1
00:00:12,387 --> 00:00:15,765
- Por que os tíos non din o que pensan?
- E perder o misterio?

2
00:00:16,307 --> 00:00:17,934
Escribiuche Nico, non?

3
00:00:18,018 --> 00:00:20,103
Oui. Toma, que che parece?

4
00:00:20,186 --> 00:00:23,606
"Esta noite vou cuns amigos
a un cine ó aire libre. Vés?"

5
00:00:23,690 --> 00:00:24,607
Soa divertido.

6
00:00:24,691 --> 00:00:27,318
Pero é unha cita? Non soa a cita.

7
00:00:27,402 --> 00:00:29,112
Queres que o sexa?

8
00:00:29,195 --> 00:00:33,199
A ver, gústame dende o internado,

9
00:00:34,325 --> 00:00:37,328
pero talvez só quero cumprir
un amor adolescente.

10
00:00:39,748 --> 00:00:40,582
"Trae xente."

11
00:00:40,665 --> 00:00:41,750
- Paso de ir.
- Que?

12
00:00:41,833 --> 00:00:44,586
Tes que ir. Pensa na Mindy adolescente.

13
00:00:44,669 --> 00:00:46,504
Tenlle ganas dende hai moito.

14
00:00:46,588 --> 00:00:48,214
Sabes? Acompáñote.

15
00:00:48,298 --> 00:00:50,550
Quero falar con el de Soleil de Paris.

16
00:00:50,633 --> 00:00:53,553
- Non.
- Colaboraremos con Gray Malin,

17
00:00:53,636 --> 00:00:55,764
un fotógrafo aéreo incrible…

18
00:00:55,847 --> 00:00:57,182
Diso non se fala.

19
00:00:57,265 --> 00:00:58,850
E non podes vir soa.

20
00:00:58,933 --> 00:01:01,686
Teste que distraer
mentres eu distraio a Nico.

21
00:01:01,770 --> 00:01:05,190
- Que veña Alfie.
- Foi a Londres polo aniversario da nai.

22
00:01:05,273 --> 00:01:06,566
Bonjour, veciñas.

23
00:01:06,649 --> 00:01:07,609
- Bonjour.
- Ola.

24
00:01:07,692 --> 00:01:10,403
Fuches ti polo almorzo?
E a cadeliña recadeira?

25
00:01:10,987 --> 00:01:14,199
Fala de Camille.
Vai esquecéndote do alcume ese.

26
00:01:14,282 --> 00:01:15,992
Está en Grecia con Sofia.

27
00:01:16,076 --> 00:01:17,535
- Excusez-moi?
- Como?

28
00:01:17,619 --> 00:01:19,496
A última parada da exposición.

29
00:01:19,996 --> 00:01:20,914
Incrible, non?

30
00:01:20,997 --> 00:01:22,957
- Très bien.
- Impresionante.

31
00:01:24,417 --> 00:01:26,044
Agarda, que pensas disto?

32
00:01:26,795 --> 00:01:29,547
É unha cita ou unha quedada de amigos?

33
00:01:29,631 --> 00:01:30,799
Sé sincero.

34
00:01:30,882 --> 00:01:32,383
Quedada de amigos.

35
00:01:32,884 --> 00:01:35,095
Ves. Queres ver unha peli?

36
00:01:35,720 --> 00:01:37,806
Non pode, está ocupado.

37
00:01:37,889 --> 00:01:41,518
O restaurante pecha e Camille non está,
así que estou libre.

38
00:01:41,601 --> 00:01:44,187
Bon! Problema resolto.
Envíoche os detalles.

39
00:01:44,270 --> 00:01:45,855
Xenial. Bonne journée.

40
00:01:45,939 --> 00:01:46,981
- Deica.
- Deica.

41
00:01:48,483 --> 00:01:50,110
- Mindy, tía!
- Para, para.

42
00:01:50,193 --> 00:01:52,695
Perdoa, díxeno sen pensar.

43
00:01:52,779 --> 00:01:55,198
Non pasará nada con Gabriel, sodes amigos.

44
00:01:55,281 --> 00:01:58,660
Non, dígoo polo de Camille
en Grecia con Sofia.

45
00:01:58,743 --> 00:02:01,204
Isto é máis ca un simple bico.

46
00:02:01,287 --> 00:02:03,039
Dígolle algo a Gabriel?

47
00:02:03,123 --> 00:02:06,417
Só se queres meterte outra vez
no medio do seu drama.

48
00:02:07,335 --> 00:02:08,545
Fixo que non é nada.

49
00:02:08,628 --> 00:02:11,756
E se é algo, deixa que llo conte Camille.

50
00:02:29,941 --> 00:02:31,901
Non ía amosarnos Gregory Dupree

51
00:02:31,985 --> 00:02:34,279
os uniformes de Air France
da presentación?

52
00:02:34,362 --> 00:02:36,531
- Chamou para cambialo.
- Para cando?

53
00:02:36,614 --> 00:02:40,160
- A pregunta é para onde.
- Luc, déixate de adiviñas.

54
00:02:40,243 --> 00:02:42,996
Gregory quere que vaiamos ao seu atelier.

55
00:02:43,079 --> 00:02:46,457
Seica o seu redeseño
non é digno dunha sala de reunións.

56
00:02:46,541 --> 00:02:49,711
Sabe que o cliente
conta ter hoxe a proposta?

57
00:02:49,794 --> 00:02:50,670
Sabe.

58
00:02:51,171 --> 00:02:52,755
Non lle darías esperanzas?

59
00:02:52,839 --> 00:02:54,966
Falei cos meus contactos de Air France.

60
00:02:55,049 --> 00:02:57,760
Chanel e Louis Vuitton son os favoritos.

61
00:02:57,844 --> 00:02:59,262
Cres que ten opcións?

62
00:02:59,345 --> 00:03:01,264
Non, pero eu tamén me equivoco.

63
00:03:01,347 --> 00:03:02,348
Cando?

64
00:03:02,432 --> 00:03:04,893
Seguro que Emily o apunta no diario.

65
00:03:06,686 --> 00:03:09,272
Tampouco apunto cousas tan concretas.

66
00:03:09,355 --> 00:03:12,901
Está ben levar un diario
do teu tempo en París.

67
00:03:13,526 --> 00:03:15,361
Liches O diario de Anaïs Nin?

68
00:03:16,029 --> 00:03:17,238
- Non.
- Non?

69
00:03:17,780 --> 00:03:22,577
É unha crónica marabillosa
do espertar sexual dunha muller nova.

70
00:03:22,660 --> 00:03:24,996
Era totalmente insaciable.

71
00:03:31,628 --> 00:03:34,839
Así que este é o atelier de Gregory.

72
00:03:35,506 --> 00:03:39,344
É coma unha sala de mandos da moda.
Ule a creatividade.

73
00:03:39,427 --> 00:03:41,221
Máis ben a marihuana, Emily.

74
00:03:41,804 --> 00:03:43,514
Bonjour, primeira clase.

75
00:03:45,683 --> 00:03:47,977
Fálalles o capitán.

76
00:03:49,646 --> 00:03:55,068
Ocupen os seus asentos, poñan o cinto.
Haberá turbulencias.

77
00:03:55,151 --> 00:03:56,527
Serviredes bebidas?

78
00:03:56,611 --> 00:03:58,655
Servido vas quedar ti, cariño.

79
00:03:59,239 --> 00:04:03,201
Antes de verdes os uniformes,
explicareivos o concepto.

80
00:04:04,077 --> 00:04:06,371
Esta historia vai de control.

81
00:04:07,163 --> 00:04:09,415
A experiencia de voar quítallelo.

82
00:04:09,999 --> 00:04:14,379
En canto sentan,
as auxiliares contrólano todo.

83
00:04:14,462 --> 00:04:17,757
Átanos, dinlles como deben respirar.

84
00:04:17,840 --> 00:04:21,719
Dinlles cando durmir,
cando espertar, cando comer.

85
00:04:21,803 --> 00:04:24,222
Vostedes son os seus escravos.

86
00:04:24,806 --> 00:04:26,391
Elas queren ser as amas,

87
00:04:26,933 --> 00:04:29,769
así que vistámolas de amas.

88
00:04:30,353 --> 00:04:36,651
Pasaxeiros, esta é a miña proposta
para a nouveau Air France.

89
00:04:56,546 --> 00:04:59,966
Condóns, lubricante e popper.

90
00:05:00,049 --> 00:05:01,718
Tes material para o diario.

91
00:05:18,526 --> 00:05:19,360
E ben?

92
00:05:20,278 --> 00:05:23,072
Seguro que en Air France
quedan sorprendidos.

93
00:05:23,156 --> 00:05:25,783
Décheslle unha cara nova ó uniforme.

94
00:05:25,867 --> 00:05:26,701
Emily.

95
00:05:28,202 --> 00:05:29,996
Unha elaboración fermosa.

96
00:05:30,079 --> 00:05:31,497
Subversivos e, xa sabes,

97
00:05:31,581 --> 00:05:34,167
o bondage está dominando as pasarelas.

98
00:05:34,250 --> 00:05:35,501
Bo xogo de palabras.

99
00:05:35,585 --> 00:05:38,087
Pode ser verdade,

100
00:05:38,171 --> 00:05:43,217
pero non creo que Air France
queira arriscarse tanto.

101
00:05:43,801 --> 00:05:47,972
Gregory, vin a proposta de Chanel.
Discreta e chic.

102
00:05:51,934 --> 00:05:54,187
Désolé, teño que collelo.

103
00:05:57,648 --> 00:05:58,608
Diga?

104
00:05:59,609 --> 00:06:02,779
Creo que non entendes
canto necesito esta conta.

105
00:06:02,862 --> 00:06:05,281
O meu negocio está na corda frouxa.

106
00:06:05,365 --> 00:06:08,034
Se non teño negocio, ti non tes negocio.

107
00:06:08,993 --> 00:06:11,746
Considerarías presentar o conxunto

108
00:06:11,829 --> 00:06:14,457
sen cintos, botas nin gorros?

109
00:06:15,500 --> 00:06:16,834
E matar a elegancia?

110
00:06:16,918 --> 00:06:20,004
Vouno presentar tal cal,
coa vosa axuda ou sen ela.

111
00:06:21,381 --> 00:06:22,590
Andando, rapazas.

112
00:06:32,767 --> 00:06:35,561
Era Pierre. Está moi cabreado.

113
00:06:35,645 --> 00:06:40,024
A súa nova tenda abre a semana que vén
e soa errático e paranoico.

114
00:06:40,108 --> 00:06:43,486
Dende que vendeu a firma a JVMA
non sabe en quen confiar.

115
00:06:44,070 --> 00:06:47,490
Pois que o tivera pensado
antes de abandonarnos.

116
00:06:47,573 --> 00:06:49,242
Xa non é problema noso.

117
00:06:49,325 --> 00:06:51,911
Non esquezamos
que logo intentou axudarnos.

118
00:06:51,994 --> 00:06:54,080
E agora é el quen suplica axuda.

119
00:06:54,163 --> 00:06:55,415
E que podemos facer?

120
00:06:55,498 --> 00:06:59,502
Pediunos velo na tenda
e darlle a nosa opinión profesional.

121
00:06:59,585 --> 00:07:01,587
E podemos? Non o representamos.

122
00:07:01,671 --> 00:07:03,756
Mirade, pasamos moito con Pierre.

123
00:07:03,840 --> 00:07:05,675
Non é un excliente, é un amigo.

124
00:07:05,758 --> 00:07:08,469
E agora necesítanos, así que imos ir.

125
00:07:14,142 --> 00:07:15,351
Onde nos levas?

126
00:07:15,435 --> 00:07:18,146
É a localización que me mandou Pierre.

127
00:07:18,229 --> 00:07:19,814
Sabe mandar localizacións?

128
00:07:20,690 --> 00:07:22,316
Viuvos alguén?

129
00:07:22,400 --> 00:07:23,818
- Non.
- Séguennos?

130
00:07:23,901 --> 00:07:26,154
É necesaria esta leria de espías?

131
00:07:26,237 --> 00:07:30,074
Oui. JVMA non pode saber que estades aquí.

132
00:07:30,158 --> 00:07:31,701
Sobre todo Nicolas.

133
00:07:31,784 --> 00:07:36,080
A marionetiña de papá.
Ten espías por todas as partes. Entrade.

134
00:07:36,164 --> 00:07:37,123
Pasa.

135
00:07:45,256 --> 00:07:46,883
Cantos Pierres.

136
00:07:46,966 --> 00:07:49,802
JVMA dedica moito espazo

137
00:07:49,886 --> 00:07:54,307
á túa liña ringarde… é agoniante.

138
00:07:54,390 --> 00:07:56,893
Exactement. Non pillaron o conto.

139
00:07:56,976 --> 00:08:00,062
Con tanta cantidade, xa non é ironía.

140
00:08:00,146 --> 00:08:01,898
É charramangueiro de verdade.

141
00:08:01,981 --> 00:08:03,441
E a calidade?

142
00:08:03,524 --> 00:08:05,902
- Sinceramente?
- Brutalmente.

143
00:08:07,487 --> 00:08:10,072
É máis corrente do que esperaba.

144
00:08:10,740 --> 00:08:13,242
Très chic. É un Cadault.

145
00:08:15,870 --> 00:08:17,705
- Merci.
- Non é terrorífico?

146
00:08:18,456 --> 00:08:22,210
Convertéronme nun pallaso de feira
atrapado nun espello.

147
00:08:22,877 --> 00:08:25,213
Désolé, iso é un Ca-non.

148
00:08:25,296 --> 00:08:29,717
Que dixo Nicolas
ó ver que non estabas contento?

149
00:08:30,343 --> 00:08:34,472
Deulle igual.
A ninguén de JVMA lle importa o que penso.

150
00:08:35,056 --> 00:08:37,892
Non me queda ninguén. Estou totalmente só.

151
00:08:37,975 --> 00:08:41,145
Iso non é verdade, vale? Tesnos a nós.

152
00:08:41,812 --> 00:08:45,024
Tíñavos. Este acordo foi un erro.

153
00:08:45,107 --> 00:08:46,359
Quero rescindilo.

154
00:08:46,442 --> 00:08:47,860
Anda con ollo, Pierre.

155
00:08:47,944 --> 00:08:52,490
Se marchas, seguirán tendo o teu nome e…
obviamente, a túa cara.

156
00:08:53,908 --> 00:08:55,451
Listo para a pasarela.

157
00:08:56,202 --> 00:08:57,161
Cala a boca!

158
00:09:02,667 --> 00:09:04,085
- Ola.
- Ola.

159
00:09:04,168 --> 00:09:05,461
Onde andabas?

160
00:09:05,545 --> 00:09:07,755
Tiña tres posibles modeliños para hoxe

161
00:09:07,838 --> 00:09:11,509
e ningún me convencía ata que atopei isto.

162
00:09:11,592 --> 00:09:14,136
Chegouche de parte de Gregory Dupree.

163
00:09:14,220 --> 00:09:15,054
Mindy.

164
00:09:15,137 --> 00:09:18,266
Perdoa, só abrín o paquete, non a nota.

165
00:09:18,349 --> 00:09:21,352
Non me controlo
se a moda chama á miña porta.

166
00:09:21,435 --> 00:09:23,020
- Á nosa porta.
- Iso.

167
00:09:24,021 --> 00:09:28,150
"Air France dixo que non.
Pon isto no meu funeral."

168
00:09:29,527 --> 00:09:33,114
Air France rexeitou os seus deseños
para o novo uniforme.

169
00:09:33,614 --> 00:09:37,618
O que a aeroliña rexeita,
esta muller aproveita.

170
00:09:38,202 --> 00:09:41,205
Queres ir vestida de auxiliar de voo sexy?

171
00:09:41,998 --> 00:09:45,376
Non che gustaba Britney
no mítico vídeo de "Toxic"?

172
00:09:45,459 --> 00:09:47,795
Dende logo, vas causar impresión.

173
00:09:49,714 --> 00:09:51,799
Prepárense, aterraxe de emerxencia.

174
00:10:03,686 --> 00:10:05,813
Preséntovos a Mindy Chen, que vén…

175
00:10:06,314 --> 00:10:07,148
incrible.

176
00:10:09,567 --> 00:10:10,985
- Ola.
- Un pracer verte.

177
00:10:11,068 --> 00:10:12,278
Igualmente, Nicolas.

178
00:10:12,361 --> 00:10:13,696
Trouxen un pícnic.

179
00:10:13,779 --> 00:10:16,907
Grazas por invitarme.
Son uns petiscos do restaurante.

180
00:10:16,991 --> 00:10:18,993
- Grazas, chef…
- Gabriel.

181
00:10:19,076 --> 00:10:21,579
Levo Chez Lavaux, estás invitado.

182
00:10:21,662 --> 00:10:22,622
Sería un pracer.

183
00:10:22,705 --> 00:10:24,957
E trouxen rosé directo da Provenza.

184
00:10:27,543 --> 00:10:29,295
Adoro o conxunto, de onde é?

185
00:10:29,378 --> 00:10:31,756
Dun deseñador co que traballa Emily.

186
00:10:31,839 --> 00:10:32,840
Gregory Dupree.

187
00:10:32,923 --> 00:10:35,926
Si? Seica o espectáculo
en Versalles foi incrible.

188
00:10:36,010 --> 00:10:38,679
Foi. Está moi subestimado.

189
00:10:38,763 --> 00:10:40,973
Os focos deberían apuntarlle máis.

190
00:10:41,641 --> 00:10:43,517
Aquí brilla con luz propia.

191
00:10:59,950 --> 00:11:01,869
Toma unha das miñas.

192
00:11:03,913 --> 00:11:05,039
Compraches de máis?

193
00:11:05,665 --> 00:11:06,999
Un vicio que teño.

194
00:11:08,959 --> 00:11:12,463
Pasei ó lado da nova tenda de Pierre.

195
00:11:12,546 --> 00:11:15,800
Moi misterioso. Tédelo todo ben gardadiño.

196
00:11:16,425 --> 00:11:17,843
Como vos vai con el?

197
00:11:17,927 --> 00:11:20,846
Digamos que agora respéctote máis.

198
00:11:20,930 --> 00:11:22,765
Si? E iso?

199
00:11:22,848 --> 00:11:27,103
Non sei como aguantaches tanto con el.
É exasperante.

200
00:11:27,770 --> 00:11:31,148
Quería unha tenda minimalista,
así que a fixemos.

201
00:11:31,232 --> 00:11:34,068
Logo queríaa
rechamante, atrevida, ringarde,

202
00:11:34,151 --> 00:11:36,779
cambiámola e agora volve odiala.

203
00:11:37,321 --> 00:11:39,990
Nunca queda satisfeito. Era así contigo?

204
00:11:41,701 --> 00:11:44,412
As inseguridades de Pierre
poden controlalo,

205
00:11:44,495 --> 00:11:46,163
ten paciencia con el.

206
00:11:46,247 --> 00:11:49,125
Pasounos algo semellante
na Semana da Moda.

207
00:11:49,208 --> 00:11:52,002
Tes que asegurarte de tratalo ben,

208
00:11:52,086 --> 00:11:54,588
senón ata pode pasar de ir á inauguración.

209
00:11:54,672 --> 00:11:57,091
Xa traballei con deseñadores esixentes.

210
00:11:58,217 --> 00:12:00,010
A tenda abrirá con ou sen el.

211
00:12:01,095 --> 00:12:02,471
Xa…

212
00:12:03,514 --> 00:12:04,682
Confía en nós,

213
00:12:04,765 --> 00:12:08,018
así que se podemos axudar,
só tes que pedilo.

214
00:12:08,853 --> 00:12:09,854
Perdoa, Emily.

215
00:12:12,189 --> 00:12:13,983
De que falabades?

216
00:12:14,066 --> 00:12:16,861
- De ti, obviamente.
- Falabades de traballo.

217
00:12:16,944 --> 00:12:19,989
Hai que foderse,
vas estar así en todas as nosas citas?

218
00:12:20,656 --> 00:12:21,991
Así que é unha cita.

219
00:12:22,074 --> 00:12:23,159
Ten que selo.

220
00:12:23,242 --> 00:12:25,828
Tocoume as costas, presentoume ós amigos.

221
00:12:26,537 --> 00:12:28,873
Un díxome que este sitio é para mocear.

222
00:12:28,956 --> 00:12:30,458
A por todas, rapaza.

223
00:12:31,125 --> 00:12:31,959
Ei.

224
00:12:33,461 --> 00:12:35,254
- Ola.
- Acompáñasme?

225
00:12:56,650 --> 00:12:57,985
Para, imos moi rápido.

226
00:13:00,112 --> 00:13:01,113
Tes razón.

227
00:13:02,031 --> 00:13:03,240
Imos moi rápido.

228
00:13:11,123 --> 00:13:12,500
- Perdoa.
- Désolé.

229
00:13:15,961 --> 00:13:16,796
Moi rápido.

230
00:13:16,879 --> 00:13:18,464
A comida estaba deliciosa.

231
00:13:18,964 --> 00:13:20,216
Fíxoseme a boca auga.

232
00:13:22,301 --> 00:13:24,428
Grazas, moi amable.

233
00:13:25,221 --> 00:13:27,097
Se me coñeceses mellor,

234
00:13:27,181 --> 00:13:29,225
saberías que non son tan amable.

235
00:13:35,481 --> 00:13:38,192
Ola, mira, hai xente que quere ver a peli.

236
00:13:38,275 --> 00:13:40,653
Cala un pouquiño, anda.

237
00:13:40,736 --> 00:13:42,363
- Grazas.
- Ninguén quere vela.

238
00:13:42,446 --> 00:13:43,697
Canto levades xuntos?

239
00:13:44,740 --> 00:13:46,742
- É…
- Non estamos xuntos.

240
00:13:46,826 --> 00:13:48,994
- Ten unha moza en Grecia.
- Teño.

241
00:13:49,495 --> 00:13:50,996
- Somos amigos.
- Amigos.

242
00:13:53,457 --> 00:13:56,377
Así que é amiga túa
mentres tes a moza en Grecia?

243
00:13:56,460 --> 00:13:59,380
Eu tamén podo ser amiga túa.
Podemos selo todos.

244
00:13:59,463 --> 00:14:01,006
Non, ela tamén ten mozo.

245
00:14:01,090 --> 00:14:02,341
Si.

246
00:14:02,424 --> 00:14:04,677
- E onde está?
- En Londres.

247
00:14:06,178 --> 00:14:07,221
Agora xa o pillo.

248
00:14:07,304 --> 00:14:10,432
A túa moza está en Grecia
e o teu mozo en Londres.

249
00:14:10,516 --> 00:14:14,061
Pois o meu mozo está en Berlín.

250
00:14:14,562 --> 00:14:16,313
Bótoo moito de menos.

251
00:14:18,607 --> 00:14:21,235
Que divertido. Sodes moi divertidos.

252
00:14:21,902 --> 00:14:24,029
Vale… Emily, deberiamos…

253
00:14:25,281 --> 00:14:26,824
- A cousa esa.
- Si, vamos.

254
00:14:26,907 --> 00:14:28,492
Xa vin a peli mil veces.

255
00:14:28,576 --> 00:14:30,202
- Acaban xuntos.
- Clásico.

256
00:14:30,286 --> 00:14:31,871
- Un clixé.
- É boa.

257
00:14:31,954 --> 00:14:33,122
- É xenial.
- Moi boa.

258
00:14:33,205 --> 00:14:34,248
- Encántame.
- Gózaa.

259
00:14:34,331 --> 00:14:36,166
- Grazas por todo.
- Moi romántica.

260
00:14:36,250 --> 00:14:37,585
Mindy, marchamos.

261
00:14:37,668 --> 00:14:38,627
Pásao ben.

262
00:14:39,420 --> 00:14:43,299
Tíos, o bolso dunha muller
é a súa fonte secreta de poder.

263
00:14:43,382 --> 00:14:45,759
Levan nel cousas escuras e perigosas

264
00:14:45,843 --> 00:14:48,429
que nós, como homes,
non deberiamos coñecer.

265
00:14:57,396 --> 00:15:01,317
Cal é o veredicto?
A Nicolas gústalle Mindy ou non?

266
00:15:02,443 --> 00:15:04,236
Lamentablemente, creo que non.

267
00:15:04,737 --> 00:15:06,864
Se non, tería intentado bicala.

268
00:15:06,947 --> 00:15:10,034
Ó mellor non lle van
as mostras de afecto en público.

269
00:15:10,743 --> 00:15:12,369
Ós demais víase que si.

270
00:15:12,870 --> 00:15:13,704
Xa che digo.

271
00:15:13,787 --> 00:15:16,457
Non sabía que a xente
se entoaba tanto no cine.

272
00:15:16,540 --> 00:15:19,501
A todos lles gusta unha historia
de dúas persoas

273
00:15:19,585 --> 00:15:22,546
que intentan loitar
contra a atracción que senten.

274
00:15:27,927 --> 00:15:29,178
Que pasa aí?

275
00:15:29,929 --> 00:15:30,930
Non sei.

276
00:15:31,013 --> 00:15:32,181
Imos ver.

277
00:15:34,850 --> 00:15:36,685
AIRE POP
MUSEO DO GLOBO

278
00:15:42,274 --> 00:15:43,984
Isto é surrealista!

279
00:15:44,568 --> 00:15:47,154
Semella que estamos no ceo
postos de tripis.

280
00:15:47,237 --> 00:15:49,156
- Probaches os tripis?
- Non.

281
00:15:49,239 --> 00:15:52,368
Pero lin a Hunter S. Thompson, imaxínomo.

282
00:15:53,160 --> 00:15:55,120
Que logo? Á conta de trois?

283
00:16:21,563 --> 00:16:22,398
Ei!

284
00:16:49,633 --> 00:16:50,884
Abonda de publicar.

285
00:16:50,968 --> 00:16:52,177
Non, non!

286
00:16:56,098 --> 00:16:58,142
Un pracer coñecervos. Boa noite.

287
00:16:58,225 --> 00:17:00,894
- Grazas pola champaña.
- Sen problema.

288
00:17:00,978 --> 00:17:02,813
- Vémonos o sábado.
- Si, abur.

289
00:17:07,526 --> 00:17:08,569
Marcho por aquí.

290
00:17:09,486 --> 00:17:10,320
Boa noite.

291
00:17:10,904 --> 00:17:12,573
Boa noite? Xa?

292
00:17:14,366 --> 00:17:15,409
Tomamos algo?

293
00:17:17,494 --> 00:17:18,746
Claro, se ti queres.

294
00:17:19,288 --> 00:17:20,289
Abofé que quero.

295
00:17:20,873 --> 00:17:23,500
Cres que te trouxen
só para vermos unha peli?

296
00:17:23,584 --> 00:17:25,127
Pois non sei que pensar.

297
00:17:25,210 --> 00:17:29,506
Non teño nin idea de se che gusto sequera.

298
00:17:29,590 --> 00:17:31,759
Nin eu se che gusto a ti.

299
00:17:31,842 --> 00:17:34,428
Veña, en serio? Levando isto?

300
00:17:35,304 --> 00:17:37,139
Esta noite estás incrible.

301
00:17:37,931 --> 00:17:39,850
Mirábante tódolos homes.

302
00:17:39,933 --> 00:17:41,518
Agás ti.

303
00:17:42,311 --> 00:17:43,771
Creme, deime conta.

304
00:17:44,271 --> 00:17:49,151
Usei toda a miña forza de vontade
para non montar une espectáculo.

305
00:17:51,403 --> 00:17:52,362
De verdade?

306
00:17:53,322 --> 00:17:54,156
De verdade.

307
00:17:55,240 --> 00:17:57,284
Entón, agora que?

308
00:17:58,077 --> 00:17:59,203
Ti dirás.

309
00:18:00,329 --> 00:18:02,456
Ti es a que vai de dominatrix.

310
00:18:03,415 --> 00:18:04,416
Estás ó mando.

311
00:18:22,267 --> 00:18:24,269
Creo que che vibra o paquete.

312
00:18:27,022 --> 00:18:30,901
Pierre Cadault.
Hostia co tipo este, Deus santo!

313
00:18:31,693 --> 00:18:33,320
Deixamos a copa para outra?

314
00:18:33,862 --> 00:18:35,614
- Non me importa.
- A min si.

315
00:18:36,573 --> 00:18:38,367
Por fin podo bicarte e…

316
00:18:45,457 --> 00:18:46,542
Incrible.

317
00:18:47,751 --> 00:18:50,462
- Vale, si. Debería…
- Si, cólleo.

318
00:18:51,213 --> 00:18:53,382
- Teño que lidar co pesadelo.
- Xa.

319
00:18:55,676 --> 00:18:57,594
A próxima saltamos a película?

320
00:18:58,178 --> 00:18:59,012
Boa idea.

321
00:19:16,238 --> 00:19:18,157
A Camille gustoulle a historia.

322
00:19:18,240 --> 00:19:21,201
Dixo: "Que divertido.
É a miña peli favorita."

323
00:19:21,285 --> 00:19:22,119
En serio?

324
00:19:22,786 --> 00:19:24,663
Como perder un home en 10 días?

325
00:19:25,497 --> 00:19:27,666
Creo que é o que quere facer comigo.

326
00:19:30,377 --> 00:19:33,839
A min non me responde tan rápido.

327
00:19:33,922 --> 00:19:34,923
Nin tan lento.

328
00:19:40,345 --> 00:19:44,224
Cando volvan Alfie e Camille,
que tal se imos a Aire Pop?

329
00:19:44,808 --> 00:19:47,311
Unha cita de parellas de verdade.

330
00:19:48,395 --> 00:19:50,355
Si, encantaríame.

331
00:19:54,067 --> 00:19:56,195
- Boa noite.
- Boa noite.

332
00:20:16,506 --> 00:20:17,758
Nicolas, bonjour.

333
00:20:17,841 --> 00:20:21,261
Bonjour, Emily.
A túa insistencia pagou a pena.

334
00:20:21,345 --> 00:20:23,055
Que fixen agora?

335
00:20:23,138 --> 00:20:25,265
Nada malo. Espero.

336
00:20:25,349 --> 00:20:29,228
Dicías en serio o da axuda
de Agence Grateau con Pierre Cadault?

337
00:20:29,311 --> 00:20:30,938
Que? Mi madriña! Claro!

338
00:20:32,272 --> 00:20:35,859
Perdoa, Nicolas,
un momento e pásote con Sylvie Grateau.

339
00:20:41,698 --> 00:20:43,033
Que pasa?

340
00:20:44,034 --> 00:20:45,452
Pásoche a Sylvie.

341
00:20:46,078 --> 00:20:47,829
Bonjour, Sylvie. Como dicía,

342
00:20:47,913 --> 00:20:50,791
quero que Agence Grateau
nos axude con Pierre.

343
00:20:51,750 --> 00:20:52,960
Será un pracer.

344
00:20:53,543 --> 00:20:55,796
Hai moito que facer en pouco tempo.

345
00:20:55,879 --> 00:20:57,756
Estades versados en crises?

346
00:20:57,839 --> 00:20:59,925
Abofé, é a nosa especialidade.

347
00:21:00,008 --> 00:21:02,010
Xantamos hoxe e falámolo.

348
00:21:02,094 --> 00:21:04,137
Enviarémosche os detalles.

349
00:21:04,221 --> 00:21:06,014
- Xenial, vémonos.
- Vale.

350
00:21:08,433 --> 00:21:09,810
Como o conseguiches?

351
00:21:09,893 --> 00:21:12,604
Non quería dicir nada, pero…

352
00:21:12,688 --> 00:21:14,398
Abonda. Prefiro non sabelo.

353
00:21:16,275 --> 00:21:17,401
Merveilleux, Emily.

354
00:21:20,028 --> 00:21:21,530
Veña, andando, fóra!

355
00:21:23,824 --> 00:21:25,242
A porta!

356
00:21:27,536 --> 00:21:32,291
Só lle escoitei "merveilleux" a Sylvie
unha vez e foi por un viño de Chablis.

357
00:21:33,166 --> 00:21:35,419
Escríbelle a Pierre coas boas novas.

358
00:21:35,502 --> 00:21:38,130
As novas son túas. Escríbelle ti.

359
00:21:42,509 --> 00:21:47,514
EMILY: BOAS NOVAS! PODEMOS AXUDARCHE
COA INAUGURACIÓN DA TENDA.

360
00:21:47,597 --> 00:21:48,640
ENVIADO A PIERRE

361
00:21:53,645 --> 00:21:54,813
- Aquí teñen.
- Grazas.

362
00:21:54,896 --> 00:21:55,897
De nada.

363
00:21:56,440 --> 00:21:59,192
Pierre está tan emocionado
que nos quere acompañar.

364
00:21:59,693 --> 00:22:03,822
Se brindamos con champaña
non perde unha, sobre todo se é por el.

365
00:22:03,905 --> 00:22:05,324
- Ola.
- Bonjour.

366
00:22:06,825 --> 00:22:08,744
Agence Grateau vaime deixar teso.

367
00:22:08,827 --> 00:22:12,039
Debín ofrecerche máis diñeiro
para vir a JVMA daquela.

368
00:22:12,122 --> 00:22:14,207
Sabes que non era polos cartos,

369
00:22:14,291 --> 00:22:16,543
- senón pola independencia.
- Seino.

370
00:22:16,626 --> 00:22:19,546
Grazas pola oportunidade
de volver con Pierre Cadault.

371
00:22:19,629 --> 00:22:21,631
- Por Pierre.
- Por Pierre.

372
00:22:21,715 --> 00:22:23,592
Xa, pero para deixalo claro,

373
00:22:23,675 --> 00:22:26,178
traballaredes con Pierre Cadault, a marca,

374
00:22:26,261 --> 00:22:27,971
non Pierre Cadault, o home.

375
00:22:29,056 --> 00:22:31,224
- Pardon?
- Déixaa no xeo.

376
00:22:32,768 --> 00:22:34,394
Que é isto, Nicolas?

377
00:22:34,478 --> 00:22:38,732
Négome a que secuestre a miña adquisición
coa súa irracionalidade.

378
00:22:39,316 --> 00:22:40,942
A empresa está por riba del.

379
00:22:41,026 --> 00:22:43,862
É hora de que marche
e traermos outro deseñador

380
00:22:43,945 --> 00:22:45,280
para unha nova era.

381
00:22:45,364 --> 00:22:47,574
Pero é a súa empresa, o seu nome.

382
00:22:47,657 --> 00:22:50,369
Voute corrixir.
O seu nome, a miña empresa.

383
00:22:50,952 --> 00:22:55,332
Non é nada novo. Christian Dior é Dior.
Yves Saint Laurent é Saint Laurent.

384
00:22:55,415 --> 00:22:57,709
O home marcha, pero a marca persiste.

385
00:22:57,793 --> 00:22:59,795
Pasa continuamente, non, Sylvie?

386
00:23:00,754 --> 00:23:02,881
Máis veces das que podo lembrar.

387
00:23:02,964 --> 00:23:04,257
E grazas a Emily,

388
00:23:04,841 --> 00:23:06,343
fixen unhas pescudas

389
00:23:06,426 --> 00:23:08,804
e creo que atopei o substituto perfecto.

390
00:23:10,055 --> 00:23:11,264
Gregory Dupree.

391
00:23:13,183 --> 00:23:15,685
Tiñas razón. Merece máis focos.

392
00:23:16,311 --> 00:23:17,521
É un visionario.

393
00:23:17,604 --> 00:23:20,273
É perfecto para reinventar Pierre Cadault.

394
00:23:20,357 --> 00:23:22,234
Pero Pierre odia a Gregory.

395
00:23:22,317 --> 00:23:24,444
Como os coñecedes ós dous,

396
00:23:24,528 --> 00:23:27,906
quen mellor ca vós
para unha transición sen problemas?

397
00:23:28,573 --> 00:23:30,033
Pierre sabe isto?

398
00:23:30,117 --> 00:23:31,868
Sodes os primeiros en sabelo.

399
00:23:32,411 --> 00:23:35,330
Gregory é cliente voso.
Estaredes contentos.

400
00:23:35,414 --> 00:23:38,208
Sorprendidos, dende logo.

401
00:23:38,291 --> 00:23:41,795
Temos que tocar moitos temas,
xa que imos traballar xuntos.

402
00:23:43,255 --> 00:23:47,634
EMILY: NON VEÑAS! CAMBIO DE PLANS!

403
00:23:49,136 --> 00:23:51,179
PIERRE: XA ESTOU AQUÍ! VÉXOTE!

404
00:23:53,974 --> 00:23:55,350
Coucou!

405
00:23:56,393 --> 00:23:57,769
Que fai aquí?

406
00:23:57,853 --> 00:23:59,354
Pódelo explicar, Emily?

407
00:24:01,314 --> 00:24:02,774
- Pierre!
- Attention!

408
00:24:03,733 --> 00:24:05,986
Os peóns teñen prioridade, pendanga!

409
00:24:07,946 --> 00:24:09,072
Estou ben!

410
00:24:56,495 --> 00:25:01,500
Subtítulos: Abraham Díaz López

