14:38,200 --> 00:14:40,880
Ou se non ata mañá.

156
00:14:40,960 --> 00:14:41,960
Quérote.

157
00:14:43,120 --> 00:14:45,920
- E non me dis nada?
- Estabas na igrexa.

158
00:14:46,000 --> 00:14:48,200
- Que?
- Deixei o móbil no traballo.

159
00:14:50,240 --> 00:14:52,760
Vale, imos buscar o tal Viktor.

160
00:14:52,840 --> 00:14:55,640
Logo buscarémola coa unidade de rescate.

161
00:14:56,160 --> 00:14:59,080
Precisamos unha prenda
para o can de busca.

162
00:14:59,840 --> 00:15:01,280
Claro, vou por ela.

163
00:15:57,720 --> 00:15:59,080
CO MEU AMOR

164
00:15:59,160 --> 00:16:00,720
Pero Christian…

165
00:16:15,080 --> 00:16:19,600
PARABÉNS

166
00:16:19,680 --> 00:16:20,520
PUBLICAR

167
00:16:29,360 --> 00:16:31,600
ALERTA AMARELA
BUSCAN A AMANDA, 17 ANOS

168
00:16:31,680 --> 00:16:32,520
CONTRASINAL

169
00:16:36,840 --> 00:16:38,440
CONTACTA COA POLICÍA

170
00:16:38,520 --> 00:16:41,000
SE VICHES A AMANDA OU TES INFORMACIÓN

171
00:16:45,320 --> 00:16:47,200
Hai unha rapaza desaparecida.

172
00:16:47,280 --> 00:16:49,080
Desapareceu cando eu cheguei.

173
00:16:51,320 --> 00:16:53,880
E que? Que me queres dicir?

174
00:16:54,680 --> 00:16:56,880
Hai unha alerta de Persoas Desaparecidas.

175
00:16:57,920 --> 00:17:00,560
Pero Hanna, estás en Åre para desconectar.

176
00:17:00,640 --> 00:17:03,320
Non te metas en algo así por agora.

177
00:17:04,640 --> 00:17:05,480
Eh.

178
00:17:06,960 --> 00:17:08,000
Hanna.

179
00:17:09,000 --> 00:17:09,840
Si, xa.

180
00:17:09,920 --> 00:17:12,520
Coñézote ben, faime caso.

181
00:17:12,600 --> 00:17:13,680
Xa.

182
00:17:13,760 --> 00:17:15,520
- Mira para min.
- Que?

183
00:17:15,600 --> 00:17:19,880
- Xa verás que todo se soluciona.
- Xa o sei.

184
00:17:19,960 --> 00:17:20,800
- Vale?
- Si.

185
00:17:21,600 --> 00:17:23,240
Descansa un pouco.

186
00:17:30,320 --> 00:17:32,440
OPERACIÓN DE BUSCA

187
00:17:57,240 --> 00:17:58,280
Boas.

188
00:17:58,800 --> 00:18:00,480
Ola, como te chamas?

189
00:18:00,560 --> 00:18:01,720
Hanna Ahlander.

190
00:18:02,240 --> 00:18:03,960
Hanna Ahl… Aquí.

191
00:18:04,040 --> 00:18:05,080
Benvida.

192
00:18:05,160 --> 00:18:07,240
Colle un chaleco e un bastón.

193
00:18:07,320 --> 00:18:09,640
Nun anaco darán as instrucións.

194
00:18:09,720 --> 00:18:10,560
Grazas.

195
00:18:11,680 --> 00:18:13,000
Oídesme todos?

196
00:18:17,280 --> 00:18:18,840
Atención, por favor.

197
00:18:20,360 --> 00:18:22,600
Imos informarvos rapidamente.

198
00:18:23,120 --> 00:18:24,680
Xente, a nosa misión

199
00:18:25,880 --> 00:18:27,360
é atopar a Amanda.

200
00:18:28,240 --> 00:18:30,960
Ten o pelo longo e negro.

201
00:18:32,200 --> 00:18:35,800
Cando desapareceu
levaba posto un plumífero azul.

202
00:18:35,880 --> 00:18:39,120
Seguiremos buscando
mentres haxa luz do día, estamos?

203
00:18:40,320 --> 00:18:43,440
Moita sorte. A ver se atopamos a Amanda.

204
00:19:08,320 --> 00:19:10,760
PERSOAS DESAPARECIDAS

205
00:19:30,320 --> 00:19:31,400
Ola!

206
00:19:31,480 --> 00:19:33,320
Atopei algo aquí!

207
00:19:38,400 --> 00:19:41,240
Recoñecémola decontado.
Amanda lévaa á clase.

208
00:19:42,520 --> 00:19:45,040
Atopárona uns rapaces da súa clase.

209
00:19:45,560 --> 00:19:46,560
Grazas.

210
00:19:46,640 --> 00:19:48,000
- E ti es?
- Perdón.

211
00:19:48,080 --> 00:19:50,520
Lasse Sandahl, o titor de Amanda.

212
00:19:52,120 --> 00:19:55,120
Bosse, centra a busca nesta zona
antes de anoitecer.

213
00:19:55,200 --> 00:19:57,120
- Claro.
- Grazas.

214
00:19:57,200 --> 00:19:58,040
Anton.

215
00:20:00,120 --> 00:20:01,400
Non pinta ben.

216
00:20:01,480 --> 00:20:03,480
Non, está claro que a agocharon.

217
00:20:03,560 --> 00:20:04,400
Si, non?

218
00:20:05,680 --> 00:20:08,800
Preguntarei nas casas
por se alguén viu algo.

219
00:20:08,880 --> 00:20:10,240
Hai que dar con Viktor.

220
00:20:17,240 --> 00:20:18,760
Fixeches isto antes?

221
00:20:19,840 --> 00:20:20,680
Non.

222
00:20:22,680 --> 00:20:24,600
Espero que non a atopemos.

223
00:20:27,000 --> 00:20:30,560
Oxalá estea a salvo
e non teña gana de chamar a ninguén.

224
00:20:31,160 --> 00:20:32,280
Es de Åre?

225
00:20:32,800 --> 00:20:35,520
Non, de Järpen, a uns quilómetros ao sur.

226
00:20:36,600 --> 00:20:37,480
Coñécela?

227
00:20:38,240 --> 00:20:39,760
Si, sei quen é.

228
00:20:41,000 --> 00:20:41,960
Como é?

229
00:20:42,720 --> 00:20:43,560
Amanda.

230
00:20:44,280 --> 00:20:45,840
Un amor de persoa,

231
00:20:46,680 --> 00:20:48,920
pero con mal gusto cos homes.

232
00:20:49,000 --> 00:20:49,880
Por que?

233
00:20:51,520 --> 00:20:53,960
Non sei, non quero rexoubar.

234
00:20:54,040 --> 00:20:56,040
Xa, enténdoo, pero…

235
00:20:56,560 --> 00:20:57,520
ti que cres?

236
00:20:59,480 --> 00:21:01,880
Saín co mozo de Amanda o ano pasado.

237
00:21:01,960 --> 00:21:05,040
É un xornaleiro.
Esperaba que non volvese este ano.

238
00:21:06,120 --> 00:21:08,000
Cando bebe, bota chispas.

239
00:21:11,640 --> 00:21:13,600
Grazas a todos polo traballo.

240
00:21:14,120 --> 00:21:16,920
Seguiremos mañá cando abra o día.

241
00:21:21,440 --> 00:21:22,280
Grazas.

242
00:21:23,520 --> 00:21:24,800
Sóltame!

243
00:21:25,640 --> 00:21:29,520
Bosse, non podedes parar.
Tedes que seguir buscándoa.

244
00:21:29,600 --> 00:21:31,800
Síntoo, pero logo será noite.

245
00:21:31,880 --> 00:21:33,400
- Non podemos…
- Pero…

246
00:21:33,480 --> 00:21:35,040
- Será noite.
- Sóltame!

247
00:21:35,120 --> 00:21:37,000
A miña meniña está por aí.

248
00:21:37,080 --> 00:21:38,120
Déixame!

249
00:21:38,200 --> 00:21:40,440
Por favor, non a deixedes.

250
00:21:40,520 --> 00:21:41,360
Dixo…

251
00:21:42,360 --> 00:21:44,560
- Seguide buscando.
- Xa anoitece.

252
00:21:44,640 --> 00:21:45,960
- Non podemos.
- Non.

253
00:21:46,040 --> 00:21:47,360
- Non podemos.
- Como?

254
00:21:47,440 --> 00:21:50,000
- Non podemos.
- Non, aínda non é noite!

255
00:21:50,080 --> 00:21:51,520
- Por favor!
- Vamos.

256
00:21:51,600 --> 00:21:54,080
O carallo! Non facedes nada!

257
00:21:54,160 --> 00:21:55,080
Non me toques.

258
00:21:58,200 --> 00:22:00,040
Lena, escoita.

259
00:22:00,560 --> 00:22:01,600
Lena, ven.

260
00:22:02,120 --> 00:22:03,240
Enténdote.

261
00:22:04,400 --> 00:22:05,240
Ven.

262
00:22:07,960 --> 00:22:08,800
Tranquila.

263
00:22:15,680 --> 00:22:18,000
Amanda igual tiña mozo, Viktor.

264
00:22:18,080 --> 00:22:18,920
Si?

265
00:22:20,440 --> 00:22:22,040
Son a poli de onte.

266
00:22:22,120 --> 00:22:23,520
- Si, xa sei.
- Ben.

267
00:22:23,600 --> 00:22:27,000
Intentamos buscalo.
Ninguén sabe quen é nin os apelidos.

268
00:22:27,920 --> 00:22:29,640
É un xornaleiro, Viktor Malm.

269
00:22:29,720 --> 00:22:33,640
Amoestárono por agresión
cando era adolescente.

270
00:22:33,720 --> 00:22:35,720
- Viktor?
- Estiven coa súa ex.

271
00:22:36,560 --> 00:22:40,360
O ano pasado alugou un piso en Björn…
Anotei o nome.

272
00:22:40,440 --> 00:22:41,280
Björnänge?

273
00:22:41,360 --> 00:22:42,840
Si, Björnänge.

274
00:22:43,960 --> 00:22:44,800
Grazas.

275
00:22:45,680 --> 00:22:46,880
Algo máis?

276
00:22:46,960 --> 00:22:48,480
Non.

277
00:22:48,560 --> 00:22:50,880
- Xa sabes onde atoparnos.
- Si.

278
00:23:07,560 --> 00:23:08,760
Comisaria Grip.

279
00:23:09,320 --> 00:23:12,280
- Si?
- Hanna Ahlander, policía de Estocolmo.

280
00:23:13,200 --> 00:23:16,560
Participei na busca e quería saudar.

281
00:23:17,920 --> 00:23:21,200
Non é algo común,
pero teño unha excedencia.

282
00:23:21,280 --> 00:23:25,400
Se precisades xente, gustaríame falar
sobre un posto temporal en Åre.

283
00:23:26,760 --> 00:23:29,200
Que tal agora? Teño fame.

284
00:23:30,680 --> 00:23:31,520
Claro.

285
00:23:50,280 --> 00:23:51,760
- Ola.
- Ola, amor.

286
00:23:53,480 --> 00:23:55,320
- Atopástela?
- Non.

287
00:23:55,400 --> 00:23:58,520
Voume dar unha ducha
e logo teño que volver.

288
00:24:02,840 --> 00:24:03,880
É horrible.

289
00:24:03,960 --> 00:24:05,200
Xa.

290
00:24:07,760 --> 00:24:10,400
Lévoo peor desde que tivemos a Alice.

291
00:24:11,320 --> 00:24:13,360
É peor cando son tan novas.

292
00:24:13,440 --> 00:24:14,440
Enténdoo.

293
00:24:14,960 --> 00:24:16,840
Tes unha casa aquí?

294
00:24:16,920 --> 00:24:18,840
- Non, é de miña irmá.
- Ah.

295
00:24:19,880 --> 00:24:22,080
Logo xa tes vido moito a Åre.

296
00:24:22,160 --> 00:24:24,440
De cativa, pero os últimos anos non.

297
00:24:26,840 --> 00:24:30,080
- Fálame un pouco de ti.
- Pois…

298
00:24:32,680 --> 00:24:37,080
Levo tres anos na unidade
de Violencia Doméstica de Estocolmo.

299
00:24:38,760 --> 00:24:40,000
Pero ese tipo de…

300
00:24:40,960 --> 00:24:44,040
delitos acaban afectándoche moito.

301
00:24:44,120 --> 00:24:45,960
Si, é comprensible.

302
00:24:47,320 --> 00:24:49,160
Pedín dous meses de excedencia.

303
00:24:50,200 --> 00:24:51,840
Tiña que cambiar de aires.

304
00:24:52,360 --> 00:24:56,320
Normalmente collemos axentes
doutras zonas en tempada alta.

305
00:24:56,400 --> 00:24:58,080
Irei ao gran.

306
00:24:59,040 --> 00:25:02,040
Non temos xente,
e teño un mal presentimento.

307
00:25:02,120 --> 00:25:03,920
Viranos ben a túa axuda.

308
00:25:04,440 --> 00:25:08,240
Pero estás de baixa? Necesitas descansar?

309
00:25:09,120 --> 00:25:12,520
Non, podo empezar xa. Quero empezar xa.

310
00:25:13,120 --> 00:25:14,240
Ben.

311
00:25:14,320 --> 00:25:18,080
O papelame destes traslados
tarda unha semana máis ou menos.

312
00:25:18,160 --> 00:25:20,360
Entre tanto, podes empezar.

313
00:25:20,440 --> 00:25:21,280
Perfecto.

314
00:25:50,320 --> 00:25:51,720
Estou limpando.

315
00:25:53,080 --> 00:25:54,160
Vale, perdoa.

316
00:25:54,240 --> 00:25:55,120
Vale.

317
00:25:55,640 --> 00:25:56,680
Son Zuhra.

318
00:25:57,800 --> 00:25:59,800
Son Hanna. É a casa de miña irmá.

319
00:26:02,600 --> 00:26:04,520
Virei outro día lavar a roupa.

320
00:26:04,600 --> 00:26:06,280
Si, claro.

321
00:26:06,360 --> 00:26:07,200
Si.

322
00:26:07,280 --> 00:26:09,120
Queres que che pague ou…?

323
00:26:09,200 --> 00:26:11,200
- Lévote a algures?
- Non, xa…

324
00:26:11,280 --> 00:26:12,840
- Xa está.
- Vale.

325
00:26:13,680 --> 00:26:15,800
- Vale, boa noite.
- Si, boa noite.

326
00:27:02,040 --> 00:27:03,480
Amanda, onde estás?

327
00:27:12,960 --> 00:27:14,000
Amanda!

328
00:27:15,160 --> 00:27:20,200
CONSTRUCIÓNS BERG, S. L.

329
00:27:26,560 --> 00:27:30,320
Amanda marchou coa bicicleta eléctrica…

330
00:27:30,400 --> 00:27:31,240
Ola.

331
00:27:32,680 --> 00:27:35,280
Volveron poñer a conferencia de prensa

332
00:27:35,360 --> 00:27:36,560
nas noticias locais.

333
00:27:36,640 --> 00:27:37,480
Xa.

334
00:27:40,040 --> 00:27:42,720
Es a secretaria do pai.

335
00:27:42,800 --> 00:27:43,760
E el…

336
00:27:44,280 --> 00:27:46,240
estará un tempo sen traballar.

337
00:27:47,000 --> 00:27:47,880
Que?

338
00:27:48,400 --> 00:27:51,040
Supoño que traballarás con outra persoa.

339
00:27:52,560 --> 00:27:54,840
- De que falas?
- Nada, pregunto.

340
00:27:54,920 --> 00:27:56,800
Desapareceu a súa filla.

341
00:27:56,880 --> 00:28:00,840
Todo o mundo está a buscar por ela
e preocúpache o meu traballo?

342
00:28:11,920 --> 00:28:16,120
…contacten coa Persoas Desaparecidas
se queren axudar.

343
00:28:26,800 --> 00:28:27,640
Ludde!

344
00:28:35,720 --> 00:28:37,920
Ola, papá, son eu.

345
00:28:38,000 --> 00:28:40,080
Non quero quedar máis aquí.

346
00:28:41,000 --> 00:28:44,400
Podes virme buscar? Non bebín moito…

347
00:28:45,240 --> 00:28:46,480
Ludde, por favor!

348
00:28:48,280 --> 00:28:49,280
Ven aquí!

349
00:28:53,640 --> 00:28:55,600
Ludde, ven aquí!

350
00:29:07,600 --> 00:29:09,400
Papá!

351
00:29:09,480 --> 00:29:11,840
Ven! Pasoulle algo a Ludde!

352
00:29:11,920 --> 00:29:13,200
Papá, corre!

353
00:29:13,280 --> 00:29:14,960
Busco a Viktor Malm.

354
00:29:15,040 --> 00:29:17,200
Alugou o seu piso hai un ano.

355
00:29:17,280 --> 00:29:18,360
Non a atopamos.

356
00:29:18,440 --> 00:29:19,680
- Vale.
- Repítao.

357
00:29:19,760 --> 00:29:22,200
- Sabe a onde se mudou?
- Pregúntolle…

358
00:29:22,280 --> 00:29:23,200
Moitas grazas.

359
00:29:23,720 --> 00:29:26,080
Pregúntolle se viu…

360
00:29:26,160 --> 00:29:28,040
- Non podo axudar.
- Chamareino.

361
00:29:28,120 --> 00:29:30,760
Vale, segundo a operadora,

362
00:29:30,840 --> 00:29:34,040
o móbil de Amanda
conectouse a unha torre ás 2:14.

363
00:29:34,120 --> 00:29:35,560
Despois, nada.

364
00:29:35,640 --> 00:29:39,360
Con todo, o móbil de Viktor
leva uns días activo por Såssjön.

365
00:29:40,040 --> 00:29:41,160
Coñezo a zona.

366
00:29:41,240 --> 00:29:44,160
Hai unha cabana abandonada por aló.

367
00:29:44,240 --> 00:29:46,280
- Sabes onde está?
- Sei.

368
00:29:46,880 --> 00:29:47,720
Vamos.

369
00:29:50,560 --> 00:29:54,360
Viktor foi amoestado
por agredir a súa antiga moza.

370
00:29:54,440 --> 00:29:57,760
Amanda estará retida na cabana
en contra da súa vontade.

371
00:29:58,280 --> 00:30:00,760
Iremos ao seguro: entramos directamente.

372
00:30:11,280 --> 00:30:12,840
- Irei por atrás.
- Vale.

373
00:30:12,920 --> 00:30:14,560
Ti primeiro, cúbrote eu.

374
00:30:26,200 --> 00:30:28,560
Dúas persoas. Non se ve ben á dereita.

375
00:30:28,640 --> 00:30:29,880
Estou atrás.

376
00:30:29,960 --> 00:30:30,800
Adiante.

377
00:30:32,080 --> 00:30:33,920
- Policía!
- Policía!

378
00:30:34,440 --> 00:30:36,040
- Mans arriba!
- As mans!

379
00:30:36,120 --> 00:30:38,320
- Non te movas.
- Que facedes?

380
00:30:39,040 --> 00:30:39,880
E Amanda?

381
00:30:41,640 --> 00:30:42,800
Pero que facedes?

382
00:30:42,880 --> 00:30:43,760
Onde está?

383
00:30:43,840 --> 00:30:45,120
E eu que sei.

384
00:30:45,640 --> 00:30:46,600
Quen é Amanda?

385
00:30:47,240 --> 00:30:49,440
Vístete. Vés connosco a comisaría.

386
00:33:23,200 --> 00:33:26,000
Subtítulos: María Suárez Seijas

